Acción Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
copyright
m →‎Finais: Arranxos varios using AWB
Liña 21:
 
== Finais ==
O movemento, centrado na loita contra os caciques, cunha ideoloxía de clara inspiración [[Rexeneracionismo|rexeneracionista]] e no antiforismo redencionista, baseábase na fogosidade e gallardía de Basilio Álvarez e no seu grupo incondicional de amigos nos primeiros momentos.
 
A descomposición deste bloque é consecuencia das primeiras persecucións. Desde [[1913]], as garantías constitucionais non salvagardaban os homes de Acción Gallega. En [[1914]] o movemento viuse envolto en casos de axitación e [[terrorismo]]. O enfrontamento de Basilio coas autoridades ourensás e co bispo [[Eustaquio Ilundáin|Ilundáin]] fixo que se lle retiraran as licencias sacerdotais e que ''El Heraldo Gallego'', como o seu director, [[Manuel Lustres Rivas]], caeran baixo o peso das denuncias e as constantes causas xudiciais. Ademais desta serie de escisións iniciais, houbo outras etapas significativas de saídas de persoeiros importantes dentro do movemento. Primeiro apartáronse del homes como [[Portela Valladares]] e [[Alfredo Vicenti]], que crían que Basilio estaba seguindo un camiño moi perigoso. Máis tarde, o núcleo ourensán tamén se separa pola saída de [[Eugenio López Aydillo|López Aydillo]], primeiro, e do propio Lustres Rivas, mais tarde.