Compañía Holandesa das Indias Occidentais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Róterdan +Rotterdam); cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:DutchEmpire2.png|miniatura|400px|dereita|[[Colonia administrativa |Territorios]] de WIC]]
'''Compañía holandesa das Indias Occidentais''' (en [[lingua holandesa|holandés]]: ''West-Indische Compagnie'' ou ''WIC'') era unha compañía da [[mariña mercante]] dos [[Países Baixos]] entre os séculos [[século XVII|XVII]] e [[século XVIII|XVIII]].
 
== Fundación ==
A '''[[República dos Sete Países Baixos Unidos]]''' outorgoulle o [[3 de xuño]] de [[1621]] o estatuto de [[compañía]], co que obtivo o [[monopolio comercial]] coas Indias occidentais (é dicir, o Caribe) e recibiu a [[xurisdición]] sobre o [[comercio de escravos]] de [[África]], [[Brasil]], o [[Caribe (rexión)|Caribe]] e [[Norteamérica]].
 
O area no que a Compañía podía operar abarcaba [[África occidental]] (o area entre o [[Trópico de Cáncer]] e o [[Cabo de Boa Esperanza]]) e [[América]], que incluían o [[Océano Pacífico]] e a parte oriental de [[Nova Guinea]].
 
O obxectivo da concesión foi eliminar a competencia, especialmente a de España e Portugal, entre os diversos postos comerciais establecidos polos comerciantes. A Compañía converteuse nun instrumento da [[colonización holandesa de América]].
 
=== Monopolio comercial ===
A WIC estaba organizada de xeito similar á [[Compañía holandesa das Indias Orientais]] (VOC), moito máis grande e máis rica, que tiña o monopolio do comercio con [[Asia]] (principalmente en Indonesia) desde [[1602]], pero á WIC non se lle permitía emprender accións militares sen a aprobación do goberno holandés.
 
Como a VOC, a compañía tiña cinco oficinas, chamadas cámaras (''kamers''), en [[Ámsterdan]], [[Rotterdam]] (ambas en Holanda), [[Middelburg]] (en Zeeland), [[Hoorn]] e [[Groningen]] (no norte), das cales as de Ámsterdan e Middelburg eran as que contribuían máis á compañía. A xunta directiva tiña 19 membros, coñecidos como os [[Heeren XIX]] ('Señores').
 
== Expansión ==
A compañía tivo ao principio un éxito relativo; nos anos de [[1620]] e [[1630]] establecéronse a maioría de postos e colonias comerciais. A área de [[Novos Países Baixos|Nova Holanda]], que incluía [[Nova Ámsterdan]], abarcaba as zonas dos actuais [[Nova York]], [[Connecticut]], [[Delaware]] e [[Nova Jersey]]. Establecéronse outros asentamentos nas [[Antillas Neerlandesas|Antillas Menores]], [[Suriname]] e [[Brasil]].
 
En [[1630]] estableceuse a colonia de Nova Holanda, con capital en Mauritsstad (a moderna [[Recife]]), nas posesións en [[Brasil]] [[invasións holandesas de Brasil|conquistadas]] aos [[Portugal|Portugueses]].
 
En África establecéronse postos comerciais en [[Costa de ouro (Colonia británica)|Costa de ouro]] (hoxe [[Ghana]]) e brevemente en [[Angola]].
 
=== Comercio e piratería ===
Outro éxito da WIC foi a captura dunha frota que transportaba prata das colonias españolas cara a Europa por [[Piet Hein]] en [[1628]]. A piratería era un dos obxectivos da WIC.
 
Nas Américas as [[pel]]es (Norteamérica) e o azucre (Suramérica) eran os bens comerciais máis importantes, mentres que os asentamentos en África comerciaban con escravos -a maioría destinados ás plantacións das Antillas e Suriname- ouro e marfil.
 
== Perda das colonias ==
Con todo, os éxitos acabaron pronto. En 1654 perderon Nova Holanda, que volveu ao Brasil portugués, tras unha longa guerra, e moitos outros postos comerciais foron destruídos ou capturados por potencias europeas rivais.
 
A colonización de [[Nova Holanda]] non se estendeu moito máis, en parte debido á forte rivalidade con con [[Inglaterra]], que conquistou Nova Holanda en [[1664]], e en parte debido á dificultade de atraer colonos coa política inicial da compañía, que se baseaba no sistema dos [[Patroon]],<ref name="WDL">{{cite web |url = http://www.wdl.org/en/item/4066/ |title = Conditions as Created by their Lords Burgomasters of Amsterdam |website = [[World Digital Library]] |date = 1656 |accessdate = 2013-07-28 }}</ref> que confería un poder enorme sobre os colonos aos homes que os conducían á colonia.
 
Tras anos de débedas, a WIC orixinal se replegó en [[1674]], e formouse unha nova compañía reorganizada. Abandonou a piratería e concentrouse principalmente no comercio de escravos entre África e as posesións conservadas en Suriname e as Antillas.