Euskaltel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 28:
'''Euskaltel''' é un operador global de telecomunicacións [[vasco]] creado en xullo de 1995, que comercializa os seus servizos no [[País Vasco]]. Opera en [[telefonía fixa]] e [[telefonía móbil|móbil]], [[televisión dixital]] e acceso a [[Internet]] de banda ancha tanto mediante [[ADSL]] como por [[Cable coaxial|cable]] (único licenciatario para isto no País Vasco), para particulares e empresas. Euskaltel é o operador líder de Banda Ancha no País Vasco, e conta cunhas cuotas de mercado do 45% en telefonía fixa, 44% en Internet de Banda Ancha, 30% en telefonía móbil, 30% de Televisión Dixital, e 25% do total de ingresos do sector de telecomunicacións en Euskadi. Euskaltel creceu en 2005 o dobre que o mercado. Os seus ingresos por operacións superaron os 316 millóns de euros, cun incremento do 9%, rexistrando un beneficio ordinario de 24,2 millóns de euros, un 50% superior con respecto ó exercicio anterior. Euskaltel está despregando unha rede de fibra óptica de última xeración no País Vasco, cunhas inversións de 1.200 millóns de euros (600 euros por habitante), a maior inversión en rede por habitante de todo o estado español.
 
A súa sede está localizada no Parque Tecnolóxico de [[Derio]], a poucos quilómetros de [[Bilbao]], [[Biscaia]]. O [[ goberno vasco]] ten o 7% das súas accións, -o 2% a través do EVE e o 5% por parte de EITB-. Á súa vez, as caixas de aforros vascas poseen o 63,86% do capital, -33,13% a [[BBK]], 22,98% a [[Kutxa]], e 7,75% a Vital a través de Araba Gertu.
 
Desde a súa fundación, actuou como comercializadora dos servizos de telefonía móbil de [[Amena]] (actualmente [[Orange España|Orange]]) no País Vasco en virtude dun acordo comercial. Amena proveía ós clientes do servizo telefónico, pero era Euskaltel quen lles facturaba. O acordo que facía posible isto cancelouse a finais de 2006, e o 10 de decembro de 2006, Euskaltel pasou a prestar os seus servizos de telefonía móbil como [[operador móbil virtual]] tras romper o acordo con Orange (a antiga Amena), usando as antenas de [[Vodafone|Vodafone España]].