Diferenzas entre revisións de «Xoán Cuveiro Piñol»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Substitución automática de texto (-Granada +Granada))
m (Arranxos varios using AWB)
 
== Traxectoria ==
Militou no [[Partido Progresista]] e participou na [[revolución de 1846]], polo que recibiu a cruz de Valor e Constancia. Foi funcionario de Facenda en [[Valladolid]] e [[Pontevedra]], onde traballou de libreiro, especialmente cando o cesaron os gobernos moderados (1848 e 1867). Integrouse dentro da ideoloxía [[Rexionalismo galego|rexionalista]]. Emigrou para [[Cuba]], onde estreou a súa obra ''Pedro Madruga: drama hestóreco nun auto e tres coadros en verso'' ([[1897]]). Aínda que polo título semella que a obra xira en torno á figura de [[Pedro Álvarez Soutomaior]] ([[Pedro Madruga]]), este drama está baseado sobre todo nunha historia de amor, de maneira que a figura de Pedro Madruga perde protagonismo.
 
Tamén é autor de poemas, do estudo sobre a lingua galega ''El Habla Gallega. Observaciones y Datos sobre su Origen y Vicisitudes'' ([[1868]]), dun ''[[Diccionario gallego]]'' ([[1876]]), a versión galega dunha biografía de [[Calderón de la Barca]] editada en [[Granada]] en [[1881]] (en colaboración con [[Vicente Gutiérrez Piñeiro]]) e ''Iberia: protohistoria y rectificaciones de algunos hechos históricos'' (1891).
* {{Cita libro |título= Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve)|nome= |apelidos= |ligazónautor= |coautores= |ano= 2003|editorial= [[Centro Ramón Piñeiro]]|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-453-3736-X|páxina= |páxinas= 65-67|dataacceso=6 de novembro de 2013 |url=http://www.cirp.es/pub/docs/narrec/NarradoresOcasionais.pdf}}
 
{{ORDENAR:Cuveiro Pinnol, Xoan}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Cuveiro Pinnol, Xoan}}
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
393.002

edicións