Logroño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 49:
|sitio web = [http://www.logroño.org/ www.logroño.org]
}}
'''Logroño''' é unha cidade e [[concello]] do norte de [[España]], capital da [[comunidade autónoma]] e [[provincia]] da [[A Rioxa|Rioxa]]. Tamén é a súa cidade de maior poboación, concentrando case a metade do total da comunidade, así como o seu centro económico, cultural e de servizos.
 
Bañada polo [[río Ebro]], Logroño foi historicamente un lugar de paso e cruzamento de camiños, como o [[Camiño de Santiago]], e de fronteiras, disputada entre os antigos reinos da [[Península Ibérica]] durante a [[Idade Media]]. No último século, a cidade experimentou un [[crecemento demográfico]] lento pero significativo respecto das poboacións próximas, provocado principalmente polos movementos migratorios desde outras comarcas da rexión. Foi capital gastronómica española en [[2012]] e Cidade Europea do Deporte en [[2014]].
Liña 56:
A orixe deste topónimo é, como en moitas outras localidades, descoñecida. O nome ''Lucronio'' é nomeado por primeira vez nun documento de [[965]] polo cal [[García Sánchez I de Navarra|García Sánchez de Pamplona]] doa o lugar así denominado ao [[Mosteiro de San Millán de la Cogolla|Mosteiro de San Millán]]. No [[Foro de Logroño|foro]] de [[1095]] aparece baixo o nome de ''Logronio'', agás unha vez na que é denominado ''illo Gronio''. As teses máis aceptadas parecen indicar" que o nome é unha latinización tardía por prefixación do artigo ''lo/illo'' ao antigo topónimo ''Gronio''/''Gronno'',<ref>I. Rodríguez e R. de Lama, Colección diplomática medieval de La Rioja, vol. I, Logroño 1979, 272-293</ref> palabra de orixe celta que significa «o vao» ou «o paso». Crese que este nome era debido á frecuente utilización do lugar para atravesar o [[río Ebro]].
 
Outros historiadores propuxeron teorías alternativas, como unha posible derivación de ''Lucus Brun''/''Lucus Beronius'' ("Lugar sagrado no bosque berón").<ref>El gentilicio Beronés en el topónimo Logroño, Urbano Espinosa</ref >
 
== Xeografía ==
Liña 65:
=== Clima ===
[[Ficheiro:Clima Logroño (España).PNG|220px|thumb|right|Climograma de Logroño]]
A meteoroloxía da cidade vese suavizada pola súa localización no [[val do Ebro]], sendo as súas condicións meteorolóxicas típicas do denominado [[Clima mediterráneo|clima mediterráneo]] [[Clima continental|continental]]. A temperatura media anual é de 13,5&nbsp;°C. A temperatura pode roldar en inverno os -5&nbsp;°C; mentres que en verán os termómetros superan os 35&nbsp;°C. As precipitacións medias anuais son de 400 &nbsp;mm. Os ventos que afectan á cidade son os seguintes: dende o norte, o ''Cierzo''; do sur, o ''Abrego'': do leste, ''Solano''; e do oeste, o ''Castelán''. Os ventos intermedios son, do nordés, o ''Navarrico''; do Noroeste, ''Rosmón''; do sueste, o ''Burgalés''; e do sueste, o ''Soriano''.
 
== Historia ==
Liña 83:
=== Ferrocarril ===
[[Ficheiro:Logroño - Nueva Estacion Adif 19.jpg|250px|thumb|right|Fachada principal da nova [[Estación de Logroño|estación de ferrocarril]], en 2013.]]
Por Logroño pasa a liña que une [[Castejón, Navarra|Castejón]] ([[Navarra]]) con [[Bilbao]]. A estación, que estivo situada ata [[2008]] na Praza de Europa, foi derrubada para dar paso a unha nova [[estación intermodal]] soterrada e temporalmente habilitouse unha estación provisional. A nova [[estación de Logroño]] está situada na avenida de Colón e foi inaugurada parcialmente o [[18 de decembro]] de [[2011]]. Os traballos na estación culminarán co soterramento das vías na capital e a chegada do tren de [[Alta Velocidade Española|alta velocidade]].
 
Dende Logroño hai servizos rexionais a [[Zaragoza]] e [[Valladolid]], con paradas intermedias en [[Calahorra]], [[Haro]], [[Alfaro]], [[Tudela]], [[Castejón, Navarra|Castejón]], [[Miranda de Ebro]] ou [[Burgos]], entre outras. Tamén existen servizos de [[Longa distancia Renfe|longa distancia]] a [[Madrid]], [[Barcelona]], [[Bilbao]] ou [[Galicia]], entre outros.
 
=== Aeroporto ===
O [[Aeroporto de Logroño-Agoncillo]] foi inaugurado en [[2003]]. Está situado no municipio de [[Agoncillo]], 12 &nbsp;km ao leste da cidade. É un dos aeroportos con menor tráfico de España e actualmente só ten 6 conexións diarias con [[Aeroporto de Madrid-Barajas|Madrid-Barajas]].
=== Autobuses ===
A cidade, dende a Estación Municipal de Autobuses, está conectada coa maioría de puntos da península e tamén coa maioría de localidades da [[A Rioxa|Rioxa]] con autobuses interurbanos. Ademais, dispón de 11 liñas de autobuses urbanos diarios, e 3 máis ''búho'' ou nocturnos, que conectan lugares como La Grajera, Lardero, Villamediana de Iregua ou El Cortijo. O servizo está operado por AULOSA (Autobuses Logroño SA), filial urbana do Grupo Jiménez. Finalmente, dende 2010, Logroño conta cun servizo de autobuses metropolitanos que conectan coas poboacións próximas a capital, con servizos que teñen intervalos de paso entre 25 e 50 minutos.