El País: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Arranxos varios using AWB
Liña 102:
Foi con motivo do golpe de estado do [[23-F]] do tenente coronel da Garda Civil [[Antonio Tejero]]. En plena incertiume da noite do [[23 de febreiro]] de [[1981]], co goberno e todos os deputados secuestrados no Congreso, cos tanques do exército ocupando as rúas de [[Valencia]], e antes de que [[Televisión Española]] puidese emitir a mensaxe institucional do Rei [[Xoán Carlos I]] condenando o golpe, El País sacou á rúa unha edición especial do xornal titulada «''El País'', con la Constitución». Foi así o primeiro diario que saiu aquela noite posicionándose claramente, e chamando ós cidadáns a manifestarse en favor da democracia. Foi moi comentado en medios periodísticos que o que ocupaba daquela o posto de director de ''El País'', [[Juan Luis Cebrián]], chamou por teléfono a [[Pedro J. Ramírez]], que dirixía naquel momento ''Diario 16'', para propoñerlle que ambos medios elaboraran unha publicación conxunta en defensa da democracia, algo ó que Ramírez se negou alegando que prefería agardar unhas horas para ver cómo se desenvolvían os acontecementos. ''Diario 16'' saíu á rúa só trala mensaxe televisiva do Rei.
 
Aqueles acontecementos, e o triunfo por maioría absoluta do [[PSOE]] nas eleccións de [[1982]], facilitaron que ''El País'' se consolidara, durante os anos 80, como líder indiscutible da prensa española, fronte a ''[[ABC (xornal)|ABC]]'', de tendencia máis conservadora, o seu principal rival naqueles anos.
 
Ó prestixio de ''El País'' contribuíu o seu rigoroso tratamento das normas xornalísticas e o feito de que fose o primeiro xornal de [[España]] en establecer normas internas de control de calidade. Así, foi o primeiro diario español en crear a figura do "[[Defensor do lector]]" (''Press Ombudsman'') e en redactar e publicar un ''Libro de Estilo'' que se converteu en referencia, e continúa séndoo, no mundo do xornalismo.
Liña 108:
''El País'' tamén estableceu varios acordos de colaboración con outros xornais europeos de ideoloxía socialdemócrata. Así, en [[1989]], ''El País'' participou na creación dunha rede común de recursos informativos con ''[[La Repubblica]]'' (Italia) e ''[[Le Monde]]'' ([[Francia]]). Desde outubro de [[2001]] inclúese un suplemento de ''El País'' en inglés na versión española do ''[[International Herald Tribune]]''.
 
A principios dos anos 1990, ''El País'' tivo que facer fronte a unha nova situación tanto política como xornalística. O incremento da tensión política causado polos escándalos de corrupción do goberno socialista de [[Felipe González]] bipolarizou tanto a política española comoa a prensa. Os medios conservadores (''[[El Mundo]]'', ''[[ABC (xornal)|ABC]]'', ''[[La Razón (España)|La Razón]]''), considerados afíns ó [[Partido Popular]], criticaron duramente a ''El País'' e ó resto de medios propiedade do [[Grupo PRISA]] ([[Cadena SER]] de radio, e [[Canal + España|Canal+]] de televisión), de actuar en connivencia cos intereses do [[PSOE]].
 
Aínda así, ''El País'' logrou manter sempre o seu liderado como diario xeral máis vendido de España, a menor distancia de ''El Mundo'' de Pedro J. Ramírez.
Liña 127:
 
* Xoves: '''Ciberpaís''', suplemento sobre informática e electrónica <ref>[http://www.elpais.com/suple/ciberpais/index.html Ciberpaís]</ref>.
 
* Venres: '''EP[3]''', anteriormente e durante anos coñecido como [[El País de las Tentaciones]], suplemento adolescente e xuvenil <ref>[http://www.ep3.es/ EP3]</ref>.
 
* Sábados: '''Babelia''', suplemento cultural especializado en literatura <ref>[http://www.elpais.com/suple/babelia/ Babelia]</ref>; '''El Viajero''', suplemento de viaxes <ref>[http://www.elpais.com/elviajero/ El Viajero]</ref>
 
* Domingos: revista '''EP[S]''' sobre moda, reportaxes, artigos de opinión e contidos varios <ref>[http://www.elpais.com/suple/eps/index.html El País Semanal]</ref>; e '''Pequeño País''', suplemento infantil.