Luzes de Galiza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}})
m Arranxos varios using AWB
Liña 13:
Ante este problema, a súa resposta é combater a situación directamente coa publicación de ''Luzes de Galiza''. Mais, a pesar de que A Coruña cobra un gran protagonismo nesta revista, non se trata dunha iniciativa [[localismo|localista]], senón que a partir desa cidade, unha das máis [[lingua castelá|castelanizadas]] de Galiza e na que primaba un maior descoñecemento da [[cultura galega]], extrapólase a estratexia de combate intelectual a toda a todo o país.
 
En canto ao carácter de ''Luzes'', trátase dunha publicación heteroxénea e aberta na que se tratan temas variados dentro do eido da cultura e do pensamento, sendo especialmente importantes o [[ensasio (literatura)|ensaio]], a [[fotografía]], a [[filosofía]], as artes plásticas, a [[arquitectura]], a literatura, a [[música]], o [[cine]] e o deseño. Por esta razón, ademais de con diversas xeracións de escritores e ensaístas, a revista contaba nas súas filas con fotógrafos como [[Xurxo Lobato]], [[Moncho Rama]], [[Chus García]], [[Xulio Correa]], [[Xan Piñón]], [[Luís Suárez Canal]], [[Xosé Abad]], [[Caruncho]], [[Delmi Álvarez]] e [[Vari Caramés]], así como con ilustradores como Luís Seoane, Alfonso Sucasas, Antón Patiño, Reimundo Patiño, Alfonso Costa, Xulio Maside, Din Matamoro, César Fernández Arias, Álvaro de la Vega, Antón Lamazares, Correa Corredoira, Xaquín Martín, Miguel Anxo Prado e Alerto Datas, encargados de converter a revista nun referente tamén artístico e gráfico. Destacan alén diso os frecuentes artigos literarios e a análises críticas da actualidade co obxectivo de renovar a prensa cultural galega desde dentro.
 
Na súa orixe é visible o espírito renovador e novo da revista, na que priman os traballos dos membros das xeracións máis novas de escritores e artistas por enriba das anteriores, de maior experiencia. O papel clave da xuventude en ''Luzes'' determina o carácter da publicación no inicio, marcadamente progresista, vangardista, cosmopolita e nacionalista. Nela introdúcense con frecuencia elementos da cultura europea e do mundo cultural luso, polo menos no seu comezo, tanto no caso de artigos como de entrevistas.
Liña 22:
Respecto á denominación da revista, esta xa nos ofrece información relevante sobre o carácter da publicación.
 
En primeiro lugar, enmarca a iniciativa nun determinado espazo xeográfico, Galiza. Cabe sinalar tamén que aparece “Galiza” en lugar de “Galicia”, o cal reflexa unha vontade de empregar a normativa reintegracionista en lugar da oficial. Non obstante, co paso do tempo, a maior parte dos colaboradores empregan nos seus escritos a normativa oficial, mais sen cambiar a grafía da revista, mostrando que ambas opcións son aceptadas, xa que o que prima é o contido.
 
En segundo lugar, “Luzes” reforza os ideais de renovación dos autores. Búscase iluminar unha tradición cultural e sobre todo literaria, a galega, que foi escurecida durante séculos pola castelá. Ademais, pode entenderse como unha referencia á Ilustración, en que todos os eidos do saber eran tratados como importantes e se cría na necesidade de crear enciclopedias nas que se recollese o saber humano global. Isto explicaría a diversidade de asuntos e temas que se tratan en ''Luzes de Galiza''. De novo estase a empregar a normativa reintegracionista (“Luzes” e non “Luces”).
Liña 31:
 
== Redactores e colaboradores ==
''Luzes de Galiza'' contou como redactores con [[Xavier Seoane]], [[Lino Braxe]], [[Antón Baamonde]], [[Miguel Anxo Mato Fondo]], [[Miguel-Anxo Murado]] e [[Xulio Valcárcel]], membros do equipo xa nos anos de fundación ou engadidos máis adiante.
 
En canto aos diversos colaboradores da revista ao longo dos anos, en ''Luzes de Galiza ''participaron varias xeracións de escritores e ensaístas, maioritariamente nados a partir dos anos cincuenta e identificados coa renovación cultural. Contaba con nomes como Xosé María Álvarez Cáccamo, Vicente Araguas, Alberto Avendaño, Carmen Blanco, Antón Capelán, Manuel Forcadela, Camilo Franco, Xesús González Gómez, Xosé M. Martínez Oca, Gonzalo Navaza, Antón Reixa, Claudio Rodríguez Fer, Xurxo Souto, Manuel Vilanova, Méndez Ferrín, Manuel María, Xosé Manuel Beiras etc.
 
== Etapas ==
Na evolución da produción da revista ''Luzes de Galiza'', distínguense dúas etapas: desde a súa creación no ano 1985 até o 1993, e desde este último ano até o 1997, ano da súa paralización. Deste xeito, malia non poder falarse dunha mudanza radical, si cómpre apuntar unha evolución notable a partir do número 24 da revista.
 
As principais diferenzas que introduce a segunda etapa son as seguintes:
Liña 63:
* “Palavra Común”. Encargábase de dar a coñecer en Galiza, a través de entrevistas, a escritores pertencentes ao intersistema literario afro-luso-brasileiro.
* “Polémica”. Promovía reflexións sobre a realidade (polo xeral sobre asuntos culturais) que puidesen dar lugar a debate, mais sen incluír polo xeral respostas ás cuestións formuladas.
* Outras seccións incluídas nalgúns dos números desta primeira etapa son ''“''Impaís”, “Arte” e “Arquitectura”.
 
Da segunda etapa cómpre destacar as seguintes, ordenadas do mesmo xeito que as anteriores: