Sociedade Xeral de Autores e Editores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+ref
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Sé da SGAE, Parque de Vista Alegre, Santiago de Compostela.jpg|miniatura|300px|Sede da SGAE no parque de Vista Alegre en [[Santiago de Compostela]].]]
A '''Sociedade Xeral de Autores e Editores'''<ref>[http://www.sgae.es/es-ga/SitePages/index.aspx Páxina inicial do sitio web da SXAE en galego]</ref> ou ''SXAE'' (''Sociedad General de Autores y Editores'' ou ''SGAE'' en [[lingua castelá|castelán]]), máis coñecida como '''SGAE''', é unha entidade [[España|española]] de xestión colectiva dedicada á defensa dos [[dereitos de autor]] dos seus socios, entre os que se atopan toda clase de [[artista|artistas]]s e [[empresario|empresarios]]s do negocio da [[cultura]]. Segundo os seus estatutos, é unha organización sen ánimo de lucro que xestiona o cobro e a distribución dos [[dereitos de autor]] dos autores e á vez preocupase polos intereses dos editores. Foi presidente [[Antón Reixa]] dende o 8 de maio de 2012<ref>[http://www.sgae.es/acerca-de/organizacion/consejo-de-direccion/ Consejo de Dirección. SGAE] {{es}}</ref> ata o 16 de xullo de 2013<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/07/16/anton-reixa-destituido-presidente-sgae/00031373977368958987630.htm Antón Reixa: «Soy una víctima del fuego cruzado de una red organizada» La Voz de Galicia]</ref>.
 
A SXAE ten máis de 100 anos de historia e as súas contas son auditadas, reciprocamente, por outras entidades de xestión de todo o mundo con quen ten subscritos convenios{{Cómpre referencia}}.
Liña 28:
En [[xuño de 2004]], en colaboración con [[Vale Music]], a SGAE puxo á venda un disco composto por 14 cancións de grupos noveis chamado ''No a la Piratería''. Creouse unha gran polémica ao redor deste disco debido a que na súa contraportada había unha mensaxe en contra da piratería e o ''top manta'', o cal posuía un claro carácter [[xenofobia|xenófobo]]. Debido a presións e denuncias de varias [[ONG]] (como [[SOS Racismo]]) e [[Asociación de consumidores|asociacións de consumidores]] (como FACUA, a [[Federación de Consumidores en Acción]]), a SGAE intentou retirar o disco do mercado e desvencellarse do mesmo, mentres que [[Vale Music]] recoñeceu que os contidos que aparecían na contraportada eran "pouco adecuados".
 
Mostra da impopularidade da SGAE é que foi obxecto de dúas ''[[Google bomb]]'', coa palabra "''Ladrones''" e coa expresión "''Siempre Ganamos Algunos Euros''". [[Teddy Bautista]] acusou de "[[fascismo]]" a [[Google]] por este feito.
 
A SGAE demandou a varios sitios webs en defensa da súa honra o que provocou certas campañas internautas en contra da súa entidade. A [[Asociación de Internautas]] foi condenada a pagar unha indemnización de 36000 [[euro]]s por aloxar o sitio web ''putasgae''. O responsábel da [[Frikipedia]] foi tamén denunciado en [[2006]] por insultos nunha definición satírica que o sitio (a Frikipedia) tiña sobre a SGAE. Segundo [[Pedro Farré]], un dos responsábeis da SGAE, esta iniciativa non foi un feito illado senón que se denunciaría a toda web que albergue contido difamatorio contra a organización, fora incluído ou non polo responsábel da páxina ou portal en cuestión.