Lingua lombarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 19:
| mapa = [[Ficheiro:Idioma lombardo.PNG|275px]]
}}
O '''lombardo''' é un conxunto de variedades faladas principalmente no norte de [[Italia]] (a maior parte de [[Lombardía]] e algunhas áreas das rexións veciñas) e en [[Suíza]] ([[cantón do Tesino]]). Os idiomas lombardos son [[linguas romances]] occidentais emparentadas co [[lingua francesa|francés]] e cos outros idiomas galo-itálicos ([[lingua piemontesa|piemontés]], [[Lingua emiliano-romañola|emiliano-romañolo]] etc.). Aínda que o italiano é normalmente usado como linguaxe [[escrita]] e formal nas áreas de fala lombarda, os idiomas lombardos son moi diferentes do italiano xa que pertencen a dúas ramas diferentes da árbore das linguas romances.
 
As dúas variedades lombardas principais, que presentan tractos de gramática e léxico e fonética bastante diferentes, son o Lombardo Occidental (que comprende o dialecto [[Milán|milanés]]) e o Lombardo Oriental (que comprende os dialectos [[Bérgamo|bergamasco]] e [[Brescia|brescianobrescia]]no). O uso dos idiomas lombardos está estigmatizado nas áreas politicamente pertencentes a Italia, mentres que non o é nas áreas suízas. Algúns programas de radio e televisión en idiomas lombardos emítense ocasionalmente pola cadea suíza de fala italiana. A maior institución de investigación de dialectos lombardos atópase en [[Bellinzona]], [[Suíza]] (''CDE - Centro dei dialettologia e dei etnografía'').
 
== Características principais ==
=== Ortografía ===
O lombardo nunca logrou unha unificación ortográfica. Os dous sistemas ortográficos máis utilizados son o ticinese (chamado tamén pro-alemán), posto que utiliza as vogais ''ö'' e ''ü'', aínda que ten a súa orixe nos cantóns suízos e hoxe é utilizado nas zonas lingüisticamente lombardas alto-italianas tanto ao leste como ao oeste do [[Adda]]) e o milanés clásico. Este último é o sistema con máis prestixio histórico (usábase xa no [[século XVI]]) e até a primeira metade do [[século XX]] foi adoptado, aínda que con pequenas diferenzas, en todas as zonas lombardófonas.
 
=== Fonoloxía e fonética ===
Liña 43:
=== Suíza ===
[[Ficheiro:LSI CDE.jpg|miniatura|dereita|O LSI, publicado en 2004]]
Nas zonas de Suíza, as variedades lingüísticas lombardas locais están en xeral mellor conservadas e teñen moita máis vitalidade que en Italia, xa que non hai sentimentos negativos asociados co uso da lingua na vida cotiá, aínda cando sexa para dirixirse a xente estraña. Mesmo hai algúns programas de radio e televisión en lombardo, en especial comedias, que son ocasionalmente transmitidos pola [http://www.rtsi.ch/prog/rtsi/welcome.cfm Compañía Suíza de Radiodifusión en Lingua Italiana]. Por outra banda, non é infrecuente que a xente da rúa responda en lombardo en entrevistas espontáneas, incluso algúns anuncios de televisión son retransmitidos en lombardo.
 
Cómpre destacar ademais que a maior institución de investigación sobre os dialectos lombardos está situada en [[Bellinzona]] ([[Cantón de Tesino]]), o ''CDE - Centro dei dialettologia e dei etnografía'', que ademais é unha institución gobernamental; porén non hai ningunha institución comparable en [[Italia]]. En decembro de [[2004]], o CDE lanzou o [http://www.ti.ch/decs/dc/cde/temi/lessico.asp?menu=11 LSI], un dicionario en cinco volumes que cobre tódalas variedades lombardas faladas en Suíza. Este é, até agora, o recurso máis completo publicado en lingua lombarda, xa que contén máis de 4.500 páxinas, con preto de 57.000 [[lexema]]s e máis de 190.000 variantes.