Diferenzas entre revisións de «Coca-Cola»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
| persoas_clave =
| industria = [[Alimentación]]
| produtos = [[Coca-Cola]]
| beneficio =
| beneficio_operativo =
 
== Historia e características ==
O nome procede de ingredientes da súa composición inicial: a folla de [[Erythroxylum coca|coca]] e a [[noz de cola]]; a bebida era por entón vendida polo seu inventor, o doutor [[John Stith Pemberton]], como un remedio milagreiro (o envase era diferente do actual).
 
Os seus principais competidores actuais no mercado mundial son: [[Pepsi-Cola]] e [[Virgin Cola]], ambas as dúas tamén bebidas de cola. Fabrícanse outras colas sobre a base da receita [[OpenCola]], con [[licenza GPL]]. Hai tamén as ''altercolas''.
A fórmula da Coca-Cola é gardada en segredo, permanecendo desde a súa creación como un misterio cuidadosamente mantido. Só tres persoas poderían ter acceso á lista dos ingredientes que a forman e ás regras específicas da súa preparación. Porén, segundo William Reymond (autor de ''Coca-Cola, l'enquête interdite'', ''Coca-Cola, a enquisa prohibida'') pódese encontrar a receita en Internet e no seu libro.
 
En realidade, non é máis que un puro segredo de [[marketing]], pois os químicos hai xa tempo que analizaron con precisión a fórmula da Coca-Cola.
 
O seu particular sabor procede da mestura de [[azucre]] e de esencias de [[laranxa (froita)|laranxa]], [[limón]] e [[vainilla]]. Outros ingredientes, como o [[ácido fosfórico]], terían un papel menor no seu gusto. O azucre caramelizado é o responsábel da cor escura da bebida. Cada fabricante con licenza da marca recibe dende Estados Unidos o concentrado en grosos frascos, debéndose limitar a engadir a [[auga]] e o gas. A auga pode ter diferente gusto segundo rexións e países, polo que se empregan filtros pero o sabor da Coca-Cola pode variar segundo zonas.
393.002

edicións