Fiódor Dostoievski: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Portal|Rusia}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 42:
 
== Traxectoria ==
Dostoievski naceu en [[Moscova]] nunha familia orixinaria de [[Bielorrusia]]. Foi o segundo de sete irmáns. O pai, Mikhail Andreievich, era un cirurxián militar retirado que traballaba coma doutor no Hospital Mariinski para pobres en Moscova. O hospital estaba situado nunha das areas máis pobres da cidade, na que se achaban un cemiterio para criminais, un manicomio e un orfanato. Esta paisaxe urbana marcou fondamente a Dostoievski. Malia a prohibición dos seus pais, o futuro escritor gustaba de pasar moitas horas cos pacientes do hospital, escoitando as súas historias. A nai, María Fiodorovna (de solteira Maria Nechaeva) procedía dunha familia de comerciantes.
 
Dostoievski comenzou a sufrir ataques epilépticos á idade de sete anos. En [[1837]], despois da morte da nai por [[tuberculose]], (Dostoievski tiña 15 anos) o pai enviou a Fiódor e o seu irmán maior Mikhail (tamén futuro escritor) a [[San Petersburgo]], como pensionistas de K. F. Komarov. O ano [[1837]], sería fundamental para o futuro do escritor. Foi o ano da morte de [[Pushkin]], que era lectura desde a infancia dos dous irmáns máis vellos da familia, e o ano no que entrou na academia de enxeñaría militar.
 
O pai de Dostoievski morreu no ano [[1837]], segundo algunhas versións asasinado polos seus propios servos, que durante unha das habituais e violentas borracheiras do amo aproveitaron para afogalo. Outras versións indican que a morte foi por causas naturais, e que a historia da morte violenta foi inventada por un veciño para comprar a baixo custo as propiedades dos Dostoievski. A figura do pai dominante marcaría o traballo do escritor, servindo posiblemente de base á personaxe de Fiódor Pavlovich Karamazov, o pai dos tres principais protagonistas da novela ''Os irmáns Karamazov''.
 
Dostoievski deixou a academia militar co grao de tenente e, un ano despois, en [[1843]], publicou unha tradución de novela de [[Honoré de Balzac]] ''[[Eugénie Grandet]]''. En [[1844]] aparece a súa primeira novela ''Biédnie Liudi'' (''Pobres xentes'') e o escritor acada unha popularidade case inmediata. A reacción á súa segunda novela ''Dvoinik'' (''O dobre''), estudo psicolóxico dun burócrata, foi, porén, negativa.
 
[[Ficheiro:Dostoevsky.jpg|200px|dereita]]
Liña 54:
O [[23 de abril]] de [[1849]] foi arrestado acusado de formar parte do grupo liberal coñecido como [[Círculo Petrashevski]]. Os temores de [[Nicolás I]] de que os movementos revolucionarios europeos de [[1848]] se espallasen polo [[Imperio Ruso]] provocaron a represión de tódalas organizacións que mostrasen calquera tipo de oposición á monarquía. En [[novembro]] o escritor e outros membros do Círculo foron condenados a morte e, despois dun simulacro de execución, o escritor foi enviado cunha condena a traballos forzados a [[Omsk]] en [[Siberia]].
 
Foi liberado da cadea despois de catro anos e destinado no sétimo batallón do rexemento siberiano no que permaneceu cinco anos servindo na fortaleza de Semipalatinsk, no actual Kazakhstan, primeiro como soldado e despois como tenente. Alí comezou un romance con María Dmitrievna, muller dun antigo funcionario caído no alcoholismo. En [[1857]] despois da morte do home da súa amante, Dostoievski e a viúva de 33 anos casaron. O período de reclusión e servizo militar foi un punto de inflexión na vida do escritor, que se transformou nun home profundamente relixioso, desilusionouse das ideas occidentais e virou cara o pensamento e valores rusos tradicionais. Dostoievski converteuse nun crítico feroz dos movementos [[socialismo|socialistas]] e nihilistas que mesmo dedicou en parte os libros ''Os endiañados'' e os ''Diarios dun escritor'' a criticar as ideas socialistas. Máis tarde, fixo amizade co estadista conservador [[Konstantin Pobedonostsev]].
 
En [[1859]] os Dostoievski deixan [[Semipalatinsk]] e, en [[1860]] o escritor e a súa muller volven a [[San Petersburgo]]. No período entre [[1860]] e [[1866]] editou, sen éxito, xunto co seu irmán as publicacións literarias ''Vremya'' (Tempo) e ''Epokha'' (Época) (esta última foi clausurada polas súas informacións sobre a [[Revolta polaca]] de [[1863]]) e escribiu ''Zapiski iz mertvogo doma'' (''Lembranzas da casa dos mortos''), ''Unizhennye i oskorblennye'' (''Humillados e ofendidos''), ''Zimnie zametki o letnykh vpechatlienyx'' (''Notas de inverno sobre impresións de verán'') e ''Zápiski iz podpolia'' (''Apuntamentos do subsolo'').
Liña 60:
A morte da súa muller en [[1864]], seguida pouco despois pola do seu irmán, tiveron un efecto devastador sobre Dostoievski. Cheo de débedas causadas polas súas empresas editoras fracasadas e a necesidade de manter ós seus propios fillos, ó fillo do primeiro matrimonio da súa muller e á muller e os fillos do irmán falecido, o escritor caeu nunha fonda depresión.
 
A situación económica era agravada pola ludopatía do escritor, acentuada nunha viaxe ó estranxeiro coa súa amiga [[Apolinaria Suslova]]. Unhas das súas obras máis coñecidas, ''Prestuplenie i nakazanie'' (''Crime e castigo'') escribiuna ó apuro para conseguir un adianto dos seus editores. Tomou como axudante para a transcrición das súas obras á estenografista de vinte anos, [[Anna Grigorevna Snitkina]], coa que casou en [[1867]]. Pouco despois da voda comezou a ditarlle a novela ''Igrok'' (''O xogador''), que se veu obrigado a escribir perante a ameaza de perde-los dereitos das súas obras por incumprimento de contrato. Coa cantidade, bastante elevada, cobrada por ''Crime e castigo'' marchou de novo, acompañado da súa axudante, ó estranxeiro para escapar dos seus acredores. O diñeiro que levaban foi axiña dilapidado nos casinos. Despois desta viaxe Anna Snitkina tomou as responsabilidades económicas do escritor e desde [[1871]], este abandonou o xogo.
 
 
O período que continua é considerado o máis frutífero do autor: entre [[1873]] a [[1881]] edita o ''Diario dun escritor'', publicación mensual de relatos curtos, apuntamentos, e artigos nos que reflexiona e polemiza sobre os acontecementos da época. A revista tivo un éxito enorme. En [[1875]] publicase ''Podróstok'' (''O adolescente''), en [[1876]] ''Krotkaia'' (''A rapaza dócil'') e entre [[1879]] e [[1880]] ''Bratia Karamázovi'' (''Os irmáns Karamazov'').
En [[1877]] leu un controvertido discurso no funeral do seu amigo o poeta [[Nekrasov]]. En [[1878]] foi invitado polo emperador [[Alexandre II de Rusia|Alexandre II]] para ser presentado á familia imperial. En [[1880]], pouco antes morrer, deu un famoso discurso sobre Pushkin na inauguración dun monumento dedicado ó poeta.
 
Morreu dun enfisema agravado, segundo a súa filla Liubov, por unha discusión sobre propiedades coa irmá do escritor. Foi enterrado no Cemiterio do mosteiro Alexander Nevsky de [[San Petersburgo]].
Liña 83 ⟶ 82:
 
Nun libro de entrevistas con [[Arthur Power]] (''Conversas con [[James Joyce]]''), James Joyce eloxiaba a influencia de Dostoievski.
:''"el é o home que, máis ca ningún outro, creou a prosa moderna, e a intensificou ata ó extremo actual. Foi o seu poder explosivo o que fixo anacos a novela vitoriana, coas súas mulleriñas afectadas e os seus lugares comúns: libros sen imaxinación nin violencia"''.
 
No seu [[Ensaio (literatura)|ensaio]] ''"O punto de vista ruso"'', [[Virginia Woolf]] afirmou:
Liña 119 ⟶ 118:
* [http://www.fedordostoievsky.com/ Páxina web en varios idiomas con biografía, cronoloxía, influencia, traballos, frases, imaxes e análise do seu nome.]
 
{{ORDENAR:Dostoievski, Fiodor}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Dostoievski, Fiodor}}
[[Categoría:Escritores en lingua rusa]]
[[Categoría:Escritores de Rusia]]