Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
Un '''ión''' consiste nun [[átomo]] ou grupo de átomos dotados de [[carga eléctrica]]. Un [[átomo]] ou unha [[molécula]], de por si electricamente neutros, transfórmanse en ións cando gañan ou perden electróns. O proceso polo que un átomo ou unha molécula se transforman en ións recibe o nome xenérico de ionización. Ó proceso polo que os ións e os electróns se unen para formar átomos ou moléculas, especies electricamente neutras, recibe o nome de recombinación.
 
Os ións cargados negativamente, producidos pola ganancia de [[electrón]]s, reciben o nome de [[anión]]s e os cargados positivamente, consecuencia dunha perda de [[electrón]]s, reciben o nome de [[catión]]s.
 
Os ións represéntanse da mesma forma que os átomos ou moléculas, pero coa presenza dun expoñente que indica a carga eléctrica neta. Fe<sup>3+</sup>; OH<sup>−</sup> representan o ión ferro (III) e o ión hidróxido.
 
A adición dun ión a unha molécula é un mecanismo habitual de formación de ións poliatómicos:
:H<sup>+</sup> + NH<sub>3</sub> → NH<sub>4</sub><sup>+</sup>
 
Neste último caso a formación do ión non é debida a ganancia ou perda de electróns por parte do amoníaco (NH<sub>3</sub>), senón a ganancia dun protón por parte do mesmo. O amoníaco e o ión amonio (NH<sub>4</sub><sup>+</sup>) teñen o mesmo número de electróns, unha capa completa, o que os fai particularmente estables, e diferéncianse no úmero de protóns, tendo o ión amonio un protón máis que electróns o que lle outorga unha carga neta positiva.
 
=== Anións ===
Son as especies químicas cargadas negativamente. Fórmanse habitualmente cando un átomo ou unha molécula gañan electróns.
 
Nos ións negativos, cada electrón do átomo orixinalmente neutro, está fortemente retido pola carga positiva do núcleo. O electrón adicional non está vinculado ó núcleo por forzas de Coulomb, está unido pola polarización del átomo neutro.
381.287

edicións