Donicela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
| range_map_caption = Distribución de ''Mustela nivalis''
}}
A '''donicela''' (''Mustela nivalis''), tamén coñecida como '''doniña''', '''denociña''', '''denosiña''' ou '''gonicela''', é un animal [[mamífero]], membro da familia [[Mustelidae]] moi semellante ao [[armiño]] (''Mustela erminea'') o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo na pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o [[mustélido]] máis pequeno. Prefire as paisaxes abertas, os campos, praderías, lindes dos [[bosque]]s e terreos baldíos invadidos pola maleza. É un animal bastante común, que se alimenta sobre todo de pequenos [[roedor]]es, aos que persegue ata nos seus [[tobo]]s, debido á súa delgadez.
 
As donicelas poden presentar sorprendentes variacións de tamaño. Estas débense, por unha banda, ao [[dimorfismo sexual]], xa que as femias son bastante máis pequenas que os machos e, por outra, á existencia nas poboacións de individuos de tamaño moi reducido, considerados ata hai pouco como pertencentes a unha especie autónoma.
Liña 38:
:''e a que mui ben criava''
:''a que chaman donezya''
:''os galegos''. <ref>Cantiga 354 das Cantigas de Santa María.</ref>
Crese que a trabada da donicela é mortal. Mesmo o seu bafo é daniño.
* ''Se te morde a donicela, busca camisa pra terra''.