Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB
}}
 
'''Carlos IV de Borbón''', nado no Palacio Real de [[Portici]] ([[Reino de Nápoles]]) o [[11 de novembro]] de [[1748]] e finado en [[Roma]] ([[Estados Pontificios]]) o [[20 de xaneiro]] de [[1819]], foi [[rei de España]] desde o [[14 de decembro]] de [[1788]] até o [[19 de marzo]] de [[1808]] cando, como consecuencia do [[golpe de Estado]] que pasou á historia como o [[motín de Aranjuez]], abdicou en favor do seu fillo [[Fernando VII|Fernando]], [[príncipe de Asturias]].
 
Era fillo e sucesor de [[Carlos III de España|Carlos III]] e da súa esposa [[María Amalia de Saxonia]].
 
== Acceso ao trono ==
Sucedeu ao seu pai, [[Carlos III de España|Carlos III]], ao morrer este o [[14 de decembro]] de [[1788]].
 
Accedeu ao trono cunha ampla experiencia nos asuntos de Estado, aínda que o seu reinado foi desastroso, porque se viu superado pola repercusión dos sucesos acaecidos en [[Francia]] en [[1789]] e tamén pola súa falta de enerxía persoal, que fixo que deixara o goberno en mans da súa esposa [[María Luísa de Parma]] e do seu [[valido]], [[Manuel Godoy]], de quen se dicía que era amante da raíña. Porén, hoxe en día esas afirmacións foron desmentidas por varios historiadores.<ref>Parra (2002).</ref> <ref>Rúspoli (2004).</ref>
[[Ficheiro:Anton_Raphael_Mengs,_Prince_of_Asturias,_Future_Charles_IV_of_Spain_(са_1765)_-_02.jpg|miniatura|esquerda|150px|Carlos IV, mozo.]]
 
Estes acontecementos frustraron as expectativas coas que iniciou o seu reinado. Á morte de Carlos III, o empeoramento da economía e a desorde da administración revelaban os límites do reformismo, mentres que a [[Revolución francesa]] poñóa enriba da mesa unha alternativa ao [[Antigo Réxime]].
 
Pode dicirse, por tanto, que coa morte de Carlos III rematou a historia do [[Ilustración|reformismo ilustrado]] en España, pois o estalido case inmediato da Revolución francesa ao ano seguinte provocou unha reacción de terror que converteu o reinado do seu fillo e sucesor, Carlos IV, nun período moito máis conservador.
 
Ao final do reinado deste último, a invasión francesa arrastraría ao país a un ciclo de revolución e reacción que marcaría todo o [[século XIX]], sen deixar espazo para continuar un reformismo sereo como o que desenvolvera Carlos III.<ref name=BV>{{cita web|autor=Biografias y Vidas|título=Carlos III de España|url=http://www.biografiasyvidas.com/biografia/c/carlos_iii.htm|dataacceso=24 de xuño de 2004}}</ref>
 
== Reinado ==
As primeiras decisións de Carlos IV mostraron uns propósitos reformistas. Confirmou no seu posto (por consello do seu pai) como primeiro Secretario de Estado e de Despacho a Xosé Moñino e Redondo, [[conde de Floridablanca]], un ilustrado que iniciou a súa xestión con medidas como a condonación do atraso das contribucións, a limitación do prezo do pan, a restrición da acumulación de bens das [[mans mortas]], a supresión de [[vinculeiro]]s e [[morgado]]s e o impulso do desenvlvemento económico. O propio monarca tomou a iniciativa de derrogar a [[ley Sálica]] imposta polo seu antecesor [[Filipe V de España|Filipe V]], medida ratificada polas Cortes de [[1789]], pero que non se chegou a promulgar (esta falta da promulgación foi un dos motivos alegados polos tradicionalistas que emporenderon, á morte de [[Fernando VII]], as [[Guerras Carlistas|guerras carlistas]]).
 
O estalido da [[Revolución francesa]] en [[1789]] cambiou radicalmente a política española. Conforme ían chegando as noticias de Francia, o nerviosismo da Corona crece e acaba por pechar as Cortes que, controladas por Floridablanca, se reuniran para recoñecer ao príncipe de Asturias.
 
O illamento parece ser a receita para evitar a propagación das ideas revolucionarias a España. Floridablanca, ante a gravidade dos feitos deixou en suspenso os [[Pactos de Familia]], establecieu controus na fronteira para impedir a expansión revolucionaria e efectuo unha forte presión diplomática en apoio a [[Luís XVI de Francia|Luís XVI]].
 
Tamén puxo fin aos proxectos reformistas do reinado anterior e substituínos polo conservadorismo e a represión (fundamentalmente a cargo da [[Inquisición española|Inquisición]], que detivo a [[Francisco Cabarrús|Cabarrús]], desterrou a [[Jovellanos]] e despoxou dos seus cargos a [[Pedro Rodríguez de Campomanes|Campomanes]]).
 
=== Goberno do conde de Aranda ===
En [[1792]], [[Conde de Floridablanca|Floridablanca]] foi substituído polo [[conde de Aranda]], amigo de [[Voltaire]] e doutros revolucionarios franceses. O Rei encoméndalle a tarefa de salvarlle-la vida ao rei [[Luis XVI de Francia|Luis XVI]] tra-lo fracaso da [[fuga de Varennes]] e a aceptación da [[Constitución francesa de 1791]].
 
Porén, a radicalización revolucionaria a partir de 1792 e a saída do trono de [[Luis XVI de Francia|Luis XVI]] coa proclamación da [[Primeira República Francesa]] provocou a caída do [[conde de Aranda]] e a chegada ao poder de [[Manuel Godoy]] o [[15 de novembro]] de 1792.
=== Primeiro goberno de Manuel Godoy ===
[[Ficheiro:Manuel de Godoy, por Antonio Carnicero (Real Academia de Bellas Artes de San Fernando).jpg|miniatura|230px|Godoy en [[1790]]. Retratado por [[Francisco Bayeu]]<br>[[Academia de San Fernando]], [[Madrid]].]]
[[Ficheiro:Manuel_Godoy_Spain.jpg|miniatura|230px|Manuel Godoy como ''"Príncipe da Paz"''. [[Francisco de Goya]], [[1801]].<br>[[Real Academia de San Fernando]], [[Madrid]].]][[Manuel Godoy]] era un guardia de corps que ascendeu rapidamente na Corte grazas á amizade e confianza que lle otuorgaron os reis. En poucos anos pasou de ser un [[fidalgo]] a converterse en duque de Alcudia e de Sueca, capitán xeneral e, desde finais de [[1792]], en «ministro universal» de Carlos IV, cun enorme poder.
 
De pensamento ilustrado impulsou medidas reformistas como as disposicións para favorecer a ensinanza das [[ciencia aplicada|ciencias aplicadas]], a protección das [[Sociedades Económicas de Amigos do País]] e a chamada [[desamortización de Godoy]] de bens pertencentes a hospitais, casas de misericordia e hospicios rexentados por comunidades relixiosas.
 
Pero a [[Revolución francesa]] condicionou a súa actuación na política española. As sías primeiras medidas encamiñáronse a salvar a vida de [[Luís XVI de Francia|Luís XVI]], procesado e condenado a morte. Pese aos esforzos de todas as Cortes europeas, o monarca francés foi guillotinado en xaneiro de [[1793]], o que xeralizou unha guerra das potencias europeas contra a [[Primeira República francesa|Francia revolucionaria]] coñecida como a [[guerra da Convención]], na que España participou e foi derrotada pola Francia republicana, froito do desastroso abastecemento, a pésima preparación do exército e a escasa moral da tropa fronte aos enardecidos ''[[sans culottes]]'' franceses.
 
Un exército de 25.000 hombres{{cómpre referencia}} dirixido polo [[Antonio Ricardos|xeneral Ricardos]] entrou no [[Rosellón]] e logrou algúns éxitos (como a toma de [[Perpiñán]]). Pero a partir de [[1794]] as tropas españolas víronse forzadas á retirada. Os franceses, pola sñúa parte, ocuparon [[Figueres]], [[Irún]], [[Donostia|San Sebastián]], [[Bilbao]], [[Vitoria]] e [[Miranda de Ebro]].
[[Manuel Godoy|Godoy]] suscribiu entón con Francia a [[Paz de Basilea]], en [[1795]]. A República francesa devolveu a España as prazas ocupadas, a cambio do territorio español da illa [[A Española]] —colonia de [[República Dominicana|Santo Domingo]]—. En agradecemento, o rei Carlos IV concedeulle a Godoy o título de '''príncipe da Paz'''.
 
En [[1796]], concluída a fase máis radical da Revolución, Godoy asinou o [[Tratado de San Ildefonso (1796)|Tratado de San Ildefonso]], polo que España se converteu en aliada de Francia. Este cambio de postura buscaba o enfrontamiento con [[Gran Bretaña]], principal adversario da Francia revolucionaria e tradicional inimiga de España, coa que disputaba a hexemonía marítima e, concretamente, o comercio con [[América]].
 
La escuadra española sufriu unha severa derrota fronte ao [[cabo de San Vicente]] en [[1797]], pero [[Cádiz]] e [[Santa Cruz de Tenerife]] resistiron os ataques do almirante [[Horatio Nelson|Nelson]]. En América, os británicos ocuparon a [[illa Trinidad]], e sufriron unha derrota en [[Puerto Rico]]. Isto provocou a caída de Godoy, en maio de [[1798]].
 
=== Crise final ===
Con tal sucesión de guerras agravpise até o extremo a crise da [[facenda]], e os ministros de Carlos IV mostráronse incapaces de solucionala; entre outras cousas, porque o temor á revolución lles impedía introducir as necesarias reformas, que lesionarían os intereses dos estamentos privilexiados, alterando a orde tradicional.<ref name=BV1>{{cita web|autor=Biografías y Vidas|título=Carlos IV de España|url=http://www.biografiasyvidas.com/biografia/c/carlos_iv.htm|dataacceso=24 de xuño de 2014}}</ref>
 
A presenza de soldados franceses en territorio español (moitos máis dos permitidos polo tratado de Fontainebleau, e que, ademais, en lugar de ir cara a Portugal ocuparan numerosas prazas) aumentou a oposición cara a [[Manuel Godoy|Godoy]], enfrontado cos sectores máis tradicionais pola súa política reformista e entreguista cara a Bonaparte.
En marzo de [[1808]], ante a evidencia da ocupación francesa, Godoy aconsellou aos reis que, imitando á Familia Real portuguesa, abadoaran España. Pero produciuse o [[Motín de Aranjuez]], levantamento popular (instigado, unha vez máis, polo príncipe Fernando e a súa ''camariliia'') en contra dos reis, aproveitando a súa presenza no Palacio Real de Aranjuez. Godoy fue apresado polos amotinados. Carlos IV, ante o cariz dos acontecementos, abdicou no seu fillo Fernando, que se convertía así en [[Fernando VI]].
 
[[Napoleón Bonaparte|Napoleón]], receoso ante o cambio de monarca, e vendo o comportamento e debilidade da Famlia Real, convocou a toos os seus membros a un encontro na localidade francesa de [[Baiona, Francia|Baiona]].
 
[[Fernando VII de España|Fernando VII]], baixo a presión do emperador e dos seus paies, devolveu a Corona a Carlos IV o día [[6 de maio]], sen saber que a víspera Carlos IV pactara a cesión dos seus dereitos en favor de Napoleón quen, finalmente, designou como novo rei de España ao seu irmán [[Xosé I de España|Xosé]].
== Mecenado ==
[[Ficheiro:PalacioReal Stradivarius1.jpg|miniatura|170px|Un dos violíns do ''[[Stradivarius Palatinos|Quinteto palatino]]''.]]
Carlos interesouse desde a súa xuventude pola [[arte]].
 
[[Violín|Violinista]] afeizoado, en [[1775]] comprou para a Corte o quinteto de instrumentos Stradivarius conservado no [[Palacio Real de Madrid]] (os chamados ''[[Stradivarius Palatinos]]'') rodeándose dun grupo de notábeis músicos dirixido polo violinista e compositor [[Gaetano Brunetti]].
 
Tamén se interesou pola [[pintura]], encargando obras a [[Luis Meléndez]], [[Claude Joseph Vernet]] e [[Luis Paret]], e nomeando a [[Francisco de Goya]] pintor de cámara en [[1789]].
 
== Matrimonio e fillos ==
Carlos IV contraeu matrimonio en [[1765]] coa súa prima [[María Luísa de Parma|María Luísa de Borbón-Parma]] (era filla de [[Filipe I de Parma|Filipe I, duque de Parma]], fillo de [[Filipe V de España|Filipe V]]).
 
Tiveron 14 fillos das vinte e catro veces que María Luísa estivo embarazada, pero só sete chegaron á idade adulta:
[[Ficheiro:La familia de Carlos IV.jpg|miniatura|300px|''[[La familia de Carlos IV|A Familia de Carlos IV]]'', por [[Francisco de Goya]]<br>[[Museo del Prado]] ([[Madrid]]).]]
[[Ficheiro:Don Francisco de Paula of Bourbon, Infante of Spain (1794-1865) by Vicente Lopez y Portaña.jpg|miniatura|300px|[[Francisco de Paula de Borbón|O infante Francisco de Paula]], fillo máis pequeno de Carlos IV. Retrato por [[Vicente López Portaña|Vicente López]].]]
 
* '''Carlos Clemente Antonio''' ([[19 de setembro]] de [[1771]] - [[7 de marzo]] de [[1774]]).
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
381.175

edicións