Landulfo VI de Benevento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
'''Landulfo VI''' (morreu o [[27 de novembro]] de [[1077]]) foi o derradeiro [[príncipe de Benevento]]. A diferenza dos seus predecesores, nunca tivo a oportunidade de gobernar só e independente. O principado perdeu a súa independencia en [[1051]], momento no que Landulfo só estaba a cogobernar co seu pai, [[Pandulfo III de Benevento|Pandulfo III]].
 
Landulfo era o fillo máis vello de Pandulfo e foi nomeado copríncipe por primeira vez en agosto ou setembro de [[1038]]. En [[1041]], probabelmente foi o seu irmán [[Atenulfo, Príncipe de Benevento|Atenulfo]] quen encabezou a rebelión porque non o fixeran tamén a el copríncipe. A rebelión fracasou e Atenulfo refuxiouse onda os [[normandos]], onde foi elixido xefe en calidade de ''princeps''.
 
En [[1047]], o emperador [[Henrique III, Emperador|Henrique III]] veu para reafirmar a súa autoridade no [[Mezzogiorno]]. A [[Agnes de Poitou|emperatriz Agnes]] visitou [[Monte Gargano]] como peregrina e volveu vía Benevento, onde lle permitiron a entrada, non así ao seu home. O ''imperator'' rexeitado puxo inmediatamente cerco á cidade e o [[Clemente II, Papa|Papa Clemente II]] excomungou a Landulfo e Pandulfo e aos cidadáns. Co tempo levantouse o cerco, con todo, a falta de respecto amosada á familia imperial e á igrexa xunto co declive do principado fixo que o irmán de Pandulfo, [[Vítor II, Papa|Daufer]], fuxise da cidade e buscase refuxio onda [[Guaimaro IV de Salerno]], quen os aloxou no [[mosteiro de La Cava]]. Landulfo viaxou en persoa a [[Salerno]] para reunirse con Guaimaro e negociar ao regreso de Daufer. Este volveu coa promesa de que habían respectar a súa elección dunha vocación monástica.
 
Os asuntos beneventanos chegaron a un punto delicado en [[1050]], cando o papa [[León IX, Papa|León IX]] foi como peregrino a Monte Gargano e confirmou a excomuñón dos príncipes. Os cidadáns déronlles as costas e botáronnos ''cum sculdays suis'', "cos seus [[sculdais]]". Os cidadáns entregáronlle a vila ao Papa en abril de [[1051]], en abril de [[1051]] o cardeal [[Humbert de Silva Candida]] e [[Domenic, Patriarca de Grado]], entraron en Benevento para recibir a cidade no nome do Papa e o [[5 de xullo]] entrou na súa nova cidade en nome propio e no do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|emperador]].
 
Despois da [[Batalla de Civitate]], na que meteron o papa preso en Benevento, a cidade invitou a Pandulfo e Landulfo a que volvese (nalgún momento entre xuño de [[1053]] e marzo de [[1054]]). Volveron e gobernaron como vasalos do Papa. En [[1056]], asociou ao trono ao seu fillo [[Pandulfo IV de Benevento|Pandulfo IV]]. En [[1059]], o vello Pandulfo abdicou e retirouse ao mosteiro de S. Sofia, a fundación familiar e mausoleo da casa reinante en Benevento, deixando como príncipes en solitario a Landulfo e Pandulfo IV.
 
Landulfo case non aparece nas fontes desde aquela. En [[1065]], foi advertido polo papa [[Alexandre II, Papa|Alexandre II]] "que a conversión dos xudeus non había que obtela pola forza."<ref>Simonsohn, pp 35&ndash;37.</ref> Estivo presente o [[1 de Outubro]] de [[1071]] na consagración da abadía de [[Monte Cassino]]. En agosto de [[1073]], xurou fidelidade ao papa [[Gregorio VII, Papa|Gregorio VII]], o seu señor, e prometeu respectar os dereitos dos cidadáns de Benevento. Gregorio mesmo empezou a residir de cando en vez no palacio de Landulfo en Benevento, ao cal [[Amatus de Montecassino|Amatus]] chama ''lo plus grand palaiz'' ("o meirande palacio"). Landulfo deixa de aparecer nas crónicas e, morto o seu fillo en batalla en [[1074]], morreu como príncipe único por baixo do Papa o [[27 de novembro]] de [[1077]]. Coa súa morte o antigo principado de Benevento chegou ao seu fin.
Liña 17:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
 
 
* {{Cita libro
Liña 27 ⟶ 26:
 
* {{Cita libro
 
 
| autor = [[Gregorovius|Gregorovius, Ferdinand]]