Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
 
=== Primeiros cargos políticos ===
Ante a perda das eleccións municipais do 1913, prodúcese a crise do reformismo e Companys deixa ''La Publicidad''. Despois dunha curta militancia no ''Bloc Republicà Autonomista'', constitúe xunto a [[Francesc Layret]] e [[Marcel·lí Domingo i Mestres]] o [[Partido Republicano Catalán]], con data de abril del 1917. Colaborou na publicación ''La Lucha'', órgano do novo partido, en representación do cal foi elixido [[concelleiro]] do [[Barcelona|Concello de Barcelona]].
 
Traballa a prol dunha intervención positiva do Goberno nos conflitos de obreiros. É detido en novembro do 1920 xunto con outros sindicalistas como [[Salvador Seguí]] e [[Martí Barrera]], e deportado ao castelo da Mola ([[Maó]]); daquela Francesc Layret foi asasinado, cando se preparaba a asumir a defensa como avogado. Companys é posto en liberdade ao ser elixido [[deputado]] por [[Sabadell]], en representación do [[Partido Republicano Catalán]], ocupando o escano do asasinado Layret. Foi un dos fundadores da [[Unió de Rabassaires|Unión de Rabassaires]] e o [[15 de outubro]] de [[1922]] pasou a dirixir o semanario ''La Terra. Revista Popular Agrària'' que era o órgano da Unión.
 
Durante a ditadura de Primo de Rivera, concentrouse no labor de avogado asesor da Unión de Rabassaires, e, desde 1928, formou parte dos comités dos partidos cataláns que dirixían a oposición política. En outubro do [[1930]] foi de novo encarcerado. En marzo de [[1931]] participou na Conferencia de Esquerdas, a partir da cal se formou [[Esquerra Republicana de Cataluña]].
 
=== Actividade durante a República ===
É elixido o [[12 de abril]] de [[1931]] [[concelleiro]] de [[Barcelona]] por [[Esquerra Republicana de Cataluña]]. Entrou no Concello o [[14 de abril]] acompañado de [[Amadeu Aragay i Davi|Amadeu Aragay]], [[Joan Lluhí i Vallescà|Lluhí i Vallescà]] e outros, depuxo ao alcalde accidental [[Antoni Martínez Domingo]], tomou posesión e desde o balcón proclamou a [[II República española]] en [[Cataluña]]. Sería nomeado, provisionalmente, gobernador civil de Barcelona.
 
En xuño de 1931 foi elixido [[deputado]] nas [[Cortes Xerais|Cortes]] pola provincia de Barcelona. Interveu activamente nas discusións, en setembro do 1931, do proxecto de constitución da [[II República Española]] e votou a favor do [[sufraxio feminino|voto feminino]] en outubro do mesmo ano. Convértese, en xaneiro de [[1932]], vicepresidente da Asemblea da Generalitat e Presidente provisorio, en substitución de [[Jaume Carner]]. En novembro do 1932 foi elixido deputado do [[Parlamento de Cataluña]], e mais primeiro Presidente do Parlamento.
 
Unha vez que dimitiu do cargo de Presidente do Parlamento de Cataluña foi, desde xuño a novembro de 1933, Ministro de Mariña do goberno de [[Manuel Azaña Díaz|Azaña]]. Nas eleccións lexislativas do novembro de 1933 será elixido deputado pola cidade de Barcelona.
 
Perante a morte súbita de [[Francesc Macià i Llussà]], o 25 de decembro, tan só un mes despois, é proposto para sucedelo como [[presidente da Generalitat de Cataluña|presidente]] da [[Generalitat de Cataluña]]. En votación extraordinaria do Parlamento, será aceptado o [[1 de xaneiro]] de [[1934]] por 56 votos a favor e 6 en branco, coa abstención da [[Lliga Regionalista]].
 
=== Guerra civil ===
Tiña prevista e organizada a resistencia contra a sublevación militar do [[18 de xullo]] mediante medidas tal o nomeamento do capitán [[Frederic Escofet]] como Comisario Xeneral de Orde Pública de Cataluña. Durante toda a guerra encabezará o [[Goberno de Cataluña]] tentando manter a unidade entre os partidos e sindicatos que o apoiaban. Porén, isto vai ser moi difícil polas tensións entre comunistas e socialistas agrupados no Partido Socialista Unificado de Cataluña ([[PSUC]]) e anarquistas da Confederación Nacional do Traballo ([[CNT]]), apoiados estes últimos polos trotskistas do [[POUM]].
 
O lado humano de Lluís Companys queda patente polo feito de que, desbordado pola gran cantidade de asasinatos que se producirán na retagarda nos dias posteriores ao errado golpe de estado, decidira deixar partir polo porto de [[Barcelona]] en barcos estranxeiros a unhas cinco mil persoas sospeitosas de pouca simpatía co réxime republicano, cuxa seguranza non podía garantir.
=== Exilio e morte ===
 
O [[23 de xaneiro]] do [[1939]], cando as forzas [[franquismo|franquistas]] están a piques de entrar en [[Barcelona]], atravesa a fronteira francesa xunto co [[lehendakari]] [[José Antonio Aguirre]], exiliándose en [[Perpiñán]] ([[Francia]]) e trasladándose despois a [[París]] para traballar na representación no exilio da Generalitat ([[Consell Nacional de Cataluña]]). Vai acabar en Le Baule-les-Pins ([[Pireneos Atlánticos]]), manténdose en Francia pese ao perigo que corría, nun intento por non perder o contacto co seu fillo Lluís Companys i Micó (1911-1956), que sufría unha grave doenza mental.
 
O [[13 de agosto]] de [[1940]] é detido pola [[Gestapo]] por orde das autoridades españolas con colaboración de membros da embaixada española en Francia. É levado primeiro a Madrid, onde se lle abren dilixencias por "ser o Presidente da Generalitat, Ministro da República e responsábel dos feitos realizados en Cataluña". Despois de diversos interrogatorios, é trasladado o [[3 de outubro]] ao [[Castelo de Montjuic]] en [[Barcelona]] para facerlle un consello de guerra sumarísimo sen garantías procesais e, como se demostrou posteriormente, de forma ilegal. <ref>Os consellos de guerra realizados baseábanse na aplicación do Código Militar por sublevación contra todos os que se opuxeran á sublevación. Isto significaba que os verdadeiros rebeldes contra a autoridade legal condenaban polo delito de ''rebelión, adhesión o auxilio a la rebelión'' a aqueles que foran fieis ao goberno legal.</ref>
 
O mesmo [[Ramón Serrano Suñer]] recoñecíao anos despois ao afirmar que toda a base xurídica sobre os feitos da [[guerra civil española|guerra civil]] se fundaban nunha "''justicia al revés''", e concluía:
}}
 
{{ORDENAR:Companys, Lluis}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Companys, Lluis}}
[[Categoría:Segunda República Española]]
[[Categoría:Presidentes da Generalitat de Cataluña]]
381.175

edicións