Zürich: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
engado o nome Zürich
m Arranxos varios using AWB
Liña 41:
Zürich sitúase no límite setentrional do [[Lago de Zúric]], onde o [[río Limmat]] abandona o lago. Un pouco máis ao norte, no maior parque da cidade, o Platzspitz, o [[río Sihl]], procedente do suroeste, desauga no Limmat.
No oeste da cidade esténdese o val do Limmat. Ao norte, Zürich crece sobre os montes Zürichberg e Käferberg, até chegar ao val do [[Glatt]]. No límite oriental encóntranse os montes Adlisberg e Uetliberg.
A superficie do municipio é de 91,9km9 km².
 
Os concellos que limitan con Zürich son: [[Kilchberg]], [[Adliswil]], [[Stallikon]], [[Birmensdorf]], [[Uitikon]], [[Schlieren]], [[Oberengstringen]], [[Regensdorf]], [[Rümlang]], [[Opfikon]], [[Wallisellen]], [[Dübendorf]], [[Fällanden]], [[Maur]] e [[Zollikon]].
Liña 144:
 
== Cultura ==
O idioma oficial empregado polo goberno e a maior parte da prensa é o alemán, mentres que o dialecto máis comunmente falado en Zürich é o Zürichdeutsch (alemán de Zúric), que é un dialecto do alemán de Suíza. O alemán é a lingua materna do 77% da poboación. O [[Lingua italiana|italiano]] é a segunda lingua nativa máis común, representando o 4,7% da poboación. Outras linguas con presenza relevante son o [[Lingua albanesa|albanés]] (3,6%), linguas da antiga [[Iugoslavia]] 2,4% (inclúe [[serbio]], [[Lingua croata|croata]], [[macedonio]] e [[Lingua eslovena|esloveno]]), [[Lingua castelá|español]] (2,2%) (a maioría co [[Lingua galega|galego]] como lingua materna), [[Lingua francesa|francés]] (2,1%), [[Lingua inglesa|inglés]] (1,8%) e [[Lingua portuguesa|portugués]] (1,6%)<ref>[http://www.stadt-zuerich.ch/internet/stat/home/Dienstleistungen/projekte.ParagraphContainerList.ParagraphContainer0.ParagraphList.0009.File.pdf/Volkszaehlungsflyer.pdf Population Numbers Flyer (German)]</ref>
 
No tocante á relixión, dende a reforma de Ulrich Zwingli, Zürich permaneceu como centro do [[Protestantismo]] en [[Suíza]]. Porén, no [[século XX]] os [[Catolicismo|católicos]] consagráronse coma o meirande grupo relixioso da cidade, cun 33,3%, mentres que o número de habitantes que se declaran non relixiosos non para de medrar (un 16,8% en [[2000]]).<ref>[https://data.statistik.zh.ch/infospc/geport/gemeinde.jsp?bfs=171 Gemeinde Zürich:<!-- Bot generated title -->]</ref>
 
=== Lugares de interese ===
[[Ficheiro:Grossmunster church.jpg|miniatura|200px|Igrexa de Grossmünster, Zúric]]
* [[Igrexa de Grossmünster]]. É o principal templo protestante da cidade. Xogou un papel moi importante na Reforma Protestante, ao ser a igrexa da que Zwingli foi pastor e na que se xestou a ruptura da Igrexa do norte de Suíza. Está construída á beira do río Limmat sobre a base dun templo [[Imperio Carolinxio|carolinxio]] erguido cara ao ano 820. O actual é de estilo [[románico]] e a súa construción foi inicada no século XII, sendo inaugurada en 1220. Recentes escavacións confirmaron que onde hoxe se levanta a Grossmünster houbo un cemiterio romano. Os seus dous campanarios xemelgos son, posiblemente, o monumento máis coñecido de Zúric.
 
* [[Igrexa de Fraumünster]]. O primeiro templo data do ano 874, sendo posteriormente reformada con elementos románicos no século XIII. Incialmente tratábase dunha abadía, mais o claustro e os edificios abaciais foron derrubados a finais do século XIX. Destacan os vidros das cinco fiestras do coro cuxa decoración foi deseñada polo pintor [[Marc Chagall]].
 
* [[Igrexa de San Pedro]]. Posúe o reloxo de parede de igrexa máis grande do mundo, cun diámetro de 8,7 metros e construído en 1534. A igrexa actual é de 1460 e de estilo [[arquitectura gótica|gótico]], permanecendo aínda elementos románicos levantados cara a 1230. Escavacións arqueolóxicas evidenciaron a existencia dun primeiro templo erguido no século VIII.
 
* [[Kunsthaus Zürich]], o Museo de Arte de Zúric. Trátase dun dos museos de arte máis significativos de Europa. Acolle unha das máis grandes coleccións de arte moderna do mundo, con obras de [[Edvard Munch]], [[Pablo Picasso]], [[Alberto Giacometti]] ou [[Georges Braque]].
 
* [[Landesmuseum]], o Museo Nacional Suízo. Ofrece un percorrido da historia do país helvético dende a [[Prehistoria]] ata o século XX.
 
* [[Centre Le Corbusier]] ou ''Heidi Weber Museum''. Localizado á beira do lago de Zúric, está adicado ao traballo do arquitecto suízo [[Le Corbusier]], na derradeira casa que el deseñou.