Antonio Canova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Iniciouse moi novo aínda no aprendizado, e desenvolveuno exclusivamente na cidade de Venecia, distante uns 80  km do seu lugar natal, Possagno. Foi na cidade dos canais, onde Canova realizou as súas primeiras obras. Nese primeiro período ficou fascinado polo grande escultor do [[século XVII|XVII]]: [[Gian Lorenzo Bernini]], indiscutíbel mestre do estilo [[barroco]].
 
Foi, especialmente, o cantor da beleza ideal feminina, pero sen afectacións: basta lembrar a tal propósito a obras inspiradas nas [[Tres Gracias]] e a [[Hebe (mitoloxía)|Hebe]], no Museo de [[Forlí]], ou ben algunha das súas obras como [[Venus saíndo do baño]], a [[Venus Itálica]] ou a estatua dedicada a [[Paulina Borghese]]. A súa arte e o seu xenio tiveran influencia decisiva na escultura da época.
Liña 20:
[[Ficheiro:Le tre Grazie.jpg|dereita|miniatura|175px||As tres Grazas]]
No [[1779]], decide partir para [[Roma]], saíndo o [[9 de outubro]] dese ano.
Alí, estuda a estatuaria antiga e frecuenta a escola de [[nudez na arte|nus]] da Academia de Francia e dos Museos Capitolinos, e puido encontrar e coñecer os maiores protagonistas da arte neoclásica e facer propia a teoría artística, da “nobile semplicità” e “quieta grandezza” de [[Johann Joachim Winckelmann|Winckelmann]].
 
En Roma vivíu no [[Palazzo Venezia]], como hóspede do embaixador veneciano [[Girolamo Zulian]], un apaixonado da arte e grande [[mecenado|mecenas]] de artistas, particularmente dos vénetos, desde o [[arquitecto]] [[Giannantonio Selva]], a [[Francesco Piranesi]], desde o [[pintor]] [[Pier Antonio Novelli]] e [[Giacomo Quarenghi]], aos gravadores [[Raffaello Morghen]] e [[Giovanni Volpato]].
 
Zulian propicioulle as primeiras encomendas e, persoalmente, pediulle as estatuas de ''[[Teseo e o Minotauro]]'' (1781) e a ''[[Psiche (Canova)|Psiche]]'' (1793), que mostraron como o artista se empeña en crear formas nas que se encarna o ideal neoclásico de beleza, eliminando torsións, vestimentas e todos aqueles elementos excesivos típicos do [[Barroco|barroquismo]], obtendo unha forma pura, capaz de transmitir sentimentos e acción, mais en “quieta grandezza”.
 
Durante a estancia romana coñece a filla do gravador Giovanni Volpato, chamada [[Domenica Volpato]], iniciando amizade con ela.
Liña 43:
Un dos retratos que fixo para a familia imperial, e un dos máis famosos e belos, é o que representa a [[Paolina Bonaparte]], irmá de Napoleón, seminú, estricada nun [[triclinio]] romano, cunha [[mazá]] na man, como [[alegoría]] de "[[Venus (deusa)|Venus]] vencedora" (en relación co [[Xuízo de París]]).
 
Nesta representación séntese tamén a influencia dunha iconografía cara a [[Tiziano]], pois, na mente de Canova, estaba o desexo de representar a tentación da beleza feminina como orixe do pecado.
 
No entanto a súa fama medraba aínda máis, en Italia e no exterior dela, aumentando considerabelmente os encargos desde toda Europa.
Liña 59:
O sepulcro que custodia os seus despoxos está en Possagno, o seu lugar natal, na [[Treviso|provincia de Treviso]], onde el mesmo, tres anos antes de morrer, en xullo do [[1819]], proxectou e fixo edificar as expensas ''Il Tempio'' (O Templo), pondo persoalmente a primeira pedra.
 
Este edificio maxestoso, dedicado á [[Santa Trindade]], é unha [[igrexa (arquitectura)|igrexa]] [[Parroquia eclesiástica|parroquial]], que non sería rematada ata dez anos despois da súa morte. Neste ''Tempio'', en [[1832]], por vontade do seu medio-irmán, foron trasladados os restos do grande artista desde a antiga igrexa parroquial.
 
O seu corazón consérvase nun [[cenotafio]], que lle dedicaron os seus discípulos, na nave da esquerda de [[Santa Maria Gloriosa dei Frari]], en Venecia.
Liña 85:
== Notas ==
{{listaref}}
 
{{ORDENAR:Canova, Antonio}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Canova, Antonio}}
[[Categoría:Neoclasicismo]]
[[Categoría:Escultores de Italia]]