Lublin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 49:
 
=== Idade de ouro: séculos XV e XVI ===
Nos [[século XV|séculos XV]] e [[século XVI|XVI]] a cidade tivo un rápido crecemento. A cidade expandira por efecto do comercio, foi nesta época cando naceu a arteria da Krakowskie Przedmieście. O comercio trouxo a Lublin xente de diversas nacionalidades, pois en Lublin aconteceran as maiores [[feira]]s da [[República das Dúas Nacións]]. Tamén foi un importante centro cultural polaco: en 1513 publicouse en Lublin o primeiro libro escrito en polaco, Raj Duszny do autor lublinés Biernat de Lublin (considerado o primeiro autor en lingua polonesa). <ref name=":1" />
 
Durante o [[século XVI]] as reunións do parlamento ([[sejm]]) aconteceran en Lublin innúmeras veces. No día [[26 de xuño]] de [[1569]], unha das máis importantes sesións do parlamento proclamou a [[Unión de Lublin]], que uniu Polonia e Lituania.
Liña 56:
Algúns dos [[artista]]s e [[escritor]]es do [[Renacemento]] polonés viviran e traballaran en Lublin, inclusive [[Sebastian Klonowic]] e [[Jan Kochanowski]], que morreran na cidade en [[1584]]. En [[1578]] o Tribunal da Coroa estabeleceuse na cidade, e así pasou a contar co máis alto tribunal da rexión da [[Pequena Polonia]] (Małopolska).
 
Desde a segunda a metade do [[século XVI]], movementos da [[Reforma Protestante]] xurdirán en Lublin, e unha grande congregación de [[Protestante|Irmáns]] [[Polonia|poloneses]] estivo presente na cidade<ref name=":1" />. Unha das máis importantes comunidades [[Xudaísmo|xudaicas]] de Polonia tamén se estableceu en Lublin neste período. Esta comunidade continuou sendo unha parte vital da vida da cidade até que foi exterminada durante o [[Holocausto]] [[Nazismo|nazi]]. Entre [[1580]] e [[1764]] o Consello Xudeu das Catro Terras (''Va'ad Arba' Aratzot'') celebrouse en Lublin. Setenta delegados de comunidades xudaicas locais (''kahals'') xuntábanse para discutir asuntos de tributos e outros importantes temas de interese para as comunidades.
 
Viñan estudantes para Lublin de todas partes de [[Europa]] para estudar no [[yeshivá]]. O yeshivá tornouse un centro de aprendizaxe do [[Talmud]] e da [[Cabala]]. A grande bolsa de estudos para aqueles que estudaban aláí levaron á cidade a ser nomeada a ''[[Universidade de Oxford|Oxford]] xudía''; o [[Rosh yeshivá]] recibía o título de reitor e dereitos iguais aos das universidades polonesas coa autorización do Rei en [[1567]].
 
=== Decadencia: séculos XVII a XIX ===
No [[século XVII]], a cidade sufriu un declinio debido a conflitos relixiosos, económicos (perda de influencia das feiras), epidemias e invasións estranxeiras. Son representativas deste momento de decadencia a epidemia da peste dos 1630, na que morreron unhas 5.000 persoas, e as invasións cosaca e rusa de 1655, seguidas da invasión [[Suecia|sueca]] durante as [[Guerras do Norte]] ([[1655]]-[[1661]])<ref name=":1" />. Sumida na decadencia e na pobreza polas guerras, Lublin foi perdendo o seu esplendor pasado, non empezando a reconstrución tralos ataques do século XVII ata 1780. A poboación diminuíu durante todo o século XVIII. Após a [[Particións de Polonia#Terceira partición|terceira partición de Polonia]] en [[1795]] Lublin pasou a ser dominio do [[Imperio Austríaco]], despois, a partir de [[1809]] pasou ao [[Ducado de Varsovia]], e desde [[1815]] á [[Polonia do Congreso]] baixo o goberno [[Rusia|ruso]].
 
No comezo do [[século XIX]] leváronse a cabo varios desenvolvementos urbanos modernos, co xurdimento de novas prazas, rúas, xardíns e edificios públicos<ref name=":2" />.
 
Lublin uniuse ó Levantamento de Novembro, a revolución pola que os polacos intentaron liberarse a dominación rusa en 1830, revolta que foi esmagada polas tropas rusas en 1831. En [[1877]] foi construída unha conexión de [[camiño de ferro]] para [[Varsovia]] e [[Kovel]], que impulsou o desenvolvemento [[Industria|industrialindustria]]l na cidade. A poboación de Lublin creceu de 28.900 habitantes en [[1873]] a 50.150 en [[1897]] ata case 80.000 xusto antes da I Guerra Mundial, dos aue os xudeus representaban o 50%, os católicos o 40% sendo o resto da poboación ortodoxos ou protestantes<ref name=":1" />.
[[Ficheiro:5 Lublin 08.jpg|thumb|341x341px|left|Parte do interior da catedral de Lublin.]]
 
=== Século XX ===
O dominio ruso terminou en [[1915]], cando a cidade foi ocupada polos exércitos [[Alemaña|alemán]] e [[austrohúngaro]]. Despois da derrota da [[Tripla Entente]] en [[1918]], o primeiro goberno da Polonia independente operou en Lublin por un breve período de tempo. Entre a [[Primeira Guerra Mundial|Primeira]] e a [[Segunda Guerra Mundial]], a cidade continuou a se desenvolver. A poboación creceu e a comunidade [[Xudaísmo|xudaica]] representaba case 40% dos habitantes da cidade. Realizáronse investimentos industriais importantes, inclusive a primeira fábrica de [[avión]]s de Polonia - ''Zakłady Mechaniczne A. Plage i T. Laśkiewicz''. A fábrica produciu aeronaves entre [[1920]] e [[1935]], cando foi nacionalizada como ''Lubelska Wytwórnia Samolotów'' - LWS.
 
A [[Universidade Católica de Lublin]] foi fundada en [[1918]]. Despois da invasión de Polonia pola [[Alemaña nazi]] en [[1939]], a cidade pasou a depender do [[Goberno Xeral]]. Durante a ocupación alemá, a poboación da cidade foi albo de intensa represión por parte dos ocupantes, cun destino particularmente severo reservado para os habitantes xudeus. Os alemáns realizaron varios plans para transformar Lublin nunha cidade xermanizada e a proporción da poboación de etnia alemá pasou de 20-25% do total, en 1944, a un 30-40% no ano seguinte.
Liña 75:
A cidade serviu como cuartel-xeral alemán para a [[Operación Reinhard]], o principal esforzo alemán para exterminar os xudeus na Polonia ocupada. A poboación xudía de Lublin foi forzada a se estabelecer no [[gueto]] de Lublin, ao redor da área de Podzamcze. A maioría dos habitantes do gueto, aproximadamente 26.000 persoas, foi deportada para o [[campo de exterminio]] de [[Belzec|Bełżec]] entre o [[17 de marzo]] e o [[11 de abril]] de [[1942]].
 
O restante foi enviado a instalacións arredor de [[Majdanek]] e un gran [[campo de concentración]] foi feito nos arredores da cidade. A maioría desas persoas morreron ao final da guerra.
 
O campo de Majdanek e a prisión establecida no castelo de Lublin, serviron tamén como os principais centros de medidas de terror contra a poboación non-xudía de Lublin e do distrito veciño.
[[Ficheiro:5 Lublin 69.jpg|thumb|270px|Monumento do Holocausto en Lublin, coa Igrexa dos Dominicos ao fondo.]]
 
Despois da guerra, os poucos xudeus que sobreviviran, escondéndose ou fuxindo para territorio [[URSS|soviético]], restableceron unha pequena comunidade xudaica na cidade, mais foi rapidamente reducida a case nada cando a maioría dos seus integrantes trocou Polonia por [[Israel]] e polo [[Mundo Occidental|Occidente]], nos primeiros anos logo da guerra.
 
En [[1944]], a cidade foi tomada polo [[Exército Vermello|Exército soviético]] e tornouse a capital do Comité de Liberación Nacional Polonés ([[Lingua polaca|polonés]]: ''Polski Komitet Wyzwolenia Narodowego, PKWN'') tamén coñecido por Comité Lublin, con control [[Comunismo|comunista]]. A capital mudou para [[Varsovia]] en xaneiro de [[1945]].
Liña 94:
[[Ficheiro:Lublin Mapa1.png|miniatura|Localización de Lublin.]]
* Está situada á beira do río '''Bystrzyca''', na ruta entre as cidades de [[Varsovia]], [[Cracovia]] e a antiga [[URSS]]. Importante centro cultural e económico do SE polaco.
 
* Altitude: 170 metros.
* Latitude: 51º 21' N.
Liña 100 ⟶ 99:
* Distancia ás principais cidades de Polonia:
 
[[Varsovia]] - 161 &nbsp;km.
 
[[Kielce]] - 179 &nbsp;km.
 
[[Rzeszów]] - 205 &nbsp;km.
 
[[Cracovia]] - 273 &nbsp;km.
 
[[Łódź]] - 308 &nbsp;km.
 
[[Katowice]] - 323 &nbsp;km.
 
[[Gdańsk]] - 504 &nbsp;km.
 
[[Wrocław]] - 514 &nbsp;km.
 
== Economía ==
 
O Leste de Polonia é unha das zonas máis deprimidas da Unión Europea. Lublin é a capital de Lubelskie, considerada a máis pobre de tódalas rexións polacas<ref>{{cita web |url=http://insideurope.eu/node/344|título=Dados do Eurostat do ano 2013 |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>. Por ese motivo no ano 2007 creouse unha Zona Económica Especial que permite que os invesores que se instalen nesta rexión disfruten de exencións fiscais e de axudas estatais en forma de créditos a baixo interese<ref>{{cita web |url=http://whyeasternpoland.eu/en/why-is-worth-/why-here-/investment-incentives-486|título=Sitio oficial da campaña "Why Eastern Poland" |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>. <br />
 
=== Industria ===
 
Durante o século XX destacaba Lublin pola industria do automóbil e de maquinaria agrícola especialmente pola creación da Fabryka Samochodów Ciężarowych en 1950. Esta fábrica sufriu moitas dificultades nos anos 1990 e 2000. Na actualidade segue producindo vehículos, logo de ser adquirida en 2009 por DZT Tymińscy Sp. J., convertida logo en Honker Polonia<ref>{{cita web |url=http://www.honker.com.pl/index.php/historia|título=Páxina de Honker Polonia |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=polaco}}</ref>. <br />
 
Ademais Lublin é capital dunha fértil rexión que produce carne, trigo, fariña, azucre, tabaco, cervexa e aceites vexetais. Por ese motivo a cidade conta con industrias de tratamento de alimentos e coa principal plataforma de distribución alimentaria e de flores do Leste de Polonia, o mercado de Elizówka<ref name=":0">{{cita web |url=http://www.lublin.eu/images/upload/Lublin%20economic%20information%20brochure_%20ENG%281%29.pdf|título=Folleto de información económica do concello de Lublin |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>.
 
=== Servizos e educación ===
 
Na actualidade, a pesar da continuidade na produción da súa industria automobilística, as principais fontes de empregos son o sector servizos e a presenza de numerosas universidades<ref>{{cita web |url=http://www.lublin.eu/images/upload/Lublin%20economic%20information%20brochure_%20ENG%281%29.pdf|título=Folleto de información económica do concello de Lublin |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>. Conta con cinco universidades consideradas públicas: a Universidade Católica de Lublin (única do seu tipo en Polonia), a Universidade de Medicina, a Universidade de Ciencias da Vida, a Universidade Tecnolóxica de Lublin e a Universidade María Curie Skłodowska, unha das maiores do país. A estas únense outros tantos centros privados especializados, abertos nos últimos anos<ref>{{cita web |url=http://eunivercitiesnetwork.com/city-of-lublin-universities-of-lublin/|título=Sección de Univercities Network referida a Lublin |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>. En 2009 86.000 estudiantes estaban inscritos nestas universidades. <br />
 
Nos últimos anos instaláronse en Lublin varias empresas do sector servizos, especialmente tecnolóxicas, traídas polos incentivos fiscais e de crédito, polo baixo prezo dos alugueiros (un 60% do de Cracovia), pola presenza de man de obra cualificada, pola relativa proximidade con Varsovia e por uns salarios medios que só representaban en 2011 un 73% da media na capital do país. En paralelo, as administracións local e rexional puxeron en marcha diversos proxectos de colaboración entre as universidades e pequenos emprendedores, creando un parque tecnolóxico, incubadores de proxectos e fundacións especializadas en dar apoio a novas empresas<ref>{{cita web |url=http://www.lublin.eu/images/upload/Lublin%20economic%20information%20brochure_%20ENG%281%29.pdf|título=Folleto de información económica do concello de Lublin |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>.<br />
 
== Transportes ==
 
Lublin está situada no Leste de Polonia, a só 82 &nbsp;km do posto fronteirizo de [[Dorohusk]] (Ucraína).
 
=== Estradas ===
Liña 157 ⟶ 156:
=== Aeroporto ===
 
No 2012 inaugurouse o [[Aeroporto de Lublin|aeroporto de Lublin]], situado na vila veciña de [[Świdnik]]. Na actualidade conta con ligazóns regulares con Londres, Oslo, Gdańsk, Milán e Roma. [[Lufthansa]] anunciou que a partir de xullo do 2014 operará dous voos semanais a [[Frankfurt]]<ref>{{cita web |url=http://www.lufthansagroup.com/en/press/news-releases/singleview/archive/2014/april/09/article/2900.html|título=Nota de presa de Lufthansa|dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>.
 
== Monumentos e lugares de interese ==
Liña 198 ⟶ 197:
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
==Véxase tamén==