Diferenzas entre revisións de «Diego Velázquez»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}))
m (Arranxos varios using AWB)
[[Ficheiro:Las_Meninas,_by_Diego_Velázquez,_from_Prado_in_Google_Earth.jpg|300 px|miniatura|''As Meninas'', a obra cume de Velázquez]]
 
'''Diego Rodríguez de Silva y Velázquez''', nado en [[Sevilla]] o [[6 de xuño]] de [[1599]]<ref name="Bardi1">[[#Bardi|Bardi]], ''Documentación sobre el hombre y el artista'', p. 83.</ref> e finado en [[Madrid]] o [[6 de agosto]] de [[1660]], xeralmente referido como '''Diego Velázquez''', foi un pintor español, o principal artista da corte de [[Filipe IV de España]] e do [[século de Ouro]] español, e un dos máis grandes pintores de todos os tempos. Sobresaíu en retratos de gran realismo e penetración psicolóxica, entre outros da familia real, á que tiña acceso en calidade de pintor da Corte. Tamén creou escenas históricas e mitolóxicas.
 
O seu catálogo consta dunhas 120 ou 125 obras. O recoñecemento coma pintor universal foi serodio, cara a [[1850]]. Acadou&nbsp;a súa máxima fama entre [[1880]] e [[1920]], coincidindo coa época dos pintores [[impresionismo|impresionistas]] [[Francia|franceses]], para os que foi un referente.&nbsp;[[Édouard Manet|Manet]]&nbsp;sentiuse marabillado coa súa obra e cualificoulle coma o «pintor de pintores» e «o máis grande pintor que xamais existiu». A parte fundamental dos seus cadros que integraban a colección real consérvase no [[Museo do Prado]] en [[Madrid]].
 
== Traxectoria ==
Velázquez atopábase, despois da súa segunda viaxe a Italia, en plena madureza vital e artística. En 1652 fora nomeado apousentador maior de palacio dispoñendo de pouco tempo para pintar, pero aínda así os escasos cadros que realizou nesta última etapa da súa vida considéranse excepcionais. En 1656 realizou ''As Meninas''.<ref name="csa">''[[#Calvo|Calvo Serraller]]''; Las Meninas de Velázquez; p. 9-30</ref><ref name="psa">[[#PerezSanchez|Pérez Sánchez]]; Velázquez, Catálogo Exposición 1990; p. 46-50</ref> Trátase dunha das obras máis famosas e controvertidas do noso tempo. Grazas a Palomino sabemos os nomes de case todos as personaxes. No centro aparece a infanta Margarita, asistida por dúas damas de honor, tamén coñecidas como ''meninas''. Na dereita están dúas personaxes da corte, que padecían [[ananismo]], [[Mari Bárbola|María Bárbara Asquín]] e [[Nicolasito Pertusato|Nicolás Pertusato]], este último dando un golpe a un [[can]] tumbado en primeiro plano. Detrás, en penumbra, aparecen unha dama de compañía e un [[garda de corps]], ó fondo, na porta, José Nieto, [[apousentador]] da raíña. Á esquerda pintando un gran lenzo que se ve por detrás, atópase Diego Velázquez. No espello adivíñanse os reis, [[Filipe IV de España|Filipe IV]] e a súa muller Mariana.<ref name="JB40">[[#BrownTecnica|Brown]], ''Velázquez. La técnica del genio'', pp. 181-194.</ref> Este cadro pintouse para ser colocado no despacho de verán do rei.<ref name=psa/>
 
Para Gudiol ''As Meninas'' supoñen a culminación do seu estilo pictórico nun proceso continuado de simplificación da súa técnica pictórica, primando o realismo visual sobre os efectos do debuxo. Na súa evolución artística Velázquez entendeu que para plasmar con exactitude calquera forma só se precisaban unhas poucas pinceladas. Os seus amplos coñecementos da técnica pictórica permitíronlle determinar cales eran esas pinceladas e a intuición de darllas no lugar xusto ao primeiro toque, sen reiteracións nin rectificacións.<ref name="ga">[[#Gudiol|Gudiol]]; Velázquez; p. 289-290</ref>
 
Segundo a descrición de Palomino, Velázquez serviuse do reflexo dos reis no espello para descubrir enxeñosamente o que estaba pintando.<ref>[[#Palomino|Palomino]], pp. 248-251.</ref> As miradas da Infanta, do pintor, da anana, do garda, do can, da menina Isabel e do apousentador dende a porta do fondo diríxense cara ao espectador que observa o cadro, ocupando o punto focal no que previsiblemente se situaban os reis. [[Michel Foucault|Foucault]] destacou como Velázquez logrou integrar e confundir este espazo real do espectador e o primeiro plano do cadro creando a ilusión de continuidade entre os dous espazos.<ref name="csa"/><ref>{{cita libro|apelidos=Foucault|nome=Michel|título=Le mot et les choses|ano=1966|editor=Paris:Gallimard|id=ISBN 2-07-022484-8}}</ref><ref name="gaa">[[#Gallego|Gallego]]; Velázquez, Catálogo Exposición 1990; p. 324-328</ref><ref name=csa>''[[#Calvo|Calvo Serraller]]''; Las Meninas de Velázquez; p. 9-30</ref>
 
Sobre o modo no que Velázquez se autorretrata, destaca que non se representa na acción manual de aplicar o pincel ao lenzo, senón nunha posición máis nobre e intelectual: en actitude de pensar e de reflexionar sobre o deseño interno da obra.<ref name="gaa>[[#Gallego|Gallego]]; Velázquez, Catálogo Exposición 1990; p. 324-328<"/ref> Foi a primeira vez na arte occidental na que un pintor se retrataba xunto aos seus señores, en compañía dalgúns membros da familia real. Fíxoo no desempeño das súas funcións como pintor de cámara e coas insignias do seu rango, a chave de axuda de cámara e a cruz da Orde de Santiago, quizais engadida posteriormente e, por orden do propio rei, «para alento dos profesores desta nobilísima arte». O portugués Félix Costa describiu: «A Diego Velázquez pintor, deulle Filipe IV, rei de Castela, o hábito de Santiago, que é a primeira orde daquel reino, e a chave da súa cámara».<ref>Citado en Gilles Knox, ''Las últimas obras de Velázquez'', p. 132.</ref>
 
Nas ''Meninas'' salienta a súa equilibrada composición e orde. En Velázquez, pintor barroco, permanecía aínda un intenso compoñente clásico, un interese pola orden e un menosprezo polos eixes oblicuos barrocos. A metade inferior do cadro está chea de personaxes en dinamismo contido, mentres que a metade superior está infundida nunha progresiva penumbra de quietude. Os cadros das paredes, o espello, a porta aberta do fondo son unha sucesión de formas rectangulares que forman un contrapunto os sutís xogos de cor que ocasionan as actitudes e movementos dos personaxes.<ref name="ga>[[#Gudiol|Gudiol]]; Velázquez; p. 289-290<"/ref>
 
A composición articúlase repetindo a forma e as proporcións nos dous tríos principais (Velázquez-Agustina-Margarita por un lado e Isabel-Maribarbola-Nicolasito por outro), nunha posición moi reflexionada que non necesitou modificacións sobre a marcha, como era habitual nel (debido á súa forma de pintar chea de cambios e axustes durante o proceso de pintado).<ref name="gaa>[[#Gallego|Gallego]]; Velázquez, Catálogo Exposición 1990; p. 324-328<"/ref>
 
[[Ficheiro:Infanta Margarita.jpg|miniatura|esquerda|A face da Infanta Margarita está tratada con tenues sombras e luminosos toques que dan lixeireza ao seu cabelo e modelan a súa figura.<ref name=LR78a>López-Rey (1978), ''Velázquez'', pp. 156-164.</ref>]]
Iluminou o cadro con tres focos luminosos independentes, sen contar o pequeno reflexo do espello. O máis importante é o que repercute sobre o primeiro plano procedente dunha ventá da esquerda que non se ve, que ilumina á Infanta e ao seu grupo converténdoa no principal foco de atención. O amplo espazo que hai detrás dilúese en penumbras ata que aparece no fondo un novo e pequeno foco luminoso dende outra ventá lateral, neste caso á dereita, cuxo resplandor incide sobre o teito e a zona traseira da habitación. O terceiro foco luminoso é un contraluz da porta aberta na parte máis afastada, onde se recorta a figura de José Nieto, dende onde a luminosidade se proxecta dende o fondo do cadro cara ao espectador, formándose así unha diagonal que atravesa o cadro en sentido perpendicular. Esta complexa trama luminosa, o entrecruzamento desta luz frontal de dentro a fóra e as transversais aludidas, forma distintos xogos luminosos enchendo o espazo de sombras e contraluces.<ref>[[#Calvo|Calvo Serraller]]; Las Meninas de Velázquez; p. 34-36</ref>
 
Para Eusebi, catalogador no [[Museo do Prado]] en [[1828]], dixo:<ref name="gaa>[[#Gallego|Gallego]]; Velázquez, Catálogo Exposición 1990; p. 324-328<"/ref>
{{cita centrada|Solo a audacia de Velázquez podía atreverse a poñer un buraco branco na zona central da composición, dunha luz tan intensa que fixese brillar a porta, a escada e a persoa que está nela.}}
 
O único que está modelado cunha certa precisión é o can, que se atopa en primeiro plano. Detrás del, a pintura simplifícase e só aparecen certas alusións e suxestións. A eliminación de elementos é máxima nas imaxes en penumbra; a figura do gardadamas represéntase mediante unha vaga forma humana. Os reis no espello están pintados mediante uns bosquexos moi sinxelos: un movemento do pincel serviulle ao pintor para representar a un tempo o reflexo da luz no espello na zona baixa e a forma do corpo do rei, unha soa liña clara define o tocado da raíña.<ref name="csb">[[#Calvo|Calvo Serraller]]; Las Meninas de Velázquez; p. 290-291</ref>
 
A forma de bosquexo está acompañada dunha seguridade absoluta no relativo ás gradacións. Tanto nas que deben suxerir diferenzas na posición nos obxectos coma nas que establecen diferenzas nos materiais representados. Para distinguir un raso, un [[veludo]] ou unha carnación non incide na súa elaboración, logra o efecto preciso só coa forma de aplicar a pincelada.<ref name="csb>[[#Calvo|Calvo Serraller]]; Las Meninas de Velázquez; p. 290-291<"/ref>
 
Busca neutralizar sistematicamente os matices destacando só algúns elementos para que a intensidade cromática non predomine en xeral. Así no grupo de personaxes principal sobre unha base ocre só destacan algúns matices grises e amarelentos en contraposición aos grises escuros do fondo e da zona alta do cadro. Lixeiros e expresivos toques negros e vermellos e a brancura rosada das carnacións completan o efecto harmónico. As sombras son empregadas con determinación e sen vacilar, incluíndo nelas a cor negra. Esta idea de neutralizar os matices predomina na súa arte, tanto ao definir con poucos e precisos trazos negros o personaxe a contraluz do fondo, como cando obtén a verdadeira calidade da madeira na porta do fondo, ou cando sementa de pequenos trazos brancos a saia amarelenta da Infanta.<ref name="csb>[[#Calvo|Calvo Serraller]]; Las Meninas de Velázquez; p. 290-291<"/ref>
 
<center>
<div style="height: 380px; width: 60%; overflow: auto; padding: 1px;text-align: left; border:solid 1px;" >
[[Ficheiro:Las Meninas, by Diego Velázquez, from Prado in Google Earth.jpg|1400px||]] </div>
</center>
 
 
[[Ficheiro:Velazquez-las hilanderas.jpg|400px|miniatura|center|''[[A fábula de Aracné]]'' ([[1658]]). A composición organízase en distintos planos de luz e de sombra moi contrastados entre eles. Segundo os especialistas, foi neste cadro onde alcanzou maior dominio da luz.]]
Despois de pintalo Velázquez, engadíronselle 4 bandas suplementando os catro lados do cadro: o superior aumentouse uns 50 &nbsp;cm, ao redor de 22 &nbsp;cm o lateral dereito, 21 o esquerdo e uns 10 &nbsp;cm o lado inferior.<ref name="JB70">[[#BrownTecnica|Brown]], ''Velázquez. La técnica del genio'', pp. 200-204.</ref> Sendo as medidas finais 222 &nbsp;cm de altura y 293 de anchura.
 
Está executado de forma moi rápida sobre un fondo alaranxado empregando mesturas moi fluídas. As figuras en primeiro plano están difuminadas, definidas con toques rápidos que provocan que sexan borrosas, e más ao fondo, este efecto aumenta sendo as pinceladas máis breves e transparentes. Á esquerda aparece unha [[Roca|máquina de fiar]] cuxos radios se adiviñan nunha borrosa impresión de movemento. Velázquez resaltou este efecto dispoñendo no interior da circunferencia uns toques de luz que suxiren fugaces reflexos dos radios en movemento.<ref name=JB70/>
* [http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/concurso1999/3premio/presenta.htm Páxina educativa sobre Velazquez] {{es}}
 
{{ORDENAR:Velázquez,Diego}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Velázquez,Diego}}
[[Categoría:Pintores de España]]
[[Categoría:Nados en 1599]]
393.002

edicións