Corrente do Golfo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Liña 2:
[[Ficheiro:Circulacion termohalina.jpg|300px|miniatura|dereita|A circulación oceánica do Atlántico Norte, na que se insire a Corrente do Golfo, forma parte da [[circulación termohalina]] que afecta o conxunto das masas de auga oceánicas.]]
[[Ficheiro:Reine-3.jpg|300px|miniatura|As illas [[Lofoten]], en [[Noruega]], gozan de temperaturas moito máis altas das que lle correspondería pola súa latitude.]]
A '''Corrente do Golfo''' é unha [[corrente oceánica]] que despraza unha gran masa de auga quente procedente do [[Golfo de México]] e que se dirixe ó [[Atlántico]] Norte. A corrente chega a alcanzar os 100 metros de profundidade, e 1000  km de ancho en gran parte da súa longa traxectoria, o que dá unha idea aproximada da enorme cantidade de enerxía que transporta e das consecuencias tan beneficiosas da mesma. A súa velocidade é duns 1,8  m/s, aproximadamente e o seu caudal é duns 80 millóns de m³/s.
 
A circulación desta corrente asegura a [[Europa]] un [[clima]] cálido para a súa [[latitude]] e impide a excesiva aridez nas zonas atravesadas polos [[trópico]]s nas costas orientais de América (por exemplo, [[México]] e as Antillas).