Indalecio Prieto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 43:
A crise de setembro de [[1933]] provocou a saída dos socialistas do Goberno e que concorreran en solitario ás eleccións de novembro. A vitoria electoral do centro-dereita e a posibilidade de que a [[CEDA]] accedese ó poder orientaron ó socialismo español a preparar a [[Revolución de 1934|insurrección de outubro de 1934]], movemento no que Prieto tivo unha participación moi activa.<br />A súa propia opinión sobre o golpe revolucionario e a súa participación nel foi exposta publicamente con toda sinceridade anos despois nunha conferencia pronunciada en México e editada máis tarde nun libro da súa autoría:
{{Cita|Declárome culpable perante a miña consciencia, perante o Partido Socialista e perante España enteira, da miña participación naquel movemento revolucionario de outubro de [[1934]]. Declároo, coma culpa, coma pecado, non coma gloria. Estou exento de responsabilidade na xénese daquel movemento, mais téñoa plena na súa preparación e desenvolvemento. Por mandato da minoría socialista, houben eu de o anunciar francamente dende o meu escano do Parlamento. Por indicacións, houben de trazar no Teatro Pardiñas, o [[3 de febreiro]] de [[1934]], nunha conferencia que organizou a Xuventude Socialista, o que crin que debía ser o programa do movemento. E eu – algúns que me están a escoitar dende moi preto, saben a que me refiro– aceptei misións que evitaron outros, porque tras elas asomaba, non só o risco de perder a liberdade, senón o máis doloroso de perder a honra. Porén, asuminas.
<ref>Indalecio Prieto, ''Discursos en América. Confesiones y rectificaciones''. [[Editorial Planeta]], Barcelona 1991, páxinas. 112 e 113. </ref>}}
 
O fracaso do movemento revolucionario conduciuno novamente ó exilio, e abriu a brecha entre caballeristas e prietistas polo control do PSOE e a estratexia a seguir: Prieto representaba un punto de vista moderado dentro do partido e apoiaba a colaboración cos republicanos de esquerda para volver ó poder e como garantía de estabilidade das institucións republicanas. Por isto opúxose ás veleidades revolucionarias da esquerda do partido -reflectidas polo diario ''Claridad''- á radicalización das mocidades é á colaboración co [[PCE]] e a [[CNT]].
Liña 57:
 
=== O exilio ===
Apártase da política activa o resto da guerra, aínda que acepta unha embaixada extraordinaria en varios países de sudamérica, onde lle sorprende a fin da guerra. Desde o seu exilio en [[México]] lidera a fracción maioritaria do Partido Socialista. En [[1939]] fúndase a [[Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles]] (JARE), que ten por finalidade administrar os fondos de axuda ós exiliados republicanos e que Indalecio Prieto liderará. En [[1945]] entra a formar parte do goberno da [[República española no exilio|República no exilio]]. No congreso de Toulouse do PSOE en [[1946]] triunfaron as súas teses: condena de Negrín e a súa política, fervente anticomunismo, e colaboración cos monárquicos para restaurar a democracia en España. Porén, a consolidación do réxime [[Franquismo|franquista]] invalidou os seus proxectos e o levou a dimitir do seu posto da executiva en novembro de 1950. Morreu en México en [[1962]].
 
De si mesmo dixo que se sentía "socialista a fuer de liberal".
Liña 82:
* [[Alfonso Carlos Saiz Valdivielso]]: ''Indalecio Prieto: crónica de un corazón''. Planeta, Barcelona. 1984 ISBN 84-320-5699-5
 
{{ORDENAR:Prieto Tuero, Indalecio}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Prieto Tuero, Indalecio}}
[[Categoría:Ministros de España]]
[[Categoría:Deputados nas Cortes da II República]]