Illa Bouvet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 21:
| nota1 = Non utilizado até o momento.
}}
'''Illa Bouvet''' (en [[Lingua norueguesa|noruegués]]: ''Bouvetøxa'' ([[bokmål]]), que se traduce como ''Bouvetia'') é unha [[Territorio dependente|dependencia]] de [[Noruega]]. É unha [[illa deshabitada]] situada a 1.700  km do continente da [[Antártida]] e 2.000  km dirección sur/suroeste desde o [[Cabo de Boa Esperanza]] en [[Suráfrica]]. As súas coordenadas xeográficas son 54º 26' S/ 3º 21' E. Ocupa unha superficie de 58,5  km², da cal un 93% está cuberta por xeo. É de orixe volcánica, o seu cumio máis alto o Olav (Olavstoppen) ten 780 m de altitude.
 
A illa é case circular, asucada por unha pequena cordilleira que corre diagonalmente de nordés a suroeste, o cume desta é o mencionado Olavstoppen no sector norte, bastante próximo á costa, o segundo cume é o Lykketoppen con 725 m situado bastante preto da costa suroeste. O 93% do seu territorio é [[glaciar]]. Nas costas libres de ''pack'' asoman praias negras de area volcánica. O perímetro das costas da illa é de 29,6  km. Un par de quilómetros ao suroeste da illa principal asoma o illote Larsøxa. É unha base baleira e posúe unha estación meteorolóxica dende 1977.
 
== Historia ==
Liña 42:
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Bouvet Map.png|miniatura|Mapa da illa.]]
A Illa Bouvet está localizada no [[Atlántico|océano Atlántico Sur]] e ten unha área de 49  km², da que o 93% está cuberto por glaciares que bloquean as costas sur e leste. Trátase do lugar máis illado do mundo, xa que non hai nin terra nin illas en 1.600  km á redonda. A ese 1.600  km atópase a [[Terra da Raíña Maud]], na [[Antártida]], que tamén está deshabitada. As terras habitadas máis próximas son [[Tristán da Cunha]], a 2.260  km, e [[Suráfrica]], a 2.580  km de distancia.
 
Non ten portos, polo que é difícil para unha embarcación a aproximación. A forma máis fácil de acceder á illa é por helicóptero dende un barco. Os glaciares forman unha grosa capa de xeo que cae constantemente desde altos cantiis ou nas praias negras de area volcánica. O 29,6  km de costa están, polo xeral, rodeados de xeo. O pico máis alto da illa chámase Olav (Olavtoppen), e chega até os 780 m de altitude sobre o nivel do mar. Polo clima extremo e o seu terreo conxelado, a vexetación limítase a líques e brións. A fauna da illa consiste en [[focas]], aves mariñas e [[pingüín]]s.
 
=== Clima ===
Liña 50:
 
== Curiosidades ==
* A illa é o punto de terra firme máis illado do planeta. Está a 1.600  km da Antártida e a 2.500 de [[Cidade do Cabo]].
* A pesar de ser unha illa deshabitada, a illa Bouvet posúe un [[Lista de dominios de internet|dominio de nivel superior xeográfico]] propio: .bv, aínda que non é usado.<ref>[http://www.norid.no/domenenavnbaser/bv-sj.html Norid: dominios .bv e .sj en desuso]</ref>
* Houbo algunhas expedicións de [[Radio (medio de comunicación)|radioafeccionados]] que acudiron a esta remota illa (os sinais de comunicación na illa comezan con 3Y).
* A Illa Bouvet pertence á zona horaria UTC+0: [[Santa Helena]]/Atlántico.
* A uns 150 &nbsp;km ao noroeste da Illa Bouvet suponse a existencia ILla Thompson.
* A película de Paul Anderson, ''Alien vs Depredador'', desenvólvese nesta illa.