Diferenzas entre revisións de «Curuxa das xunqueiras»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Arranxos varios using AWB)
''Asio accipitrinus''
}}
A '''Curuxa das xunqueiras''' (''Asio flammeus'') e unha [[ave rapaz]] da familia das [[estrixiformes]] (''Strigidae'')
 
== Aspecto ==
A curuxa das xunqueiras e aproximadamente do tamaño do [[bufo pequeno]]: a lonxitude do seu corpo é de 35 a 40  cm. A característica que os diferenza máis claramente e tamaño dos penachos de plumas situados na cabeza que recordan unhas orellas. No caso da curuxa das xunqueiras, estas plumas son moita máis curtas que as do bufo pequeno, e non son visibles máis que cando a ave está excitada. Coma no caso dos outros [[bufos]], estas plumas non teñen ningunha función relacionada co oído, senón funcións fanéricas. Os ollos da curuxa das xunqueiras son amarelos co iris. A plumaxe desta especie en castaña escura manchada na parte superior, a parte inferior é de fondo máis pálido e con faixas escuras. As femias son en xeral de cores máis escuras cós machos.
As envergadura das alas da curuxa das xunqueiras é duns 105  cm. Os machos pesan uns 350 gramos, as femias uns 450.
 
[[Ficheiro:Sumpfohreule-Asio flammeus-World.png|miniatura|esquerda|250px|Distribución xeográfica da curuxa das xungueiras]]
=== Reprodución ===
 
A curuxa das xunqueiras fai o niño no cha en zonas abertas (prados, [[tundra]], sabana) agachados entre a herba, as veces, delimitados por unha pequena cantidade de herbas ou plumas. Habitualmente poñen entre 4 e 8 ovos, pero en anos de comida abundante as niñadas poden chegar os doce polos. Fan unha posta ó ano é os ovos son incubados de 21 a 37 días, case exclusivamente pola femia. Coma algunhas outras aves, utiliza a técnica de facerse pasar por ferida para afastar do niño ós predadores.
 
Maduran sexualmente cando teñen un ano. A estación reprodutora no hemisferio norte vai de marzo a xuño, sendo abril o mes de máis actividade. Durante esta época poden formar bandos. Os machos fan exhibicións de voo para atraer ás femias. Son, en xeral, monógamas.
387.388

edicións