Azor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 25:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Accipiter gentilis, Naumann 1899.jpg|miniatura|Azor]]
O azor é unha [[aves|ave]] de tamaño mediano-grande, a lonxitude do corpo vai de 46 a 63  cm., e a envergadura alar de 89 a 122. O peso vai dos 0,52  kg dos machos máis pequenos aos 2,2  kg das femias máis grandes. O macho é sempre máis pequeno cá femia. As ás son relativamente curtas, anchas e arredondadas nas puntas; a cauda relativamente longa, trazos estes característicos da dos membros da familia dos ''Accipitridae'', que viven en xeral nos bosques, e que non permiten unha grande velocidade de voo, mais si a capacidade de manobrar en espazos reducidos.
 
Os azores adultos son na parte superior de cor gris [[lousa]] marronosa e brancos con bandas castañas escuras por abaixo. Os exemplares novos son de cor acastañada, e na parte inferior de [[cor]] amarela clara, amarela, beige, laranxa ou asalmoada con manchas ou bandas.
Liña 54:
* ''A. g. atricapillus'': distribuído na maior parte de Norteamérica. A súa parte superior e gris azulada, coa cabeza moi contrastada. Algúns individuos teñen a parte inferior finamente pintada e pencada e iris vermello carmín. O status exacto desta subespecie e das dúas variedades seguintes é discutido.
* ''A. g. laingi'': illas de [[Vancouver]] e [[Queen-Charlotte]] diante da costa da provincia canadense da [[Columbia Británica]] ; máis escuro cá ''A. g. atricapillus''
* ''A. g. apache'': Zona fronteiriza entre os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[México]]; máis claro có ''A. g. Atricapillus''.
 
Seguindo a [[Regra de Bergmann'schen]] O tamaño e peso do azor aumentan de suroeste a nordeste.
Liña 63:
A presa é suxeitada coas gadoupas e morta coas unllas fortes dos segundo e terceiro dedos. As fortes gadoupas en tarsos permítenlle ó azor a captura de presas relativamente grandes e fortes.
 
As presas do azor son case exclusivamente aves e mamíferos pequenos e medianos. No sur da súa distribución capturan regularmente tamén [[réptil]]es. Moi raramente capturan [[anfibio]]s, [[peixe]]s e [[invertebrado]]s. O peso das presas vai de 5 g a 3,5  kg. O espectro en Europa vai de paxariños a [[ganso]]s e de [[rato]]s a [[coello]]s. Chegan a cazar mesmo outras aves de presa de pequeno e mediano tamaño. As súas preferencias concéntranse, non obstante, en presas non superiores ó quilo de peso: pombas, tordos, córvidos, pero tamén esquíos ou pequenos coellos en zonas nas que abunden.
 
== Conduta territorial ==
O azor é monógamo e estrictamente territorial. Marca o seu territorio co seu chiar característico e con voos de demostración. Os posibles rivais son ameazados primeiro con berros antes de proceder a unha aproximación. O contacto corporal directo ten lugar moi raramente, posiblemente polo perigo mutuo que poden supor as fortes gadoupas e pes dos azores.
 
O tamaño do territorio de caza depende do sexo, da idade, do status (con ou sen parella), da época do ano e do alimento dispoñible. En [[Hamburgo]] os machos ocupan na época de celo unha media de 8,6  km², en [[Schleswig-Holstein]] 13-55 13–55 km², en [[Arizona]] 18  km² e en [[Alasca]] 39,8  km². Fora desta época as cifras varían: [[Schleswig-Holstein]] 5-64 5–64 km², os machos e 16-59 16–59 km² as femias. En [[Suecia]] central os machos ocupan en inverno unha área duns 51  km² de media (18-80 18–80 km²), e as femias 62  km² (32-92 32–92 km²). No norte de [[Finlandia]] no inverno os machos adultos ocupan de media 88  km² (79 a 97  km²), os machos novos 110  km² (50-170 50–170 km²), as femias adultas 69  km² (48-94 48–94 km²), e as novas 67  km² (31-103 31–103 km²). O tamaño da area de caza aumenta nas zonas mais ó norte pola grande redución do número de presas potenciais.
 
== Reprodución ==
[[Ficheiro:Acc nest.jpg|miniatura|220px|Crías de azor.]]
Os azores constrúen niños voluminosos exclusivamente nas árbores, en xeral en exemplares duns 60 anos. Dentro de bosques grandes prefire árbores de follaxe mesta e pechada. Escolle os exemplares dominantes da zona, de preferencia se están cerca dun camiño ou carreiro. Os niños poden servir, de maneira rotatoria, para varias temporadas. Na época do inicio do celo comezan a construír o niño con poliñas verdes.
 
Fan unha posta de 2 a 4 (ás veces 5) ovos ó ano. Os ovos son lisos de cor verde a azul pálido. Os polos tardan entre 37 e 39 días en saíren do ovo. En comparanza con outras aves de presa, os polos non son agresivos entre si e as mortes por loitas no niño son raras. Empezan a voar entre os 40 e 45 días, e deixan de tres a seis semanas despois o territorio de caza dos pais, non desprazándose en xeral a máis de 30  km do lugar de nacemento.
 
== Evolución das poboacións ==
Liña 83:
* O azor, no pau, e o falcón, na mau.
* Perdiz moi azorada, está medio asada.
* Xoan mengana e muller de azor, váiselle o tempo en andar derredor.
 
== Notas ==