Robert Louis Stevenson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 17:
 
=== A illa do tesouro ===
Pero o verán escocés non é como o estadounidense, e axiña cae outra vez gravemente enfermo. Garda cama en [[Braemar]] dende principios de agosto, e por enredar, debuxa para o seu fillastro Lloyd o mapa dunha illa cun tesouro. Chámalle ''[[A illa do tesouro]]'' e comeza a crear a partir del unha historia de aventuras que lle relata e escenifica ao neno. Pero axiña é seu pai quen cae fascinado pola historia, e logo seus amigos, que acoden ás lecturas nocturnas dos textos que el escribe ao longo do día. Escribiu os que serían os primeiros quince capítulos d'''A illa do tesouro'' en quince días, pero aí acabóuselle a inspiración. Vende a historia para a publicación por entregas na revista infantil ''Young Folks'', que debía comezar en outubro, pero non é capaz de rematar o libro. O outono recrúa, témenlle pola vida, e deciden marchar a [[Davos]], o sanatorio [[Suíza|suízo]]. Hospédanse no hotel [[Am Sein]], onde Stevenson se entrega ao réxime de coidados dos médicos e a escribir. En catorce días volve escribir catorce capítulos, e remata a peza.
 
Rematada a que sería a súa primeira obra e a que máis sona lle deu, Stevenson leuna, enviouna a Londres e o 22 de novembro de [[1881]] recibiu un pagamento de 30 [[Libra esterlina|libras]] por ela.
Liña 24:
 
=== Os mares do Sur ===
Logo da morte de seu pai en [[1887]], Stevenson séntese libre abondo como para seguir o consello do médico e buscar un completo troco de clima. Coa nai e co resto da familia marchan para [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]], pero nada máis chegar a [[Nova York]] muda de plans e van pasar o inverno ao [[Lago Saranac]], nas [[Adirondacks]]. Durante ese inverno escribe algúns dos seus mellores traballos, como ''[[Pulvis et Umbra]]'', e comeza ''[[O señor de Ballantrae]]''. Pero a cabeza férvelle por viaxar, e anda a pensar nunha posíbel viaxe polo sur do [[Océano Pacífico]].
 
En xuño de 1888, fleta o [[iate]] ''Equator'' e bota a navegar coa súa familia dende San Francisco. Durante tres anos percorre algunhas illas do Pacífico Sur, facendo reportaxes para xornais estadounidenses que, se ben lle dan algo de diñeiro, non resultan da satisfacción de ninguén. Visita o arquipélago de [[Hawaii]] e coñece o seu rei [[Kalākaua|David Kalākaua]], co que desenvolve unha grande amizade. Tamén amiga coa súa sobriña, a princesa [[Kaʻiulani|Victoria Kaʻiulani]]. Para nas [[Illas Gilbert]], nas [[Illas Marquesas|Marquesas]] e en [[Tahití]]. Durante este tempo remata ''O señor de Ballantrae'' e escribe ''[[O xenio da botella]]''. E cando xa ía trazando plans de regresar a Europa, e especialmente a [[Escocia]], o [[7 de decembro]] de [[1889]] dexergan [[Upolu]], a illa principal do [[arquipélago]] de [[Samoa]], e horas despois instálanse en [[Apia]] coa intención de pasar unicamente uns días. Nunca máis marcharía de alí.
 
As razóns de por que permaneceu en Samoa non están claras. O clima, húmido e chuvioso, non era dende logo o máis indicado para un [[tuberculose|tuberculoso]], aínda que el opinase o contrario<ref>''"O clima próugome tanto que decidín ficar na illa. Incluso merquei 120 ou 160 hectáreas de terra: non saberei qué extensión ten ata que as medicións rematen"''. R.L. Stevenson, ''Cartas'', volume 6.</ref>. O escritor alemán [[Alex Capus]] formula a hipótese de que Stevenson quedou na illa porque o convenceron de que nunha illa próxima podía estar soterrado o tesouro que inspirou a súa primeira e gran novela<ref>Alex Capus, ''A outra illa'', (Reisen im Licht der Sterne''), Múnic, 2005.</ref>. En xaneiro de [[1890]] Stevenson mércalle unha leira de 126 hectáreas, situada a 5 kms ao sur de Apia a un ferreiro escocés cego. Válelle 4.000 [[Dólar estadounidense|dólares]]. Non ten máis cartos.
 
A leira chamouse ''Vailima'', que Stevenson e moitos outros detrás interpretou como ''cinco ríos''; porén, o seu verdadeiro significado fai referencia a ''auga entre as mans'', en alusión a unha lenda tradicional samoana. Axiña se converteu Stevenson nunha auténtica referencia para Samoa, e no seu líder intelectual e quizais tamén político. As súas experiencias aconsellando e exercendo autoridade moral sobre a poboación local recolleunas en ''[[Unha nota a pé da Historia]]''. Non deixou de escribir en Vailima, onde produciu ''[[A praia de Falesa]]'', ''[[As aventuras de David Balfour]]'', e ''[[Cando baixa a marea]]'', ademais das ''[[Cartas dende Vailima]]''. Pero durante eses anos o que máis fai é sufrir da saúde: a tuberculose avanza fortemente grazas á humidade, e ten continuas hemorraxias. O [[3 de decembro]] de [[1894]], mentres traballaba n'''[[A presa de Hermiston]]'', falece supetamente, con toda probabilidade como consecuencia dun [[infarto cerebral]].
 
A poboación samoana traballa duramente para prepararlle o enterro a unha persoa á que admiraban con forza: pasan a noite rozando no monte un camiño para poder subir o cadáver de Stevenson dende a leira de Vailima ata o cumio do [[monte Vaea]], onde repousan aínda hoxe os seus restos, nunha cova de [[lava]] e [[Coral (animal)|coral]]. Os xefes samoanos prohibiron que nunca máis se disparasen [[arma de fogo|armas de fogo]] nas proximidades do monte Vaea.
Liña 96:
{{Listaref}}
 
{{ORDENAR:Stevenson, Robert Louis}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Stevenson, Robert Louis}}
[[Categoría:Escritores en lingua inglesa]]
[[Categoría:Escritores de Escocia]]