Infibulación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxo de lingua
m Arranxos varios using AWB
Liña 4:
 
'''Pardo''': Clitoridectomía
]]
 
A '''infibulación''' é unha cruel mutilación dos xenitais femininos consistente nunha [[Ablación de clítoris|clitoridectomía]] seguida polo peche vaxinal mediante sutura. Soamente se deixa unha pequena abertura para a emisión da [[urina]] e descarga do [[menstruación|sangue menstrual]].
 
== Características ==
Polo xeral é unha parteira ou curandeira quen realiza a infibulación cando as nenas teñen entre 2 e 7 anos de idade <ref>Skaine, Rosemary. Mutilación Xenital Feminina: Ramificacións Legais, Culturais e Médicas. McFarland 2005. ISBN 0-7864-2163-3</ref>. Non se utiliza anestesia e é común que as pequenas desenvolvan infeccións xa que as condicións da operación tenden a non ser moi hixiénicas<ref> Pieters, Guy, M.D.; Albert B. Lowenfels, M.D.; "Infibulación no Corno de Africa", en ''New York State Journal of Medicine''. Abril 1977. 77 (6): 729-731.</ref>.
 
A infibulación, chamada tamén ''circuncisión faraónica'' máis que definida é descrita así polo Dr. Cordero Marín{{cómpre referencia}}: exportación total do [[clítoris]], [[labios menores]] e parte dos [[labios maiores]]. As dúas partes da vulva sutúranse con espiños, xeralmente con [[Acacia|acacia anana]], fíxanse con cordel en peche de corpiño deixando un só buraco que dea paso aos ouriños e ás regras e asegurando a súa permeabilidade cun anaco de cana de bambú. A [[hemostasia]] realízase aplicando unha mestura, case sempre de azucre e goma arábiga. A continuación encóstanse ambas as pernas amarrándoas ata a altura dos xeonllos. Unhas semanas despois quítanse os espiños; se a operación non deu resultado repítese de novo.
 
Despois do matrimonio a vulva é aberta cun coitelo, o que a miúdo volve ocorrer en ocasión dun parto. O peche vaxinal volve repetirse cada vez que o esposo desexa facer unha viaxe.