Pahiño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m →‎Carreira deportiva: Arranxos varios using AWB
Liña 58:
Comezou a súa traxectoria deportiva no Navia. Na tempada [[1947]]-[[1948]] os goles de Pahiño axudaron ó [[Celta de Vigo]] a finalizar cuarto na [[liga española de fútbol|liga española]] e acadar a final da [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Xeneralísimo]]. Na mesma tempada gañou o [[trofeo Pichichi]] por primeira vez. Tamén marcou no seu debut coa selección española nun empate 3-3 coa selección suíza.
 
Entre os seus compañeiros de equipo no [[Celta]] estaba [[Miguel Muñoz]], co que marcharía ó mesmo tempo a xogar no [[Real Madrid]]. Pahiño continuou marcando goles regularmente e na tempada [[1951]]-[[1952]] conseguiu o seu segundo [[Pichichi]]. Con todo, coa chegada de [[Alfredo Di Stéfano]] o seu posto foi ocupado e decidiu marchar ó [[Deportivo de La Coruña]] onde xogaría no mesmo once con [[Luis Suárez Miramontes|Luis Suárez]] e [[Arsenio Iglesias]].
 
A pesar dos seus números como goleador, Pahiño só participou en tres ocasións coa selección española, e non acudíu ó [[Mundial de Fútbol Brasil 1950|mundial de 1950]] por mor das súas ideas políticas de esquerda<ref>[http://praza.com/deportes/1213/pahino-o-dianteiro-rebelde-que-desafiou-o-franquismo/ Pahíño, o dianteiro rebelde que desafiou o franquismo], no xornal [[Praza pública]].</ref>. A súa última aparición no equipo foi no empate 2-2 contra a República de Irlanda en [[1955]], partido no que marcou os dous goles do equipo.