Vitamina B3: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Biosíntese: Estaba todo mal. Non tiña sentido.
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
A '''niacina''', ou '''ácido nicotínico''', '''vitamina B3''' ou '''vitamina PP''', é unha [[vitamina]] [[hidrosoluble]] cuxos derivados, [[NADH]] e NAD<sup>+</sup> , e [[NADPH]] e NADP<sup>+</sup>, xogan roles esenciais no [[metabolismo]] enerxético da [[célula]] e da [[reparación do ADN]] <ref>[http://www.feinberg.northwestern.edu/nutrition/factsheets/vitamin-b3.html Northwestern University Nutrition]</ref>. A designación ''vitamina B3'' tamén inclúe ás correspondentes [[amida]]s, '''[[nicotinamida]]''' ou '''niacinamida''', con fórmula química C<sub>6</sub>H<sub>6</sub>ON<sub>2</sub>.
Co termo xenérico de '''niacina''' enténdese o '''ácido nicotínico''', a súa [[amida]] (a nicotinamida) e todos os derivados biolóxicos que se poden transformar en compostos bioloxicamente activos. Polo xeral defínese a actividade da niacina nos alimentos como a concentración de ácido nicotínico formado pola conversión en niacina do triptófano contido nos alimentos. Esta é bioloxicamente precursora de dúas [[coenzima]]s que interveñen en case todas as reaccións de [[oxidorredución]]: o [[nicotín adenín dinucleótido]] (NAD<sup>+</sup>) e o [[nicotín adenín dinucleótido fosfato]] (NADP<sup>+</sup>).
 
A nicotinamida e o ácido nicotínico atópanse abundantemente na natureza. Hai unha predominancia de ácido nicotínico nas plantas, mentres que nos animais predomina a nicotinamida. Atópase principalmente no [[lévedo]], o [[fígado]], as [[aves]], as carnes sen graxa, os froitos secos e os [[legume]]s. O [[triptófano]], precursor da niacina, atópase abundantemente na carne, o [[leite]] e os [[Ovo (alimento)|ovos]].
 
A niacina participa nas reaccións que xeran enerxía grazas á conversión bioquímica de [[hidrato de carbono|hidratos de carbono]], [[graxa]]s e [[proteína]]s. NAD e NADH son fundamentais para utilizar a enerxía metabólica dos alimentos. A niacina participa na síntese dalgunhas [[hormona]]s e é fundamental para o crecemento.
 
As necesidades diarias recomendadas de equivalentes de niacina (NE) para un adulto son: 6,6 NE por 1.000 kcal e non menos de 13 NE por consumo de calorías inferior a 2.000 kcal. Para os nenos de ata seis meses, cunha dieta calórica de 1.000 kcal ao día, son de 8 NE/día. Para idades superiores as necesidades diarias dependen de cantas calorías se inxiren. As mulleres embarazadas necesitan suplementos de 2 NE ao día, as que aleitan necesitan 5 NE ao día.
 
A [[pelagra]] é a consecuencia dunha carencia de vitamina B3 (de aí o nome de factor PP, Preventivo da [[Pelagra]]) e de [[triptófano]] ou do seu metabolismo.
 
== Biosíntese ==
O [[heterociclo]] aromático de 5 membros (vértices) do [[triptófano]] é clivado e despois volto a formar co grupo [[amino]] alfa do triptófano orixinando o heterociclo de 6 membros [[aromaticidade|aromático]] da niacina, na seguinte reaacción:
 
:[[Ficheiro:Nicotinic_acid_biosynthesis2.png|esquerda|miniatura|600px|Biosíntese: [[triptófano]] → [[quinurenina]] → niacina]]