Casa Branca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 6:
O deseño da Casa Branca viuse inspirado pola Leinster House ([[Dublín]]), e Castletown House (Celbridge, Irlanda), ambas seguindo o estilo do [[Palladianismo]].
 
Como o seu nome indícao, é un edificio branco localizado na ''Pennsylvania Avenue'' Nº 1600 (Avenida Pensilvania) ao noroeste de [[Washington, DC]]. Proxectada durante o primeiro mandato de George Washington, o edificio foi inaugurado por [[John Adams]] en [[1800]]. Formalmente este edificio recibiu os nomes de Palacio Presidencial, a Mansión Executiva, ata que o presidente [[Theodore Roosevelt]] chamouno ''«A Casa Branca»''.<ref>{{Cita libro |apelidos=Seale, William |título=The President's House, A History. Volume II. |ano=1986 |publicación=White House Historical Association |páxinas=p 689. 1 |id=0-912308-28-1}}</ref>
 
A construción está inspirada na "Vila Rotonda" unha das múltiples que se atopan no [[Véneto]] italiano.
Liña 27:
 
=== A necesidade de máis espazo, a Á Oeste ===
En tempos da [[Guerra Civil Estadounidense]], a Casa Branca estaba ateigada. Algúns tamén se queixaron pola situación da Casa Branca, xusto ao norte dunha canle e uns pantanos, que constituían as condicións idóneas para contraer a [[malaria]] e outras condicións insalubres<ref name="epstein">{{Cita libro |título=The East and West Wings of the White House |autor=Epstein, Ellen Robinson |ano=1971–1972 |publicación=Records of the Columbia Historical Society}}</ref>. Pedíuselle ao xeneral de brigada Nathaniel Michler propor solucións para tratar estas preocupacións<ref name="epstein"/>. Propuxo abandonar a Casa Branca como residencia, e utilizala soamente para negocios; propuxo un novo Palacio para a Primeira Familia en Meridian Hill Park en [[Washington, DC]] <ref name="epstein"/>, pero o plan foi rexeitado polo Congreso.
 
En 1891, a Primeira Dama Caroline Harrison propuxo extensións á Casa Branca, que incluían unha Á Nacional no leste para unha galería de arte histórica, e unha á no Oeste para funcións oficiais. Deseñouse un proxecto polo Coronel Theodore A. Bingham, que reflectiu o plan de Harrison<ref name="epstein"/>. En 1901, Theodore Roosevelt e a súa gran familia trasladáronse á Casa Branca, e atopouna demasiado pequena<ref name="epstein"/>. Tres arquitectos, McKim, Mead, e White, foron contratados para realizar renovacións e a súa ampliación, incluíndo a [[Á Oeste]]. A Primeira Familia pasou catro meses de 1902 nunha residencia temporal no número 22 de Jackson Place <ref name="epstein"/>. Cara a 1909, o presidente [[William Taft]] necesitou máis espazo. Empregaron ao arquitecto Nathan C. Wyeth para engadir mais espazo na Á Oeste, que incluíu a instalación do [[Despacho Oval]] <ref name="epstein"/>.