Requeixo, Chantada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xeografía: Arranxos varios using AWB
Liña 17:
 
==Xeografía==
A parroquia de Requeixo, con 10,04  km², é a segunda en extensión e poboación despois da parroquia de [[Nogueira de Miño, Chantada|Nogueira]]. Está a 14  km da vila de Chantada, na parte baixa do [[monte Faro]] (altitude ~ 1.200 m).
 
Dispón de abundantes mananciais e regatos; e a montaña do faro e as súas ladeiras están poboadas de [[árbore]]s que supoñen unha fonte de riqueza para a zona. Destacan grandes exemplares de [[castiñeiro]]s. Dende a montaña antes citada pódese gozar de amplas vistas panorámicas. En días claros divísase a [[central térmica de Meirama]] na [[provincia da Coruña]]. Así mesmo esta montaña no seu cumio e nas súas abas acobilla distintas especies de [[Cinexética|caza]]. Ultimamente xa podemos encontrar exemplares de caza maior, como por exemplo o [[gamo]] ou o [[xabaril]] entre outros.