Xoán Primicerius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 5:
== Traxectoria ==
=== Morte de Honorio e ascenso de Xoán ===
Cando [[Flavio Honorio|Honorio]] morre en [[Rávena]] de [[hidropisía]] o [[15 de agosto]] de [[423]] as relacións entre as dúas partes do imperio atópanse nun momento delicado. Tan pronto como a corte oriental se entera da morte de Honorio, forzas orientais ocupan Salona, na Dalmatia, prefectura de Italia. Este feito, unido á anterior negativa oriental a recoñer ao falecido [[Constancio III]] oficialmente coma ''augustus'', reforzaría as sospeitas occidentais de que a corte oriental pretendía dende tempo atrás que [[Teodosio II]] sexa o único soberano para todo o orbe romano.
 
Unha sucesión continuadora dentro da Casa de Teodosio tería sido o fillo de Constancio e [[Gala Placidia]], irmá de Honorio, Flavio Plácido Valentiniano ([[Valentiniano III]]), que só tiña seis anos de idade. Non obstante, as relacións entre os irmáns non foran doadas logo da morte de Constancio e chegaran a un punto en que tiveran que fuxir en 422 e refuxiarse en Constantinopla, sendo desterrados.
Liña 46:
As fontes clásicas que sobreviven sobre o período, maioritariamente oficialistas, e por tanto partidarias da Casa de Teodosio, verten sobre Xoán todo tipo de xuízos negativos, pero seguramente foi un intento máis de deter e reverter a dinámica negativa na que se atopaba a ''pars occidentis'', e que desembocaría na súa disolución a finais do século V e principios do VI.
 
O reinado de Xoán, coma antes os de [[Euxenio]] e Prisco Atalo representarían os primeiros casos dunha longa nómina de emperadores marionetas que caracterizaron o final do Imperio de Occidente.
 
Este período tamén anticipa a loita polo poder que sosterán durante longo tempo Aecio e Bonifacio, e que implicará a todas as dioceses da pars occidentis, debilitando os seus recursos inda máis.
 
Dificulta bastante o coñecemento máis detallado deste período que tanto o reinado, ou usurpación, segundo cal sexa a fonte, coma os seus protagonistas principais, Castino e Xoán, teñen pouco reflexo nas fontes escritas.
 
== Notas ==
Liña 57:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía. ===
* Bury, JB. ''History of the Later Roman Empire from Arcadius to Irene'' (vol. 1); pp. 156-9 156–9.
* Halsall, Guy. ''Barbarian Migrations and the Roman West: 375-568'' Cambridge University Press, 2007; pp. 236-237 236–237.
* Philostorgius, Philip R. Amidon (tradutor e editor). ''Church History'' Atlanta: Society of Biblical Literature, 2007; p.  162.
* Seibel, Sandra. ''Typologische Untersuchungen zu den Usurpationen der Spätantike'', Essen: Universität Duisburg-Essen, 2004; pp. 112-116 112–116.
 
=== Ligazóns externas ===