Capudre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
 
== Descrición ==
[[Árbore|Arboriña]] [[caducifolio|caducifolia]] que acada os 15 m ou 20 m de altura. O [[Tronco (árbore)|toro]] é recto coa cortiza pardo cinsenta, gretada nos adultos. A copa é ampla de forma trasovada ou ovoide. As [[Xema (botánica)|xemas]] son moi aveludadas. As [[folla]]s dispóñense alternas ao longo das pólas, compostas e imparipinnadas, oblongas e de bordos serrados, presenta de 9 a 15 [[folíolo]]s, cunhas dimensións de 2,5 a 6 &nbsp;cm, até 9 &nbsp;cm. As [[inflorescencia]]s son hermafroditas e se producen en grandes corimbos terminais de 8 a 15 &nbsp;cm de diámetro con máis de 250 flores, cada unha derredor de 1 &nbsp;cm de diámetro con cinco [[pétalo]] branco-cremosos, que polinizan os insectos.<br>
O [[froito]], que chega entre setembro e outubro, é un [[Pomo (froito)|pomo]] miúdo de entre 4 a 8 [[mm]] de diámetro, carnoso e de forma globosa de cor alaranxada brillante ou vermello coral, moi semellante á [[sorba]] mais do talle dunha [[cereixa]]; fican deica o inverno na árbore. Porén, existen tamén algunhas variedades rosadas, amarelas e albas entre as especies asiáticas. O froito é doce e acedo ao mesmo tempo, cun alto contido en [[vitamina]] C. Ademais son moles e zumarentos o que os fai doada comida para os [[paxaro]]s, principalmente, o [[picoteiro]] (''[[Bombycilla garrulus]]'') e os [[merlo]]s (coma a especie asiática ''[[Turdus dissimilis]]''), que espallan posteriormente as sementes do cancereixo coas excrecións.
 
== Usos ==
Os froitos do cancereixo empregáronse para a elaboración de [[marmelada]]s para combater o [[escorbuto]], grazas ao seu contido en vitamina C, tres veces maior co das [[Laranxa (froita)|laranxas]]. Asemade descubriuse no século XIX que contiñan o [[azucre]] [[sorbitol]], o que deu pé a súa obtención a partir de [[glicosa]] e a súa utilización na industria química para a fabricación de ácido ascórbico ([[vitamina C]]) ou coma humectante, [[estabilizante]] e [[adozante]] (E-420) en alimentos, [[cosmético]]s, produtos para [[Diabetes|diabéticos]] e [[goma de mascar]]. A partir da [[fermentación]] dos froitos prodúcese unha [[augardente]] que é a base do [[vodka]] dos países nórdicos.
 
A [[madeira]], de gran dureza serviu para a realización de pezas expostas a un forte rozamento coma puntas de [[muíño]]s ou [[Fuso (ferramenta)|fusos]]. Hai séculos, noutras zonas de Europa incluso chegou a substituír ao [[teixo]] na fabricación de [[Arco (arma)|arcos]].
 
Tamén se emprega en [[Xardín|xardinaría]]. Nalgúns países as follas eran empregadas para curtir. En Galicia e Asturias a madeira empregouse desde tempos ancestrais para protexerse dos feitizos das meigas.
Liña 40:
 
== Hábitat ==
Adoita aparecer illado nas [[carballeira]]s, [[Bidueiro|bidueirais]], [[Faia|faiaisfaia]]is ou formando parte das [[Fraga (botánica)|fragas]] autóctonas europeas. Asóciase cos [[acivro]]s e [[bidueiro]]s. Normalmente medra nas abas frescas das montañas. Ascende até os 2000 m, preferindo os solos húmidos e con pouco cal.
== Ecoloxía ==
É unha especie de importancia vital no mantemento das poboacións de animais en inverno ao serviren os seus froitos de alimento aos [[oso]]s, [[raposo]]s e outros animais, especialmente as aves coma os [[paporrubio]]s, os [[tordo]]s ou as [[pega]]s.
 
Tamén é empregado o cancereixo coma sustento das [[larva]]s dunha ampla gama de especies de [[lepidópteros]].
 
== Taxonomía ==
Liña 84:
== Bibliografía ==
# Cronquist, A. J., N. H. Holmgren & P. K. Holmgren. 1997. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A., subclass Rosidae (except Fabales). 3A: 1–446. In A. J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., New York.
# Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. &nbsp;In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, New York.
# Gleason, H. A. & A. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–lxxv, 1–910. New York Botanical Garden, Bronx.
# Hickman, J. C. 1993. Jepson Man.: Higher Pl. Calif. i–xvii, 1–1400. University of California Press, Berkeley.
# Hitchcock, C. L., A. Cronquist, M. Ownbey & J. W. Thompson. 1961. Saxifragaceae to Ericaceae. Part III. 614 pp. &nbsp;In Vasc. Pl. Pacific N.W.. University of Washington Press, Seattle.
# Hultén, E. 1968. Fl. Alaska i–xxi, 1–1008. Stanford University Press, Stanford.
# Moss, E. H. 1983. Fl. Alberta (ed. 2) i–xii, 1–687. University of Toronto Press, Toronto.