Rugby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
{{1000}}
O '''rugby''' é un [[deporte]] de contacto orixinario de [[Inglaterra]] no cal se enfrontan dous equipos nun terreo de xogo rectangular co obxectivo de anotar puntos cun balón ovalado. Os puntos poden acadarse pousando o balón coas mans na zona de [[ensaio (rugby)|ensaio]] rival ou pasando o balón co pé entre dous paus. Existen varias modalidades de rugby que se diferencian principalmente pola cantidade de xogadores que compoñen cada equipo, chamándoselle rugby en [[Galicia]] ó '''rugby union''' por ser a única disciplina que conta con practicantes, equipos, competicións e federación na comunidade autónoma. Esta é a modalidade mais estendida no mundo, e a súa característica principal é que os equipos contan con quince xogadores cada un.
 
O deporte do rugby toma o seu nome da [[Rugby (Warwickshire)|cidade inglesa]] na que naceu, sendo a súa orixe as primitivas regras do [[fútbol]] escritas no [[Rugby School]] no século XIX. Nos tempos actuais a súa práctica está moi estendida nas Illas Británicas, en países con pasado colonial británico como Australia, Suráfrica e Nova Zelandia, e noutros países como Francia, Italia e Arxentina. Outros países como Estados Unidos, Canadá, Xapón, Samoa, Fidxi, Tonga, Uruguai, Namibia, Xeorxia ou Romanía tamén participan frecuentemente en torneos internacionais de primeiro nivel como a [[Copa do Mundo de Rugby]], que se disputa cada catro anos. Outros torneos de gran importancia a nivel de seleccións nacionais son o [[Torneo das Seis Nacións|Seis Nacións]] e o [[Rugby Championship]] que se disputan cada ano. A nivel de clubs os torneos mais salientables son o [[Super Rugby]] e a [[Copa de Europa de rugby|Champions Cup]].
Liña 23:
* correr evadindo ou resistindo as placaxes do equipo defensor (enténdase por placaxe calquera agarre que realice o xogador defensor cos brazos a calquera parte do corpo do atacante dende os ombreiros cara abaixo - prohibido placar a cabeza ou o pescozo),
* dar pases cara atrás ou ó costado (o pase cara adiante está prohibido); ou
* mediante patadas cara ó territorio rival.
 
A forma de poñer o balón en xogo no rugby é moi característica. Cando o balón sae fóra do campo ponse en xogo mediante un saque lateral (''touche'' en [[Lingua francesa|francés]] ou ''line out'' en [[Lingua inglesa|inglés]]) onde a cantidade de xogadores é definida polo equipo que ingresa a pelota e pode variar dende dous xogadores até os catorece xogadores, sen contar ó xogador que introduce a pelota (xeneralmente o ''hooker'' ou talonador), e tras unha falta menor (un pase adiantado, por exemplo) ou para reiniciar o xogo logo dunha formación onde a pelota non saíu para ningún dos dous equipos mediante unha melé (''scrum'' en inglés). [[Ficheiro:Melé.jpg|miniatura|250px|dereita|A melé]]
Liña 49:
* 7 - '''Flanker''' - Terceira liña ou terceira á
* 8 - '''Number 8''' - Terceira centro ou número 8
 
 
''Liña de 3/4 ou "backs"'': Nos distintos países estes xogadores reciben diferentes nomes de acordo coa súa propia tradición. Así, nos países do hemisferio sur, o apertura (nº 10) e o primeiro centro (nº 12) denomínanse respectivamente ''first'' e ''second five eights''.
Liña 60 ⟶ 59:
* 14 - '''Right wing''' - Á dereito
* 15 - '''Full back''' - Defensor
 
 
{{Posiciones-rugby15}}