Batalla de Medina de Rioseco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
m →‎Consecuencias da batalla: Arranxos varios using AWB
Liña 10:
 
== Consecuencias da batalla ==
Como secuela da acción de Medina de Rio Seco, [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] tomou doadamente [[León, España|León]] e [[Zamora]]. Os franceses efectuaron salvaxes represalias cos prisioneiros e contra as poboacións das localidades veciñas, que ironicamente foran das poucas que non se uniran ao levantamento popular xeral.
 
A vitoria de [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] mellorou grandemente a posición estratéxica do exército francés no Norte de España. Encantado, [[Napoleón I|Napoleón]] proclamou: {{Cita|Se o mariscal [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] foi quen de bater o Exército de Galiza con tan poucas perdas e pouco esforzo, o xeneral [[Pierre Dupont de l'Étang|Dupont]] será capaz de darlle volta calquera cousa coa que se poida atopar}}<ref> O sal da cita reside no feito de que catro días despois, o xeneral [[Pierre Dupont de l'Étang|Dupont]] era vencido en Bailén polos españois e sometíase con 20&nbsp;000 homes a unha capitulación humillante para os franceses. Ver [[Batalla de Bailén]]. O mando francés veuse preso de pánico e ordenou unha retirada xeral até o [[río Ebro|Ebro]], desfacendo a obra tan duramente lograda por [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]]</ref>.
 
== Notas ==