Diferenzas entre revisións de «Salmos»

m
Arranxos varios using AWB
m (→‎Uso protestante: ligazón)
m (Arranxos varios using AWB)
Ata o [[Concilio Vaticano Segundo]] os Salmos eran ou recitados en ciclos dunha ou, menos frecuentemente, de dúas semanas (coma no caso do rito Ambrosiano). Usábanse diferentes esquemas semanais: todo o clero secular seguía a distribución romana mentres que os mosteiros case sempre seguían a regra de San Benito, había poucas congregacións (como os beneditinos de San Maur) que seguían regras individuais. O breviario introducido en 1974 distribuía os Salmos nun ciclo de catro semanas. O uso monástico varía amplamente. Algúns usan o ciclo de catro semanas do clero secular, moitos seguen co semanal, xa sexan do esquema beneditino ou outro do seu propio deseño, mentres que outros optan por outras adaptacións.
 
Dábase aprobación oficial para outras adaptacións (véxase [http://kellerbook.com Breviarios "curtos" na América contemporánea] para un estudio en desenvolvemento) polos cales o Salterio se recitaba en ciclos dunha ou dúas semanas. Estas adaptacións se usan principalmente por ordes relixiosas católicas contemplativas, como a dos [[Orde da Trapa|trapenses]] (véxase [http://newmelleray.org?menu=psalms a axenda do Divino Oficio na abadía de Nova Mellerai]).
 
A ''Instrución Xeral da Liturxia das Horas'', 122, sanciona tres modos de canto dos Salmos:
 
=== Uso anglicano ===
O [[canto anglicano]] é un modo de cantar os Salmos que permanece parte da tradición coral anglicana. A versión do Salterio no [[Book of Common Prayer]](libro de oracións comúns) americano anterior á de 1979 é unha tradución máis antiga (algunhas veces chamada o Salterio de Coverdale) que aquela incluída no [[Biblia do Rei Xacobe]]. O libro americano de oracións comúns de 1979, aínda así, usa a nova e revisada versión estándar dos Salmos. O canto anglicano é un método de cantar versións en prosa dos Salmos. Con todo, A principios do século XVII, cando a Biblia do Rei Xacobe foi introducida, os apaños métricos de Thomas Sternhold e John Hopkins tamén foron populares e se proporcionaron coa melodía impresa. Esta versión e a outra de Tate e Brady feita a finais do século XVII (ver artigo sobre o [[Salterio métrico]]) permaneceu como a forma normal da congregación de cantar os Salmos na Igrexa de Inglaterra ata ben entrado o século XIX. Ata ese momento, os libros de oracións imprimíanse normalmente con unha ou outra versión con eles.<br /><br />
 
Na Grande Bretaña o libro común de oracións segue a ser de uso normal, xunto co Salterio de Coverdale. A súa preponderancia na vida eclesiástica diminuíu coa introdución do libro alternativo de servizo nos anos oitenta, que era unha alternativa permitida ao libro común de oracións. O libro alternativo de servizo foi retirado paulatinamente, agora, o Common Worship(Adoración común), permite para ambos os dous mais servizos tradicionais, usando os Salmos de Coverdale, e os servizos modernos que usan unha tradución nova feita expresamente para a Igrexa de Inglaterra.
 
387.713

edicións