Placozoos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-movimento +movemento)
m Arranxos varios using AWB
Liña 23:
Os '''placozoos''' (''Placozoa'') son un pequeno [[filo]] descrito polo zoólogo alemán [[Franz Eilhard Schulze]] ([[1840]] - [[1921]]) a partir de pequenos [[animais]] planos e reptantes encontrados nun acuario mariño do Instituto de Zoología de [[Graz]] ([[Austria]]), aos que interpretou como novos animais relacionados coa teoría da [[plánula]].
 
O filo está representado unicamente pola especie ''[[Trichoplax adhaerens]]'', animal mariño de forma globosa cunha cavidade corporal chea de líquido a presión, xa que a outra especie citada, ''[[Treptoplax reptans]]'', describiuse en [[1896]] e non se volveu ver desde entón.
 
''Trichoplax adhaerens'' posibelmente sexa o animal de estrutura máis simple existente no noso planeta. Vive en augas mariñas e presenta o aspecto dunha torta minúscula composta por multitude de células. Trepa ás rochas e devora calquera [[alga]] que viva sobre elas. Aínda que é un organismo algo máis complexo que os [[protozoos]], non posúe ningún órgano especializado.
 
Ao principio pensouse que se trataba da [[larva]] dalgún animal, pero na actualidade moitos autores pensan que estaría próximo aos [[cnidarios]] e aos [[ctenóforos]].
Liña 35:
En [[1971]] o protozoólogo [[Grell]] atopou o ''T. adhaerens'' libre na natureza, nos [[mar]]es [[Mediterráneo]] e [[mar Vermello|Vermello]]. Posteriormente [[Ivanov]] ([[1980]]) describiuno no [[mar Caspio]]. Polo tanto é una forma cosmopolita, co cal derrubouse a teoría de que fora unha larva.
 
O ''Trichoplax'' carece de órganos e da maioría dos tecidos, aínda que se cre que proviría de animais con tecidos e órganos. Presenta un corpo [[ameboide]] de 0,5 &nbsp;mm. Está composto dunhas poucas células que rematan nun cilio simple para o movemento, e que aparecen estratificadas en tres láminas.<ref>[http://www.ucmp.berkeley.edu/phyla/placozoa/placozoa.html ''Placozoa''] Introdución aos placozoos, os amimais máis simples. Universidade de Berkeley. {{en}}</ref>
 
Adoita adherirse moi ben aos substratos e atópase habiualmente no medio intersticial. A súa nutrición é por absorción e téñense observado estruturas para atrapar o alimento. Produce óvulos e esperma, pero non ten órganos sexuais; tamén se ten observado [[reprodución asexual]].