Anuro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Caerulea3_crop.jpg" por "Magnificent_tree_frog_(Litoria_splendida)_crop.jpg" segundo o ordenou [[commons:User:CommonsDeli
m Arranxos varios using AWB
Liña 26:
 
== Alimentación e reprodución ==
A súa alimentación baséase en invertebrados, tanto acuáticos como terrestres.
 
Teñen unha fecundación externa que se efectúa na auga. O amplexus (forma de aparearse dos anuros) pode ser axilar ou inguinal. Os ovos son postos na auga, en cordóns, como fan os sapos, ou en paquetes como fan as ras e presentan dimensións e formas diferentes segundo a familia ou especie.
Liña 38:
Existen máis de 5 200 [[especie]]s de anuros, repartidos en 33 [[Familia (bioloxía)|familias]]. Os anuros son o grupo máis numeroso de anfibios. A maioría pasa a súa vida dentro ou cerca da auga. O seu tamaño é variable. Entre os máis pequenos atopamos á ra coqui, mentres que a maior ra é a goliat.
 
O nome común "ra" pódese referir a calquera membro da orde ''Anura'' (anfibios sen cola) exceptuando as especies que teñen [[pel]] rugosa no dorso, e que son menos ''acuáticas'' cand adultas, coñecidas como "sapos".
 
Así a todo, a diferenza entre as denominacións ra e sapo non ten fundamento taxonómico. Os diferentes usos da palabra ra e sapo débense á discrepancia entre a clasificación vernácula e a clasificación científica do grupo ''Anura''. Ademais, a maioría das especies de anuros viven en países tropicais, onde a diversidade de familias é moito máis grande que en zonas temperadas. Ao se orixinar nun país temperado, o idioma galego non dispón de termos adecuados para denominar a maioría das formas de anuros.