Saskatchewan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 35:
A agricultura é unha parte fundamental na economía de Saskatchewan, sobre todo o [[trigo]], do que se cultiva o 45% de tódolo Canadá. Outra fonte fundamental da economía da provincia é a minería. Saskatchewan é a maior produtora de [[uranio]] do mundo.
 
O nome da provincia provén do [[río Saskatchewan]], cuxo nome deriva do [[Lingua cree|Cree]]: ''kisiskāciwani-sīpiy'', que significa "río de curso veloz" <ref>[http://geonames.nrcan.gc.ca/education/prov_e.php#sk Nomes xeográficos do Canadá]</ref>
 
==Xeografía==
A grandes liñas, Saskatchewan parece un [[cuadrilátero]], cun [[área]] de 588.276,09 [[quilómetro cadrado|km²]]. Con todo, debido ao seu tamaño, os bordos do límite do [[paralelo]] 49° e o 60° norte parecen encorvados. Ademais, o límite Leste da provincia está parcialmente torcido en lugar de seguir unha liña lonxitudinal, cando as liñas de corrección foron ideadas por topógrafos antes do programa (1880-1928). Saskatchewan limita ao oeste con [[Alberta]], ao norte cos [[Territorios do Noroeste]], ao leste con [[Manitoba]], e ao sur cos [[Estados dos Estados Unidos de América|estados]] [[Estados Unidos de América|norteamericanos]] de [[Montana]] e [[Dacota do Norte]]. Saskatchewan distínguese por ser a única provincia canadense onde ningunha das súas fronteiras correspóndense con trazos xeográficos físicos. É tamén unha das dúas únicas provincias sen saída ao mar, xunto con Alberta.
 
Saskatchewan está formada por dúas rexións naturais principais: o [[Escudo Canadense]] no norte e as Chairas Interiores no sur. O norte de Saskatchewan está cuberto principalmente polo [[Taiga|bosque boreal]] excepto as Dunas de Area do Lago Athabasca, as [[duna]]s de area activas máis grandes do mundo ao norte do paralelo 58°, adxacentes á beira sur do [[lago Athabasca]]. O sur de Saskatchewan contén outra área con dunas de area coñecidas como "os Grandes Outeiros de Area" que cobren 300 &nbsp;km². Os Outeiros do Ciprés (Cypress Hills), localizadas no bordo suroeste de Saskatchewan e ''Killdeer Badlands'' (Parque Natural de Grasslands) son áreas da provincia que permaneceron sen conxelarse durante o último período de [[glaciación]].
 
O punto máis alto da provincia, con 1.468 metros de altitude, está localizado nos Outeiros do Ciprés. O punto máis baixo, con 213 metros, está na beira de lago Athabasca no extremo norte. A provincia ten nove [[Conca fluvial|concas fluviais]] distintas [http://www.cec.org/naatlas/NA-Watersheds.gif] [http://www.swa.ca/Maps/Default.asp] formadas por varios ríos que desembocan en augas do [[océano Ártico]], [[baía de Hudson]] e [[golfo de México]].
 
==Clima==
Saskatchewan está lonxe de calquera masa significativa de auga. Isto, combinado coa súa latitude norte produce un verán frío tipo [[clima continental]] húmido ([[Clasificación climática de Köppen]] ''Dfb'') na metade este, e clima de estepa de seco a semiárido (clasificación Köppen ''Bsk'') na parte occidental da provincia. Os veráns poden ser moi quentes, con temperaturas por encima de 32[[Celsius|°C]] durante o día. Refachos de ventos cálidos do sur procedentes dos Estados Unidos durante a maior parte de xullo e agosto. Aínda que os invernos poden ser moi fríos, con temperaturas máximas que non superan os -17&nbsp;°C durante semanas, os ventos ''chinook'' (ventos cálidos e húmidos) a miúdo sopran do sur, traendo períodos de tempo suave. A precipitación anual promedia de 12 a 18 [[polgada]]s ao longo da provincia, co groso da choiva durante xuño, xullo e agosto <ref>[http://www.weather.com/outlook/travel/businesstraveler/wxclimatology/monthly/graph/CAXX0442?from=search Weather.com - Medias mensuales de Saskatoon, Canada]</ref>.
 
==Historia==
Liña 68:
 
==Economía==
A [[economía]] de Saskatchewan é tradicionalmente [[agricultura|agrícola]]; con todo, a emerxente diversificación propiciou que agora esta actividade, xunto á [[silvicultura]], a [[pesca]] e a [[Cinexética|caza]] constitúan tan só o 6,8% do [[PIB]] da provincia. O [[trigo]] é a colleita máis común, e quizais o único representativo de Saskatchewan, pero outros cereais como a [[canela]], [[liño]], [[centeo]], [[avea]], ervellaca, [[lentella]]s, millo pequeno, e [[cebada]] son tamén producidos.
 
Así mesmo, a [[minería]] é de vital importancia para a provincia, sendo Saskatchewan o líder mundial en exportación de [[potasa]]. Sobre a zona setentrional, a actividade forestal recobra certa relevancia. Saskatchewan é tamén o maior provedor de [[uranio]] do mundo, e abastece á maior parte do hemisferio occidental. A industria deste produto químico é seguida de cerca polo goberno provincial que avala a súa cotización no mercado internacional.
Liña 184:
| [[Escocia|Escoceses]]||17,9% ||[[Hungría|Húngaros]]|| 2,5%
|-
| [[Irlanda|Irlandeses]]|| 14,5% || [[Austria|Austriacos]]cos|| 1,5%
|-
| [[Ucraína|Ucraínos]]|| 12,6% || [[Gales|Galeses]]es|| 1,4%
|-
| [[Francia|Franceses]]||11,4% || [[Estados Unidos de América|Estadounidenses]]|| 1,2%
Liña 282:
*[http://archives.cbc.ca/IDD-1-73-884/politics_economy/elections_saskatchewan/ Arquivos dixitais da CBC - Enfrontamento nas Pradarías: Unha historia das eleccións de Saskatchewan]
*[http://archives.cbc.ca/IDD-1-69-1931/life_society/saskatchewan_100/ Arquivos dixitais da CBC - Saskatchewan @ 100]
 
 
{{ProvinciasdoCanadá}}