Maó: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 22:
|sitio web = [http://www.ajmao.org www.ajmao.org]
}}
'''Maó'''<ref>{{DRAG|Maonés}}</ref> (en [[lingua castelá|castelán]]: ''Mahón'' e oficialmente '''Maó-Mahón''') é unha cidade [[Illas Baleares|balear]], [[capital]] administrativa da illa de [[Menorca]], a segunda en tamaño das [[illas Baleares]], sede do [[Consello Insular de Menorca]]. Comprende un concello cunha área de 116,98 &nbsp;km², ao que segundo datos do ano [[2008]] lle correspondía unha poboación de 28.904 habitantes.
 
== Nome oficial ==
Liña 36:
== Historia ==
[[Ficheiro:Mahon Hafen.jpg|250px|esquerda|miniatura|Vista do porto de Maó]]
Maó áchase localizado sobre un porto natural do [[Mediterráneo]] occidental. Foi fundado por un dos xenerais [[Cartago|cartaxineses]] e irmán de [[Aníbal]], [[Magón]], polo que os romanos, unha vez que a anexionaron, chamárona ''Portus Magonis''. Pasou a mans dos romanos e, coa [[caída do Imperio Romano]], ocupárona [[vándalos]] e [[bizantinos]]. Logo sufriu frecuentes ataques dos [[normandos]] e [[musulmán]]s, ata que finalmente, no ano [[903]], foi conquistada e anexionada ao [[Califato de Córdoba]]. En [[1287]] conquistouna o rei [[Afonso III de Aragón]]. Posteriormente, en [[1535]], Maó sufriu un gran saqueo por parte dos corsarios de [[Jeireddín Barbarroja|Barbarroja]]. Baixo o reinado de [[Fílipe II de España|Filipe II]] iniciouse a construción do [[forte de San Filipe]], deseñado por [[Juan Bautista Calvi]], na bocana sur do porto de Maó. Tratouse dunha das obras de enxeñería militar máis impoñentes da época e reputada como inexpugnable.
 
Maó sufriu máis cambios de soberanía. Capturada polos británicos en 1708 durante a [[Guerra de Sucesión Española]] e cedida oficialmente a raíz do [[Tratado de Utrecht]], pasou a ser durante setenta anos unha dependencia británica (e o porto de Maó unha base naval británica no Mediterráneo) no [[século XVIII]]. A presenza británica impulsou a economía da illa, polo que Maó, que se converteu na capital converteuse nun centro comercial e de contrabando de primeira orde no [[Mediterráneo]]. A influencia británica pódese apreciar na arquitectura local. Pola contra, [[Ciutadella de Menorca|Ciutadella]], a antiga capital e reduto clerical e aristocrático, languidecía. Durante as diversas conquistas e reconquistas de Menorca que se sucederon durante o século XVIII o castelo de San Filipe foi mandado demoler polo rei [[Carlos III de España|Carlos III]], quen razoou que se tal xoia da enxeñería militar deixaba de existir, os ingleses deixarían de apetecer Menorca. O resultado foi que cando os ingleses intentaron de novo reconquistar Menorca desembarcando en Cala Mesquida, non había ningunha fortificación para opórselles e puideron tomar a illa sen baixas. Posteriormente e xa no [[século XIX]], edificouse outra impoñente edificación, esta na parte norte da bocana do porto, a [[Fortaleza da Mola]].
Liña 45:
== Transporte ==
=== Aeroporto ===
A cidade conta cun aeroporto civil e militar situado a 4 [[km]] ao leste do centro da cidade, o [[aeroporto de Menorca]]. Este aeroporto ten conexións diarias coas cidades principais da península ([[Madrid]], [[Barcelona]] etc.), coas outras illas ([[Aeroporto de Palma|Palma]] e [[Aeroporto de Eivissa|Eivissa]]) e coas principais cidades do [[Reino Unido]] e [[Alemaña]].
 
Na actualidade existen voos entre o aeroporto de Maó e diversas cidades dos [[Países Baixos]], [[Francia]] e [[Bélxica]], como son París-Charles de Gaulle coa compañía Easy Jet, [[Marsella]] e [[Niza]] con Iberia Rexional [[Air Nostrum]], Toulon, [[Ámsterdan]] con Arkefly e Transavia e [[Bruxelas]] con Jetair Airlines e Brussels Airlines, algunhas como a ruta a Niza ou Marsella establecidas no verán de 2011.