Ría de Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+sección notas
m →‎Historia: Arranxos varios using AWB
Liña 55:
== Historia ==
[[Ficheiro:Ría de Ferrol dende Mugardos.jpg|300px|miniatura|esquerda|A ría de Ferrol vista desde [[Mugardos]].]]
Existen referencias históricas de asentamentos romanos, normandos e da [[Baixa Idade Media]], todos eles vencellados ao comercio e as actividades navais, militares e pesqueiras que decaen a partir da [[Alta Idade Media]].
 
Durante a dinastía dos Austrias utilizouse a ría como base non permanente das Armadas, o que supuxo a construción das primeiras fortificacións. A chegada dos [[Casa de Borbón en España|Borbóns]] á Coroa de España trouxo trocos substanciais na política naval decidindo emprazar na ría ferrolá o ''Arsenal del Norte'', por ser un porto natural e idóneo desde o punto de vista táctico e defensivo.
 
[[Ficheiro:Coruña Bay, Ferrol Bay, Spain WDL135.png|miniatura|esquerda|Mapa da ría de Ferrol e da Coruña de 1589.]]
O porto da ría de Ferrol ata ben entrado o [[século XIX]] tivo un carácter totalmente castrense, con escasas referencias ó pequeno peirao situado no barrio de Ferrol Vello. Un novo porto, desvencellado da actividade militar, estaba condicionado pola situación do ''Arsenal'' e o recinto amurallado defensivo da praza. Elixiuse o emprazamento anexo ó ''Arsenal'' cara ó oeste, sendo os primeiros estudos de [[1856]], a partir dos cales se realizou un pequeno dique do que arrancaba un espigón de 200 metros, construíndose o Peirao Sur e unha pequena dársena.
 
O [[24 de agosto]] de [[1910]] creouse, por Real Decreto, a Xunta de Obras do Porto de Ferrol e a partir do ano seguinte procedeuse a ampliar a infraestrutura existente realizándose as obras de dragado e ampliación da dársena co Peirao de Curuxeiras e o adiantamento dos Cantís. No ano [[1918]] redactouse un anteproxecto que fixaba as liñas a seguir en futuras ampliacións, actuacións que se desenvolveron en [[1944]], cun importante salto cuantitativo, creando o Peirao de Ribeira (hoxe, Fenández Ladreda), que non se rematou ata [[1960]], apoiándose no Peirao Sur anterior e establecendo os accesos ferroviarios ó Porto e ó ''Arsenal''.