Metadona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Biodisponibilidade +Biodispoñibilidade); cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 35:
|}
A '''metadona''' é unha [[droga]] [[opioide]] sintética descuberta en [[Alemaña]] durante os anos corenta. Na actualidade comercializase mundialmente en forma de comprimidos. Na súa curta historia mudou de [[fármaco]] indesexable a fármaco providencial grazas ás políticas gobernamentais e o apoio dos terapeutas e compañías farmacéuticas que a producen.
A metadona é un analxésico opiáceo de orixe sintética similar á [[morfina]]. O seu uso actual está dirixido principalmente ao tratamento da dependencia provocada pola [[Heroína (droga)|heroína]].<ref name = "Moreno"> Moreno Brea, M.R.; Rojas Corrales,M.O.; Gibert-Rahola,J.; Mico J.A. Interacciones de metadona con fármacos antiinfecciosos y sustancias de abuso. Páx.66,67. Ano 2000 Revista Adicciones, Volume 12- Número Supl. 1. Dispoñible en http://www.zheta.com/user3/adicciones/files/mico.pdf</ref>
 
== Características ==
A metadona preséntase en forma de po branco cristalino, inodoro, solúbel en auga e facilmente solúbel en [[alcohol]] e [[cloroformo]], sendo practicamente insolúbel en [[éter]] e [[glicerol]].
Pode verse alterado polo efecto da luz. <ref name = "Real"> Real Farmacopea Española. 3ªEdición 2005 (Madrid). Páx. 2162.</ref> <ref name = "Información"> Información de Medicamentos. Tomo I.Páx. 136-137</ref>
 
== Mecanismo de acción ==
Esta substancia é un [[agonista opioide]] puro, de orixe sintética. Presenta [[isomería]] óptica, e a responsábel da actividade analxésica é a forma L. Ten afinidade e marcada actividade sobre os receptores opiáceos do [[sistema nervioso central]], principalmente polos receptores mu, producindo unha inhibición das vías ascendentes nociceptivas, alterando a percepción e a resposta á dor e producindo unha depresión xeral do [[sistema nervioso central]]. <ref name="Moreno"/> <ref name = "Vademecum"> Vademecum Internacional 46 edición 2005 Medicom. Pax. 587,588</ref>
 
== Efectos ==
Liña 49:
Tamén pode producir alteracións dermatolóxicas como prurito, urticaria, dermatite de contacto; e de forma xeral, dependencia física e psicolóxica e en último termo, a morte.
 
Algúns destes efectos pódense aliviar se o paciente adopta a postura de decúbito.
 
Destacar que tras o uso continuado aparece [[tolerancia]], aínda que a velocidade con que isto ocorre non é homoxénea. <ref name = "Yolanda"> Yolanda Alvarez, Magí Farré. Farmacología de los opioides. Páx.:37. 2005 Revista Adicciones, Volume 17- Número Supl. 2 Opiaceos. Dispoñible en: http://www.adicciones.es/files/Farre.pdf</ref> <ref name = "Luis"> Luís Marruecos, Santiago Nogué, Joan Nolla.Toxicología Clínica. Ed. Springer-Verlag Ibérica S.A Barcelona 1993. Páx. 162, 163</ref>
 
== Farmacocinética ==
Liña 57:
Absórbese moi ben por vía oral, vía subcutánea e muscular. Presenta unha elevada unión a proteínas plasmáticas e ten unha vida media superior a 24 horas. Metabolízase no fígado (CYP450), podendo producirse metabolitos activos que, tras administracións repetidas, acumúlanse no organismo facendo que o efecto sexa máis prolongado co da morfina.
En canto á eliminación, prodúcese principalmente polos riles e a súa velocidade aumenta coa acidificación dos ouriños.
Hai que ter en conta que este fármaco atravesa a [[barreira hematoencefálica]] e tamén que se excreta no [[leite materno]]. <ref name="Moreno"/><ref name = "Información"/><ref name = "Mary"> Mary Jeanne Kreek, M.D., Lisa Borg, M.D., Elizabeth Ducat, N.P., and Brenda Ray, N.P.Pharmacotherapy in the Treatment of Addiction: Methadone Laboratory of the Biology of Addictive Diseases, The Rockefeller University. J Addict Dis. 2010 April ; 29(2): 200–216. Páx.4-5</ref> <ref name = "Toxicología"> Toxicología Clínica y drogodependencias: Metadona. Eva Arribas Arbiol, Fernando Bandrés Moya.Ed. Además comunicación gráfica S.L 2009 ( Serie Ciencias Biomédicas) Páx.24, 29-33</ref> <ref name = "Información"/>
 
== Usos terapéuticos ==
O uso máis coñecido e popular da metadona é no tratamento do [[síndrome de abstinencia]] aguda que provocan as sustancias opioides, empregándose especialmente para a [[Heroína (droga)|heroína]] como substituto da mesma. Isto faise dentro dun programa de mantemento baixo supervisión médica.
 
Tamén se emprega como analxésico no caso de dores intensas cando nestas non sexa adecuado o uso de [[analxésicos]] menores coma a morfina. <ref name = "Vademecum"/> <ref>Farmacología Smith/Reynard Ed. Medica panamericana. Capítulo 18, páx. 247,248</ref>
 
=== Dosificación ===
* Para o tratamento da dor a cantidade empregada é de 5 a 10 &nbsp;mg/dose, segundo a intensidade.
* No tratamento substitutivo de mantemento da dependencia a opiáceos comézase cunha dose de 20-40mg20–40&nbsp;mg/día, aumentándoa gradualmente até conseguir unha dose de 60-100 60–100&nbsp;mg/día. Non se deben superar os 120 &nbsp;mg/día.
 
No momento de suspender o tratamento, hai que ter en conta que ten que facerse de xeito gradual, diminuíndo a dose en 5 ou 10 &nbsp;mg. <ref name = "MaryVademecum"/> <ref name = "VademecumMary"/>
 
=== Contraindicacións ===
En persoas con hipersensibilidade á metadona ou a outros compostos da formulación. En casos de depresión respiratoria, asma aguda ou hipercapnia. Non debe empregarse tampouco en nenos porque son moi sensibles aos depresores respiratorios, nin como analxésico en obstetricia. <ref name="Moreno"/> <ref name = "Información"/>
 
=== Precaucións ===
Liña 79:
En tratamentos prolongados, ao diminuír o fluxo salivar, contribúe á formación de caries e candidiase oral.
 
O uso prolongado da metadona pode producir [[dependencia]] e [[tolerancia]]. <ref name = "VademecumInformación"/> <ref name = "InformaciónVademecum"/>
 
=== Interaccións ===
IMAOs, antagonistas opiáceos ([[Naloxona]] e Naltrexona), analxésicos opiáceos, [[alcohol]] e fármacos depresores do [[sistema nervioso central]], fármacos que modifican o pH urinario, Rifampicina e Fenitoína e outros indutores de enzimas hepáticos, Fluoxetina e outros fármacos serotoninérxicos, Cimetidina. <ref name = "ToxicologíaYolanda"/> <ref name = "YolandaToxicología"/>
 
== Sobredose ==
Unha sobredose con metadona pode darse cando se toma a mesma de xeito accidental ou intencionadamente nunha dose superior á recomendada para o seu uso terapéutico. Pero tamén pode producirse cando unha persoa consume este medicamento asociado a certos analxésicos opioides como son a oxicodona, a [[morfina]] ou a hidrocodona.
 
Entre os síntomas que se dan nunha intoxicación por metadona están: miose, estrinximento intenso, náuseas e vómitos, espasmos estomacais ou intestinais, hipotensión arterial, pulso débil, depresión respiratoria, que pode orixinar un paro respiratorio, mareos, debilidade, desorientación, somnolencia… Pode chegar a producirse un estado de coma. Uñas e labios azulados, pel fría e húmida. <ref>http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/002679.htm</ref>
 
Segundo a gravidade da intoxicación, poden distinguirse dous estados: intoxicación leve ou moderada e intoxicación grave. No caso desta última pode chegar a producirse a morte, a cal se da por tres tipos de efectos:
Liña 97:
Non pode afirmarse con rotundidade cal é a dose mortal da metadona, posto que inflúen múltiples factores: por unha parte, a metadona sofre fenómenos de redistribución debido á elevada distribución por compoñentes tisulares que fan que a capacidade de correlacionar con precisión as concentracións de metadona en [[sangue]] e a cantidade total da mesma presente no organismo estea limitada. Por outra banda, a interacción farmacocinética e farmacodinámica con outras drogas, constitúe tamén unha traba á hora de establecer con precisión o posible efecto dunha determinada concentración da metadona no organismo.
 
Sen embargo, a maioría dos autores cren que unha concentración no sangue superior a 0.75 &nbsp;mg/L poden ser mortais para calquera persoa, habituada ou non ao consumo de opiáceos. No caso de non ser consumidor habitual de opiáceos, crese que unha concentración entre 0.22mg22&nbsp;mg/L e 0.43mg43&nbsp;mg/L xa pode ser mortal. <ref name = "P.M."> P.M. Garamendi, L.J. Segura-Abad, M. López-Alcaraz y J. Rodríguez. Características de la intoxicación por metadona: a propósito de un caso de homicidio. Cuadernos de Medicina Forense n.56 Sevilla abr. 2009. Dispoñible en: http://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S113576062009000200002&lng=es&nrm=iso&tlng=es
</ref>
 
Liña 105:
Ademais, debe administrarse un [[antídoto]], neste caso un antagonista opiáceo, coma a naloxona ou a nalorfina, por vía intravenosa ou intramuscular. O máis empregado é a naloxona, coa cal se conseguen reverter todos os síntomas da intoxicación. Debe terse en conta que a duración de acción da naloxona é moito máis corta ca da metadona, deberá administrarse en doses repetidas cando menos durante 6 ou 12 horas. Con todo, cabe destacar que non debe administrarse ningún antagonista opiáceo se non se dan signos de depresión respiratoria ou cardiovascular.
 
Tamén poden empregarse outras medidas de soporte vital e tratamento sintomático: osixenoterapia, vasopresores, fluídos intravenosos etc. <ref name = "Luis"/> <ref name = "P.M."/>
 
== Lexislación ==
Segundo a lei actual (Real Decreto 75/1990), os programas de mantemento con metadona deben facerse nos centros ou servizos sanitarios públicos ou privados sen ánimo de lucro. Ditos centros teñen que ser acreditados polos órganos competentes da Administración Sanitaria da Comunidade Autónoma á que pertenzan ou polos órganos competentes do [http://www.msps.es/ Ministerio de Sanidade e Consumo]. Tamén poden ser acreditados servizos en Centros Penitenciarios ou noutros estamentos de carácter non estritamente sanitario. Neste Real Decreto tamén se indica que a elaboración, conservación, administración e dispensación da metadona realizarase polos servizos farmacéuticos dos centros acreditados ou, no seu defecto, polos órganos competentes do Ministerio de Sanidade e Consumo ou polas oficinas de farmacia acreditadas. Os medicamentos empregados serán prescritos, formulados, dispensados e administrados nunha solución oral extemporánea. <ref>http://www.boe.es/boe/dias/1990/01/23/pdfs/A02101-02103.pdf (Real Decreto 75/1990, 19 de enero)</ref>
 
== Notas ==