Gnatóstomos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Retiro parámetro obsoleto: mes=
m Arranxos varios using AWB
Liña 25:
}}
 
Os '''gnatóstomos''' (''Gnathostomi'') ou '''gnatostomados''' (''Gnathostomata'') <ref>Aínda que o nome "oficial" é ''gnatostomados'', adoita usarse ''gnatóstomos'', do mesmo modo que se fai con '''ciclóstomos''' (''Cyclostomi''), que se usa máis que '''ciclostomados''' (''Cyclostomata'').</ref> é o gupo dos [[vertebrados]] con [[mandíbula]]s.
 
O termo, do [[lingua latina|latín científico]], está formado polos elementos ''gantho-'' (do [[lingua grega|grego]] γνάθος ''gnáthos'', "mandíbula") e ''-stomata'' (plural de ''-stoma'', do grego στόμα ''stóma'', "boca"), é dicir, "os que teñen a boca con mandíbulas".
 
Trátase dun amplo e heteroxéneo grupo que abarca os [[peixe]]s propiamente ditos, os [[réptil]]es, os [[anfibio]]s, as [[aves]] e os [[mamífero]]s, comprendendo aproximadamente 60 000 especies, que representan o 99 % de todos os vertebrados vivos.
 
O grupo foi considerado tradicionalmente como unha [[superclase (bioloxía)|superclase]], dividida en tres clases de organismos que deominamos xenericamente ''peixes'':
* os [[condrictios]] (''Chondrichthyes'') ou peixes cartilaxinosos,
* os [[placodermos]] (''Placodermi''), un extinto [[clado]] de peixes acoirazados, e
* os [[teleóstomos]] (''Teleostomi'') ou peixes óseos (ademais das coñecidas clases dos anfibios, réptiles, aves e mamíferos).
 
Algúns sistemas de clasificación usaron o termo '''anfirrinos''' (''[[Amphirhina]]'').
 
É un [[clado irmán]] dos ''craniados sen mandíbula'', os [[ágnatos]] (''Agnatha'').
Liña 49:
Os placodermos utilizaban placas óseas afiadas en lugar de dentes, e as máis recentes investigacións indican que as mordazas dos placodermos evolucionaron independentemente das dos outros gnatostomados.<ref>Turner, Susan e Miller, Randall F. "New Ideas About Old Sharks". ''American Scientist''. Xuño de 2005.</ref>
 
Ademais de mandíbulas, os gnatóstomos viventes tamén teñen dentes, apéndices pares e unha ''canle semicircular'' horizontal no [[oído interno]], xunto con caracteres anatómicos, fisiolóxicos e celulares tales como as vaíñas de [[mielina]] ao redor das [[neurona]]s, e un [[sistema inmunolóxico|sistema inmune]] particular, que utiliza a chamada ''[[recombinación V(D)J]]'', mecanismo de [[recombinación xenética]] polo cal se seleccionan e ensamblan ao azar segmentos de [[xene]]s que [[Código xenético|codifican]] [[proteína]]s específicas con papeles importantes no [[sistema inmunolóxico|sistema inmunitario]],<ref name=Janeway_2005>{{cita libro | autor= Janeway, C. A. Jr. et al. | título= Immunobiology. | edición= 6th ed. | editorial= Garland Science | ano= 2005 | id= ISBN 0-443-07310-4}}</ref> que xera un amplo repertorio receptores de [[linfocito|linfocitos T]] ([[TCR]]) e moléculas de [[inmunoglobulina]] (Ig) que son necesarios para o recoñemento de diversos antíxenos ([[bacteria]]nos, [[virus|víricos]] e de [[parasito]]s), así como de células disfuncionais, como son as [[tumor]]ais.<ref name=Abbas_2003>{{cita libro | autor= Abbas, A. K. e Lichtman, A. H. | título= Cellular and Molecular Immunology | edición= 5th | editorial= Saunders, Philadelphia |ano= 2003 | id= ISBN 0-7216-0008-5}}</ref> <ref>{{Cita publicación periódica |author=Cooper, M. D. e Alder, M. N. |título=The evolution of adaptive immune systems |journal=Cell |volume=124 |issue=4 |páxinas=815–22 |ano=2006 |pmid=16497590 |doi=10.1016/j.cell.2006.02.001}}</ref>
 
== Clasificación ==