Xesús Alonso Montero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 15:
 
== Traxectoria ==
Pasou a súa infancia e adolescencia en [[Ventosela, Ribadavia|Ventosela]] ([[Ribadavia]]), a terra dos seus pais. Pola súa idade pertence á xeración de escritores que comezaron o seu labor cultural após a [[Guerra Civil Española]]. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Madrid, e en [[1966]] doutorouse na [[Universidade de Salamanca]] cunha tese sobre [[Curros Enríquez]]. É militante do [[PCE|Partido Comunista]] desde [[1962]], represaliado en varias ocasións. Encabezou a candidatura do [[PCG]] pola [[provincia de Lugo]] nas [[Eleccións Xerais 1977 en España|primeiras eleccións democráticas]]. Foi Catedrático de Lingua e Literatura Españolas de Escolas de Maxisterio, exercendo en [[Palencia]], [[Lugo]] e [[Madrid]].
 
Destacou no campo da [[sociolingüística]] con libros como ''O porvir da lingua galega'' (1968), ''O que cómpre saber da lingua galega'' (1969) ou o polémico e contestado ''Informe -dramático- sobre la lengua gallega'' (1973), onde retoma as súas teses apocalípticas sobre o idioma galego sinalando mesmo unha data para a súa morte. Realizou e publicou estudos sobre escritores galegos como [[Rosalía de Castro]] (''Páxinas sobre Rosalía de Castro'', 1954-2004), [[Curros Enríquez]] (''Curros Enríquez no Franquismo'', 1936-1971), [[Leiras Pulpeiro]], [[Luís Pimentel]] (''Luís Pimentel: biografia da súa poesía''), [[Celso Emilio Ferreiro]] (''Celso Emilio Ferreiro''), [[Luís Seoane]] (''As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane''), [[Mendiño]], [[Neira Vilas]], [[Lorenzo Varela]], [[Vicente Risco]], [[Ramón Cabanillas]] ou [[Álvaro Cunqueiro]].
Liña 114:
* [https://sites.google.com/a/iesgarciabarros.org/literatura-galega-do-s/home/entrevistas-13-14/xesusalonsomontero Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros]
 
{{ORDENAR:Alonso Montero, Xesus}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Alonso Montero, Xesus}}
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]