Lúpulo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m →‎O lúpulo en Galicia: Arranxos varios using AWB
Liña 27:
En [[1914]] o enxeñeiro Leopoldo Hernández Robledo iniciou cultivos experimentais de lúpulo en [[Betanzos]] con variedades traídas de [[Kent, Inglaterra|Kent]] ([[Inglaterra]]). En paralelo, [[José María Rivera]], empresario fundador de [[Estrella Galicia (cervexa)|La Estrella de Galicia]] realizaba experimentos de aclimatación nunha propiedade anexa á fábrica que tiña na [[A Coruña|Coruña]]. Precisamente nesta cidade, e durante a [[Guerra Civil española|Guerra Civil]], créase o Servicio Oficial para el Fomento del Cultivo de Lúpulo, dependente do [[Ministerio de Agricultura de España|ministerio de Agricultura]] dos sublevados. Este servizo administrativo daría paso, durante a crise da importación de lúpulo que aconteceu durante a [[Segunda Guerra Mundial]] ([[1939]]-[[1945]]), á [[Sociedad Anónima de Fomento del Lúpulo]], que recibe a concesión [[monopolio|monopolística]] para a explotación do lúpulo no noroeste de España<ref>Maino [Marcelino Álvarez López], ''El cultivo del lúpulo en Galicia''. In [[Anuario Brigantino]], [[1983]], p. 101</ref>.
 
Durante o tempo de funcionamento da empresa, entre [[1946]] e [[1983]], cultivouse lúpulo en [[Abegondo]], [[Aranga]], [[Cabanas]], [[Cambre]], [[Cesuras]], [[Coirós]], [[Culleredo]], [[Curtis]], [[Irixoa]], [[Láncara]], [[Lugo]], [[Melide]], [[Miño]], [[Mondoñedo]], [[Ortigueira]], [[Oza dos Ríos]], [[Paderne]], [[Padrón]], [[Pontedeume]], [[O Porriño]] e [[Vedra]], pero que tivo o seu epicentro en [[Betanzos]], onde se atopaba a sede da empresa e a maior parte da produción<ref>Maino [Marcelino Álvarez López], ''El cultivo del lúpulo en Galicia''. In [[Anuario Brigantino]], [[1983]], p. 102</ref>. En [[1946]] recolléronse xa 4.000 &nbsp;kg de lúpulo, cantidade que foi aumentando anualmente ata [[1963]], cando se recolleron 630.000 &nbsp;kg de lúpulo seco, e que representou o punto álxido da produción.
 
A decadencia do cultivo do lúpulo en Galicia empezou a comezos da década de [[1960]] e débese a varios factores: dunha banda, a esixencia da Sociedade Anónima de Fomento do Lúpulo de que os produtores lle entregasen o lúpulo xa seco, e non fresco; os sequeiros supuñan un investimento elevado e unha boa parte dos produtores optaron pola supresión dos cultivos. Doutra banda, a mediados da década de [[1970]] o lúpulo [[Galicia|galego]] sofreu unha [[virus|viriase]] que levou á súa práctica extinción no país<ref>Maino [Marcelino Álvarez López], ''El cultivo del lúpulo en Galicia''. In [[Anuario Brigantino]], [[1983]], p. 103</ref>.