Diferenzas entre revisións de «Guerra civil rusa»

m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
 
Importante para o futuro da guerra foi a constitución do "Exercito de voluntarios" (''Dobrovoltsaia armia''), dirixida polo xeneral [[Kornilov]], que co seu intento de golpe de estado de xullo de 1917 fora decisivo para acelerar a toma do poder polos comunistas. Na época da campaña do Don eran só 4000 soldados pero sería o núcleo do futuro [[Exercito branco]] no sur de Rusia. Despois da derrota na rexión do Don, os voluntarios asentáronse na estepa o sur desa rexión. Alí morreu durante un combate de artillería o 10 de abril de 1918 Kornilov que foi substituído por [[Denikin]] que ía dirixir as forzas conservadoras do sur de Rusia durante o ano seguinte.
Despois de acabar coa sublevación do Don, o Exercito Vermello atacou tamén a zona cosaca do [[Kuban]] acadando a súa capital [[Iekaterinodar]] o 13 de marzo.
 
== Levantamentos das minorías nacionais ==
=== A [[operación Faustschlag]] ===
 
A administración Bolxevique estaba dividida sobre as futuras actuacións en relación cos [[poderes centrais]] e a continuación da guerra. Só unha pequena parte do partido con Lenín á cabeza estaba disposta a unha paz sen condicións. A maioría dos comunistas rexeitaban ceder os imperios alemán e austríaco máis territorios. O resultado foi que, durante as conversacións de paz, [[Lev Trotski]] manifestou que Rusia non aspiraba nin a paz nin a guerra con Alemaña e o [[Imperio Austrohúngaro]].
 
O mando alemán dirixido por [[Erich Ludendorff]] decidiu entón a continuación dos ataques para obrigar ós comunistas a asinar un tratado de paz. A operación Faustschlag supuxo un ataque combinado das tropas de Austria-Hungría e Alemaña ó longo de toda a fronte do Leste. A operación comezou o 18 de Febreiro de 1918 e en só tres días caeu [[Minsk]], o 24 de febreiro [[Xitomir]] e o 3 de marzo [[Kiev]]. Un día despois a delegación dirixida por Trotski aceptou a paz polo [[tatado de Brest-Litovsk]]. Lenín conseguira convencer ´p partido despois das derrotas militares. O pacto deulle a Alemaña o control de Ucraína, Crimea e parte de Bielorrusia e a Rusia do sur, ademais o avance das tropas dos imperios centrais continuou despois da sinatura do tratado.
Só un mes despois da supresión da primeira revolta dos cosacos do Don, empezou unha nova rebelión. O de 6 de maio foi conquistada polo [[Exército branco]] a capital dos cosacos do Don, Novocherkask. Á caída da cidade contribuíu a insatisfacción da poboación, cosaca e non cosaca, cos bolxeviques. As requisas de alimentos para ser enviados á desabastecida Petrograd provocaron conflitos coas autoridades bolxeviques agravados máis aínda polos métodos draconianos das unidades do Exercito Vermello (que seguían a formulación de Trotski de utilizar o [[Terror]] como método de dominar ós rebeldes) e que incluían toma de reféns e fusilamentos.
Outro factor externo colaborou na recuperación dos contrarrevolucionarios: o avance dos soldados alemáns polos territorios próximos obrigou a retirarse ás forzas soviéticas. Deste xeito a nova rebelión cosaca foi indirectamente favorecida polos seus antigos inimigos. As tropas alemás cortaron o ferrocarril na zona do Don, entorpecendo a chegada de novas tropas soviéticas. Ademais, as armas requisadas ó Exército Vermello foron entregadas ós rebeldes. Dese xeito o exercito comandado polo xeral [[Krasnov]] contaba en xuño con 40.000 homes armados. Krasnov aproveitou militarmente esta avantaxe. En agosto de 1918 o xeral Mamontov comezou un ataque de cabalería contra [Zaryzin].Foi a primeira acción masiva de cabalaria da guerra civil rusa e obrigou ó Exército Vermello a crear as súas propias unidades montadas. A cidade foi cercada polos brancos e batalla o redor dela durou ata outubro e a dura resistencia dos sitiados serviu para que os Verrmellos compararán a cidade con [[Verdún]] O papel de [[Iosif Stalin]] na loita foi glorificado na súa época de xefe de estado. A finais do ano os cosacos do Don conseguiran só pequenos avances fora da súa área orixinaria.
O bloqueo alemán da rexión do Kuban no Rusia do sur, que separou esta rexión e maila República Soviética do Cáucaso Norte da Rusia central, marcou tamén o inicio da revolta dos [[cosacos do Kuban]]. O comandante dos cosacos,[[Denikin]], formou un corpo duns 9.000 voluntarios, máis deles veteranos da primeira guerra mundial e dirixidos por oficiais de carreira. Fronte deles as forzas do goberno estaban constituídas por entre 80.000 e 100.000 soldados sen adestramento militar e dirixidos por un antigo suboficial do exercito tsarista. Esta situación permitiu os Brancos a conquista de [[Ekaterinodar]] o 18 de agosto de 1918.
 
=== O movemento Branco en Siberia ===
 
Baixo o mando do almirante Kolchak cristalizou unha ditadura militar en Siberia e na zona do [[Ural]] No inverno de 1918/19 estableceuse un goberno firma, favorecido polas preocupacións internacionais do goberno comunista, daquela xa asentado en Moscova. Os bolxeviques agardaban unha extensión internacional do movemento revolucionario, sentimento favorecido pola revolución de novembro de 1918 en Alemaña. Por outro lado Trotski consideraba que a situación dos frontes de guerra era a comezos de 1919 tranquila e con avantaxe para os comunistas.
Nese clima a ofensiva do Exército Branco do 4 de marzo de 1919 foi inicialmente un golpe duro para o poder soviético. O obxectivo do ataque era Ufa, nó central de comunicacións ferroviarias dos Urais. Foi levado a cabo por dous grupos de exército. O grupo do oeste, dirixido pola xeral Khanzin dirixiuse directamente a Ufa. O exercito siberiano comandado polo xeral checo Gajda estaba 200  km ó norte e debía atacar dende [[Perm]]. Conseguiu avanzar 300  km en territorio vermello, pero nunha área na que non había nin cidades importantes nin puntos de importancia estratéxica para o transporte. O pulo dos Brancos pillou por sorpresa ós dirixentes militares comunistas. O grupo oeste dos brancos conquistou Ufa o 28 de abril de 1919 e cortou o acceso ferroviario os Urais. Os defensores perderon uns 20.000 soldados, pero a situación estratéxica dos vencedores era complexa. Controlaban unha área de 300  km de longo e só 150 de ancho en territorio inimigo na que quedaban moi expostos e co exercito de Gajda moi afastado para axudarlles. O mesmo 28 de abril os Vermellos empezaron o contraataque, recuperaran Ufa e os Brancos perderan todo o territorio gañado.
 
A dirección bolxevique tomou por fin en serio a ameaza no seu fronte oriental e Lenín proclamou a necesidade de recuperar a zona do Ural antes do inverno para evitar o fracaso da Revolución.Os grupos do exercito vermello no leste foron reforzados, pasando de 84.000 a 360.000 homes a fins de maio de 1819 fronte ós 100.000 dos inimigos. A ofensiva vermella do verán de 1919 foi devastadora. O 1 de xullo caeu Perm provocando a retirada desordenada dos Brancos cara ó leste. Dúas semanas despois capturaron Ekaterinburg, o núcleo industrial máis importante dos Urais, o24 de xullo [[Cheliabinsk]] e s brancos foron expulsados [[montes Urais]].
==== A ofensiva de Iudenich ====
[[Ficheiro:Petrograd1919.JPG|dereita|Construción de barricadas en Petrograd durante a ofensiva branca de 1919]]
Coincidindo cos ataques do exercito de Denikin no sur un novo perigo para o goberno soviético apareceu no noroeste. Na fronteira con Estonia formaranse baixo protección alemá o ano 1918 unidades militares contrarrevolucionarias que foron rexeitadas cara á república báltica polos soviéticos durante a ]]Revolución Alemá de 1918]]. Os Brancos derrotados refuxiáronse en Estonia e en maio de 1919 6.000 homes dirixidos polo xeral [[Nikolai Iudenich]] cruzaron a fronteira e, en poucas semanas, ocuparon un territorio duns 18.000  km² centrado na cidade de [[Pskov]]. A finais de setembro atacaron en dirección a [[Petrograd]] e, o 21 de outubro estaban só a 30km30 km da antiga capital do rusa.
Os bolxeviques víronse forzados a retirar tropas da fronte do sur. En poucos días concentráronse en Petrograd máis de 70.000 soldados Vermellos. Os brancos contaban con 15.000 homes, moitos deles desertores do Exército Vermello, e recursos limitados. A falta dun programa político concreto non facilitaba a colaboración dos habitantes do territorio ocupado con Iudenich. En novembro os Brancos foran de novo rexeitados á fronteira con Estonia. O goberno desta república acolleu os fuxidos, que días despois foron, poren, desarmados e internados. En decembro Estonia firmou un tratado de alto o fogo cos bolxeviques.
 
==== A derrota de Denikin ====
 
En xullo de 1919 Denikin preparou a súa estratexia de ataque. O seu exercito, dividido en tres grupos debía envolver Moscova e tomar a capital bolxevique. O golpe final debía dalo o Exército dos Voluntarios dirixido por [[Vladimir Mai-Maievski]]. Este corpo de elite dos Brancos conseguiran grandes éxitos no outono, conquistando Kursk. O 14 de outubro tomaron Oriol e estaban só a 400  km o sur de [[Moscova]]. As tropas brancas en Ucraína conseguiran tamén expulsar ós soviéticos. Do lado Vermello xa desde setembro estaba a prepararse unha unidade de choque formada por cosacos leais os comunistas, cabalería e o grupo de [[fusileiros letóns]]. Esa unidade recuperou axiña [[Oriol]] e a decisión do xeral [[Semion Budionny]] de atacar coa súa cabalería cara ó oeste, e non ás tropas brancas do Cáucaso como lle fora ordenado, permitiu os Vermellos tomar a cidade ferroviaria estratéxica de [[Voronesh]], e corta-las comunicacións entre os Exército de Voluntarios e o resto das forzas brancas. Denikin perdeu a iniciativa e non puido evitar a retirada das súas desmoralizadas tropas. O 13 de decembro os Vermellos retomaron Kiev e en xaneiro recuperaran xa toda a conca do Don. [[Rostov]], a capital cosaca caeu o 7 de xaneiro, os Brancos fuxiron e 37.000 soldados do seu exército, entre eles Denikin, foron evacuados de Novorossisk en Crimea por barcos ingleses. Os 60.000 que quedaron en terra foron feitos prisioneiros. Denikin, que perdeu toda a súa ascendencia por causa da derrota abandonou Rusia en abril e morreu en 1947 nos Estados Unidos. A ofensiva de Denikin foi a ameaza máis importante para os bolxeviques en toda a guerra, e coa súa fin desapareceron as posibilidades dos contrarrevolucionarios de retomar o corazón de Rusia.
 
As causas da Derrota de Denikin son, coma no caso de Kolchak, tanto militares como políticas e sociais. O seu exercito loitaba nunha fronte de 1.000 quilómetros contra forzas superiores en número. Nunca tivo máis de 99.000 soldados á súa disposición, diante dos 150.000 vermellos, ós que se sumaban 677.000 máis na reserva. Pero o seu fracaso principal foi supor que ía encontrar o apoio xeral da poboación. O alzamento anticomunista que agardaba provocar co seu ataque non se produciu. Os agricultores non recibiron ben as tropas Brancas que, faltas de medios, foron autorizadas a requisar as colleitas, alimentos e outras propiedades. A medida acabou en saqueos. O xeral [[Wrangel]] queixouse por carta a Denikin de que os Brancos non se diferenciaban nos seus métodos de requisa dos Vermellos. O cura militar [[Georgi Schawelski]] expresou sobre o comportamento do Exército de Voluntarios: “Roubo, especulación, descaro e desvergonza apodrenta o espírito do exercito. Un exercito que saquea non é un exercito: é unha banda”.
En xeral os erros de Denikin son semellantes os de Kolchak e outros dirixentes Brancos. Nin iniciou reformas, nin propuxo un programa político detallado. En oposición os bolxeviques, non foi quen de formular unha visión global que permitira ó seu movemento acadar unha base nacional amplía. Para territorios que chegou a controlar, habitados por 42 millóns de persoas no momento de máxima expansión, pensou só nunha ditadura militar transitoria sen preparar un plan de futuro. As capas ilustradas acabaron por afastarse dos militares Brancos, que non estiveron en condicións de establecer un aparato político e administrativo eficaz, entre outras cousas pola falta de colaboración da “intelixencia”. A falta de organización agravou os problemas de abastecemento e facilitou o incremento dos saqueos.
 
== 1920. O último reduto Branco en Crimea ==
Despois das derrotas no Don e en Siberia o último reduto das tropas anticomunistas era a península de Crimea. Alí o xeral Wrangel formou un exercito de 37.000 soldados (o Exército Ruso) con tropas evacuadas de [[Novosibirsk]]. A [[Guerra Polaco-soviética]] favorecía a situación de Vrangel na península e permitiulle agrupar soldados ata abril de 1921. No mes de xuño dese ano comezou unha ofensiva cara ó norte. A forza defensiva soviética na zona cedeu e, a finais de mes, un corpo da cabalería vermella foi eliminado case por completo. Cando o 13 exercito comunista reaccionou, as tropas de Vrangel chegaran xa o río [[Dniepr]]. O contraataque bolxevique consistiu en establecerse preto do istmo da península para illar no posible os Brancos das bases en Crimea. Aínda así estes puideron tomar Mariopol e Alexandrov, á beira do [[mar de Azov]]. Vrangel era, porén, consciente de que a súa situación era inestable. O seu ataque en dirección a rexión cosaca de Kuban fracasou e un intento en outubro de cruza-lo Dniepr para manter a iniciativa militar usando os soldados sobreviventes do Exercito dos Voluntarios tampouco tivo éxito.
O 12 de outubro Polonia firmou o armisticio coa Unión Soviética que permitiu a esta dispor de tropas novas para contrarrestar a Vrangel. Comandados por Mikhail Frunse os Vermellos empuxaron ó inimigo, que perdeu 20.000 soldados nos combates. Wrangel tiña xa preparada a evacuación e, por medio da antiga flota tsarista do [[mar Negro]] consegue sacar de Crimea antes do 16 de novembro 146.000 persoas, máis deles civís, que foron levadas a [[Turquía]]. Moitos dos que non puideron ser evacuados caeron vítima da represión que seguiu a vitoria Vermella.
No curto período do seu comando Wrangel foi politicamente máis activo cá Kolchak ou Denikin. Levou a cabo unha reforma do chan en Crimea, que incluía expropiacións. Intentou alianzas con tódolos partidos, incluídos os anarquistas de [[Nestor Makhno]] para formar unha fronte común contra os comunistas. Sen renunciar a ditadura militar, tentou atraer á intelixencia do territorio que ocupaba. Esta política permitíronlle dispoñer dunha retagarda segura, da que careceran outros comandantes Brancos.
 
Os combates desprazáronse daquela a zonas periféricas, sobre todo ó extremo leste, onde a loita polo control total de Siberia non acabou ata 1922, cando os xaponeses retiraron en outubro as súas tropas da rexión do [[Amur]], que tiveran intención de anexionarse. As rexións de Kamchatlka e o norte da illa de [[Sakhalin]] estiveron en mans nipoas ata o tratado de 1925 coa Unión Soviética.
 
== Outros contendentes na guerra ==
{{Revolución Rusa de 1917}}
{{Historia de Rusia}}
 
[[Categoría:Historia de Rusia]]
[[Categoría:Guerras]]
393.002

edicións