Terceira idade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m "Apostila" (galego) por "apostilla" (castelán)
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 4:
O termo '''terceira idade''' fai referencia á [[poboación]] de persoas maiores e xubiladas, normalmente 65 ou máis anos. Este grupo de idade está crecendo na [[pirámide de poboación]] ou distribución por idades na estrutura da poboación, a baixa [[taxa de natalidade]] e a mellora da [[calidade de vida]] e a [[esperanza de vida]] son as causas principais que producen este feito.
 
Os nados no ano [[1945]] e seguintes, están agora entrando no grupo dos maiores. Isto crea tensións, pois aumentan os [[orzamentos]] da [[seguridade social]] e a [[poboación activa]] estaríase adaptando a esta nova situación, que aínda ten unha aptitude estereotipada de prexuízos, visible na redución do presunto problema a [[Política social]] de Seguridade social e máis Residencias.
 
Pero a incipiente nova [[Socioloxía da terceira idade]] ten outras dimensións: considerar a estas persoas como un grupo cultural nunha estratificación da poboación por grupos de idade, [[Igualdade de trato. Igualdade de Dereitos]], pero isto na práctica pódese traducir pobremente ou só nun interesante segmento de consumidores e de clientela política, que de novo é reduccionista, pois asume homoxeneidade, ademais a exclusión do [[mercado laboral]] remunerado non quita a súa inclusión en actividades típicas do voluntariado, comisións municipais, residencias, [[centro social]], bibliotecas e outras institucións con enfoque comunitario, asociacionista e participativo como persoa e cidadán, Shanas ([[1968]] e [[1977]]), co concepto da 'construción social da terceira idade' contra [[concepto]]s discriminantes, que como [[símbolo]]s e [[sentimento]]s poden ser cambiados, Butler ([[1975]] e [[1980]]), removendo cara a adiante a nova idade e isto é obvio cun enfoque de interaccionismo simbólico, Henslin ([[2000]]), e manterse activo é a 'Teoría da Actividade', con perspectiva funcionalista, para ser útil e máis feliz. Finalmente hai outro punto de vista de conflitos intergxeracionais e da súa [[solución]] en substitucións de cohortes.
Liña 11:
Unha [[Tecnoloxía social]] desenvolveuse como apoio e [[industrialización]] de avances científicos.
 
O tema da senectude como preparación para a vellez preocupou a [[Platón]] (s. -V) en 'A República' e [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]] (s. -II) en 'De Senectude' son escritos na ontoloxía das categorías de idades, que se configurou arredor de 'modos de ser', relacionados co decurso mesmo da vida persoal. Hai parágrafos que no esencial son idénticos en ambos autores. As 'apostilas ó diálogo da vellez' en [[Internet]] é un eloxio ó pensamento de Cicerón.
 
As diferentes denominacións: senectude, ancianidade, vellez, maiores, segunda mocidade, terceira idade, 'seniors', 'aging', teñen o propósito de esquecer prexuízos. Tamén os estudos sociolóxicos asignaron prioridades ó tema e varían nas distintas sociedades e épocas a par de [[vivenda]], [[saúde]] e [[transporte]]s, que son algunhas das necesidades primarias e nalgúns casos [[alimentación]]. Tamén hai abuso dos maiores como [[discriminación]] por idade nos ambientes laborais.
 
O ''Día Internacional das Persoas de Idade'' celébrase o [[1 de outubro]].<ref>[http://daccess-dds-ny.un.org/doc/RESOLUTION/GEN/NR0/572/69/IMG/NR057269.pdf?OpenElement Resolución 45/106 (punto 15)], de 14/12/1990, da [[Asemblea Xeral das Nacións Unidas]] {{es}}.</ref>