Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios using AWB
Interpretou o papel principal nas comedias ''How to Marry a Millionaire'' (''Como casar cun millonario'', 1953), ''[[The Seven Year Itch]]'' (1955) e ''[[Bus Stop]]'' (1956), e grazas ao éxito de público destas películas, comezou a ser considerada como unha das actrices máis rendibles da industria cinematográfica. O seu maior éxito comercial foi ''[[Con saias e a rachar|Some Like it Hot]]'' (1959), filme polo que gañou o [[Globo de Ouro]] á mellor actriz de comedia.<ref name="Oro">{{cita web |url= http://www.misrespuestas.com/quien-fue-marilyn-monroe.html|título= Quién fue Marilyn Monroe ?|dataacceso= 17/08/2013|autor= Mis respuestas|lingua= castelán}}</ref>
 
Foi considerada unha das mulleres máis atractivas da historia da sétima arte, pero a súa explosiva beleza condicionouna artística e emocionalmente, obrigándoa a proxectar unha imaxe sedutora e superficial que encubría a súa personalidade real, sensible e inestable desde a infancia. Estivo casada co escritor [[James E. Dougherty]] de 1942 a 1946, co xogador de [[béisbol]] [[Joe DiMaggio]], en 1954, e logo co dramaturgo [[Arthur Miller]], entre 1956 e 1962.
 
Monroe faleceu o 5 de agosto de 1962 por mor dunha sobredose de [[barbitúrico]]s, en circunstancias nunca esclarecidas. A primeira hipótese que manexou a xustiza estadounidense foi a do [[suicidio]], pero nunca puido ser corroborada. <ref name="Oro" />
 
O [[American Film Institute]] considéraa a sexta mellor estrela de cine feminina de todos os tempos.
=== Primeiros anos ===
[[Ficheiro:Marilyn Monroe Birth Certificate.jpg|miniatura|220px|Certificado de nacemento de Marilyn Monroe, nacida como Norma Jeane Mortenson en 1926.]]
A súa nai foi Gladys Pearl Baker (de apelido de nacemento Monroe, nada o 27 de maio de 1902 e finada o 11 de marzo de 1984)<ref>Riese and Hitchens, p. 33.</ref>, quen casou co [[Noruega|noruegués]] Edward Mortenson e, pouco despois de separarse, descubriu que estaba embarazada.<ref name=Summers5>Summers, p. 5</ref> O [[1 de xuño]] de [[1926]] naceu nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] a súa filla Norma Jeane Mortenson, segundo consta no rexistro civil para que non fora ilexítima, e chamada Norma Jean Baker na práctica.<ref>Churchwell, pp. 150-151</ref><ref name=ref_duplicada_1>Churchwell, p. 151</ref> Gladys, que traballou como cortadora de [[Negativo fotográfico|negativos]] na produtora de cine [[RKO Pictures]],<ref name=ref_duplicada_1Summers5 /><ref name=Summers5ref_duplicada_1 /> non podía manter á súa filla por problemas económicos e emocionais e deixouna ao coidado dun matrimonio adoptivo: Albert e Ida Bolender, residentes enn [[Hawthorne, California|Hawthorne]] ([[California]]).<ref name="Tío">{{cita web |url= http://benhechtbooks.net/ben_hecht__marilyn_monroe |título= 'A Ghost Materialized - Ben Hecht Finally Credited on Marilyn Monroe's Memoir |dataacceso= 30 de maio 2009 |autor= Snickersnee Press |lingua= inglés}}</ref> Cando Gladys puido conseguir unha casa propia levou consigo a Norma Jeane, pero isto só durou uns meses, debido aos devanditos problemas emocionais e deixou a súa filla a cargo da súa mellor amiga, Grace McKee.
 
=== Carreira ===
* [http://www.life.com/image/first/in-gallery/27452/marilyn-monroe-life-and-times/ Marilyn Monroe: Life and Times] {{en}}
 
{{ORDENAR:Monroe, Marilyn}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Monroe, Marilyn}}
[[Categoría:Actores de California]]
[[Categoría:Actores de cine dos Estados Unidos de América]]
381.175

edicións