Tenis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 22:
 
=== Pelotas ===
As pelotas de tenis están feitas de goma oca cun revestimento de feltro. Malia seren orixinalmente de cor branca, a cor predominante foi cambiando gradualmente ata un amarelo óptico<ref>En inglés, "''Optic Yellow''".</ref><ref name="The Ball">{{Cita web|url=http://tennis.about.com/od/tennisballfaq/f/faqballs011.htm|título=Tennis Ball FAQ - Color|editor=about.com|dataacceso=30-07-2008}}</ref> durante a última parte do século XX para permitir unha mellor visibilidade. A pelota debe ter un diámetro comprendido entre 6,350 e 6,668cm668&nbsp;cm e a súa masa pode variar desde os 56,7 ata os 58,5 gramos. Lanzada desde 254 centímetros de altura sobre unha base de formigón, unha pelota debe rebotar entre 134,62 e 147,32cm32&nbsp;cm<ref>[http://tennistik.free.fr/regles.php?p=balle Características técnicas das pelotas de tenis] {{Fr}}</ref>.
 
=== Vestimenta ===
Liña 32:
{{Artigo principal|Cancha de tenis}}
[[Ficheiro:Tennis court metric.svg|miniatura|Dimensións dunha pista de tenis.]]
A pista de xogo é un rectángulo de superficie chá, adoito de herba, arxila<ref>Tamén chamada de po de ladrillo ou terra batida.</ref>, cemento ou asfalto (pistas duras) ou moqueta para pistas en interior. A pista ten 23,77 [[metro]]s de longo e 8,23m de largo, para individuais, e 10,97m, para dobres<ref name=TCS>{{Cita web|url=http://www.sportsknowhow.com/tennis/dimensions/tennis-court-dimensions.html|editor=Sportsknowhow.com|título=Tennis court dimensions|dataacceso=29-05-2007}}</ref>. De todos os xeito, existe un espazo adicional en torno á cancha, necesario para que os xogadores poidan atinxir as pelotas que sobrepasan as liñas ao botaren. Como división equitativa dos campos de cada xogador, hai unha rede separadora do largo da pista e paralela ás liñas de fondo. Esta rede ten unha altura de 1,07m na zona dos postes que a suxeitan e 91,4cm4&nbsp;cm na parte central<ref name=TCS/>.
 
A cancha de tenis moderno debe o seu deseño a [[Walter Clopton Wingfield]] que, en 1873, patentou unha pista moi semellante á actual para o [[Stické|tenis stické]] (sphairistike), un deporte inventado por el. Este modelo foi modificado en 1875 ata o actual que existe hoxe, con marcas similares ás da versión de Wingfield, mais coa súa forma de [[reloxo de area]] convertida nun rectángulo<ref name="Tennis court history">{{Cita web|url=http://www.itftennis.com/technical/equipment/courts/history.asp|título=Tennis court history - Grass|editor=ITF|dataacceso=28-07-2008}}</ref>.
Liña 46:
 
== O tenis en Galicia ==
O [[tenis]] debeu entrar en [[Galicia]] a comezos do [[século XX]]. Existen unha [[fotografía]] dun grupo de mozas practicando tenis na [[A Guarda|Guarda]] en [[1909]], e neses anos é tamén cando se comezan a organizar as primeiras competicións entre as familias da [[burguesía]] de [[Vigo]] e da [[A Coruña|Coruña]]. En concreto, na cidade olívica un centro difusor do tenis foi a empresa [[Cable Inglés]], que cubría a liña de transporte marítimo con [[Gran Bretaña]]. Os nomes dos primeiros xogadores galegos, de feito, alternaban apelidos británicos con nomes ligados á industria da [[conserva]], como Antonio e Jacobo Conde, Ventura Lago, Juan e Mimí del Río, Joaquín Yáñez, Javier Sensat, Manuel e [[Antonio Cominges]], Guillermo de Oya ou Luis Pita. Nestes primeiros anos do século XX tamén se constrúen os primeiros campos de xogo, no [[Balneario da Toxa]], na propiedade do [[emigración galega|indiano]] [[Pontevedra|pontevedrés]] [[Casimiro Gómez]] en [[Monte Porreiro]], ou nunha propiedade da familia Del Río no centro de [[Vigo]]<ref name="A Nosa Terra">[http://www.anosaterra.org/nova/51955/cando-a-burguesia-galega-descubriu-o-tenis-.html Cando a burguesía galega descubriu o tenis], por [[Xosé Enrique Acuña]] ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'', 2/6/2011.{{ligazón morta}}</ref>.
 
En [[1921]] o [[Casino de Vigo]] inaugura o seu campo e alí xorde o primeiro trofeo estable de tenis en Galicia, a Copa de Vigo. Tamén dese ano data a constitución da primeira [[Federación Galega de Tenis]], que encabeza o rexistrador da propiedade vigués [[Desiderio Martínez]] e que estaba formada sobre todo por persoas de clase elevada de Vigo e da Coruña. Entre esa década e a seguinte comezaron a abrollar por toda a costa recintos onde xogar ao tenis, en especial en propiedades ou clubs da alta sociedade: Vigo, [[Redondela]], [[Poio]], [[Padrón]]... Ao pouco [[Julio Curbera]] releva a Desiderio Martínez e a Federación organiza os primeiros torneos de carácter internacional, con presenza tanto de británicos como de portugueses e de xogadores vidos do resto de España<ref name="A Nosa Terra" />.
Liña 55:
[[Ficheiro:Tennis pictogram.svg|150px|miniatura|Pictograma do tenis usado durante os [[Xogos Olímpicos]].]]
* O tenis é coñecido dentro do mundo deportivo como o ''"deporte branco"'', debido a que antes os xogadores vestíanse enteiramente desa [[cor]]. De feito, este costume séguese mantendo ata agora, no ''Grand Slam'' de '''[[Campionato de Wimbledon|Wimbledon]]'''.
* Para o tenis profesional necesítase unha gran forza, axilidade e reflexos: chegáronse a medir velocidades de servizo que alcanzaron os 250 &nbsp;km/h ([[Andy Roddick]], [[Copa Davis]] no ano [[2006]]).
* Foi deporte olímpico entre [[1896]] e [[1924]], deixando de ser deporte oficial ata o seu regreso en [[1988]] ([[Xogos Olímpicos]] de Seúl).