Ortografía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Características: Arranxos varios using AWB
Liña 4:
 
== Características ==
A ortografía é a parte da [[gramática normativa]] que ensina a escribir correctamente as palabras dunha [[linguaxe humana|lingua]] definindo, especialmente, o conxunto de símbolos ([[letra]]s e [[diacrítico|sinais diacríticos]]), a forma como deben ser usados, a [[puntuación]], o uso de maiúsculas, etc. Unha mesma lingua pode ter varias ortografías, algunhas con pequenas diferenzas coma o [[lingua inglesa|inglés]] de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e o das [[illas Británicas]], outras máis diversas, caso do [[Lingua norueguesa|noruegués]] (as máis comúns son a bokmål e a nynorsk). Nalgúns casos até se utilizan diferentes [[escrita|sistemas de escrita]] para variedades moi próximas ([[lingua croata|croata]] e [[lingua serbia|serbio]]; [[lingua urdú|urdú]] e [[lingua hindi|hindi]]).
 
A ortografía, en moitas linguas reguladas oficialmente, non é máis ca unha tentativa de transcribir os sons dunha determinada lingua en símbolos escritos. Esta transcrición é sempre por aproximación e raramente é perfecta e exenta de incoherencias.